Novas
CORO CANTEMOS: COMEZO DA ACTIVIDADE CURSO 2013-14
O Coro "Cantemos" xestionado polo CEIP Nosa Sra. dos Remedios e a Asociación Musical e Cultural Obradoiro Vocal "A Vila" abre o seu prazo para a captación de novas voces.
Horarios: Nenos/as de 4 a 7 anos luns de 17:30h a 18:15h (grupo a partires de 15)
Rapaces/as de 8 a 16 anos xoves de 18:00h a 19:00h.
Lugar de ensaio: Planta Baixa de E. Infantil CEIP Nosa Sra. dos Remedios.
Podes descargar o boletín de inscrición nesta mesma páxina e entregalo na Secretaría do centro de 9:30h a 14:00h
*Data de comezo dos ensaios: Xoves 3 de outubro
¡¡¡ANÍMATE E CANTA CON NÓS!!!!!!
O CORO “CANTEMOS” PARTICIPARÁ NO II CERTAME DE HABANERAS QUE ORGANIZA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
O CORO “CANTEMOS” PARTICIPARÁ NO II CERTAME DE HABANERAS QUE ORGANIZA A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
O Coro “Cantemos”, xestionado polo O. V. ”A Vila” e polo CEIP Nosa Sra. dos Remedios ambas institucións de Ponteareas, participará no II Certame de Habaneras organizado pola Deputación de Pontevedra o vindeiro sábado 11 de maio.
A hora de comezo do acto será ás 17:00h e o lugar de celebración o Teatro de Tui. (Área Panorámica).
A entrada será libre ata completar aforo.
Repertorio:
-El negrito Jesús Clemente.
-Niña Purísima.
-Habanera de Don Gil de Alcalá. (Todas las mañanitas)
¡¡¡ANIMÁDEVOS A ACOMPAÑARNOS!!!!
CONVIVENCIA MUSICAL CORO XUVENIL “CANTEMOS”
No ficheiro adxunto hai un artigo sobre esta xornada de convivencia.
I XORNADA DE CONVIVENCIA MUSICAL CORO XUVENIL CANTEMOS
I Xornada de Convivencia Musical
Coro Xuvenil“Cantemos”.
O Luns día 25 de marzo a Asociación Musical e Cultural O.V. “A Vila”, conxuntamente co CEIP Nosa Sra. dos Remedios celebrará a I Convivencia Musical para o Coro Xuvenil “Cantemos”.
O Coro Xuvenil “Cantemos” iniciou a súa andaina o pasado mes de outubro con 29 matrículas de rapaces/as pertencentes na súa maioría ao Colexio Nosa Sra. dos Remedios´
Na actualidade este coro conta coa cifra de 48 cantores/as que se foron animando a participar desta actividade nos seguintes meses á súa formación.
Este aumento de nenos/as de diferentes centros de Ponteareas e tamén de diferentes idades (de 7 a 16) fai necesario que se coñezan entre eles para potenciar a súa confianza e complicidade, algo fundamental para facer música en conxunto.
Cando se persegue un obxectivo común, é preciso que exista un ambiente distendido, de colaboración, de axuda aos compañeiros/as...
O coro “Cantemos” pretende ser un complemento para a formación educativa dos cativos. Cremos que a música é un bo vínculo e unha boa ferramenta para acadar obxectivos que melloren a conduta dos nenos/as.
Temos a firme convicción de que “A Música nos axuda a ser mellores persoas”.
Para esta xornada contamos cos seguintes profesores/as:
*Ruth Barros (Directora)
*Andrea Carracedo (Pianista)
*Adrián Barros. (E. Corporal . Coordinación.)
*Raquel Sestelo. (Técnica Vocal .)
*Luis Fernández (Guitarra.)
*Antonio Reirís. (Organización e Percusión.)
O horario será de 10:15h a 17:15h.
O noso agradecemento ao Equipo Directivo do CEIP Nosa Sra. dos Remedios pola súa inestimable colaboración con nós.
Asociación Musical e Cultural O.V. “A Vila”
Ponteareas
ESTREA DO NOVO CORO INFANTIL E XUVENIL CANTEMOS
ESTRENO DO NOVO CORO INFANTIL E XUVENIL “CANTEMOS”
O coro “Cantemos” está coorganizado polo O.Vocal “ A Vila” e o Colexio Nosa Sra. dos Remedios, ambas institucións pertencentes á vila de Ponteareas.
Esta organización conxunta ven dada pola longa tradición musical coral deste colexio, que xa hai 40 anos contou coa súa propia formación e que gravou un CD de panxoliñas, “Nadal Galego”, todo un referente das festas navideñas en toda a comunidade galega e aínda comercializado a día de hoxe nas grandes superficies comerciais.
Iniciou a súa andaina o pasado mes de outubro coa intención de formar a novos cantores dende a súa base. Está formado por 44 coralistas de idades comprendidas entre os 7 e os 16 anos. Ademais de dar saída aos cantores do coro CEIP Nosa Sra. dos Remedios que rematan a E. Primaria, acolle a rapaces/as de tódolos centros de Ponteareas que desexen iniciarse no canto coral e na formación vocal.
O 3 de novembro levou a cabo o seu primeiro concerto no Theatro Circo en Braga, capital das Xuventudes europeas, no certame “Voices of a T"Y"meline” xunto con outras formacións xuvenís portuguesas., unha experiencia moi gratificante para o grupo.
Na actualidade está a preparar o repertorio de Nadal que estrearán nun concerto conxunto co O.V. “A Vila” o vindeiro 22 de decembro no Auditorio Reveriano Soutullo.
O coro Cantemos está dirixido por Ruth Barros Abalde e conta con Andrea Iglesias Carracedo como pianista acompañante.
Aínda se admiten novas voces para este proxecto. Os interesados/as poden dirixirse a : presidente@obradoiro-vocal-a-vila.es ou , ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.es.
