Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Oferta educativa, Novas do Colexio

"Unha carta, un sorriso" por La Palma

En varias aulas do noso cole os alumnos uníronse a esta iniciativa xa que o tema do volcán e as desgrazas que está traendo para os palmeros están moi presentes nos pensamentos dos nosos pequenos e pequenas. Un xesto de empatía e vontade de axuda que é moi importante desenrolar.
Moitas grazas!❤️❤️❤️
 

Proxecto "A cápsula do tempo"

O venres pasado, 8 de outubro, tivo lugar a cerimonia de soterramento da ⏱cápsula do tempo⏱ coa que os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º dan comezo ao proxecto de ciencias do 1º trimestre.
Cada curso elaborou unha carta na que imaxinaron como será o futuro cando cheguen a 6º de Ed. Primaria. Fixeron compromisos de esforzarse en mellorar como estudantes e de coidar o medio ambiente e escribiron desexos que, cando chegue a graduación da súa etapa de Primaria, poderán, por fin, volver ver e comprobar se todo o que imaxinaron e prometeron se fixo realidade.
Durante este trimestre, estes cursos traballaremos conxuntamente "o paso do tempo" cun proxecto común pero adaptado a cada nivel. Trataremos temas como o paso do tempo nas persoas, nos obxectos, o calendario, o reloxo, os inventos, as etapas da Historia...e faremos saídas extraescolares relacionadas co tema.
Tamén faremos exposicións para que poidamos aprender moito uns dos outros. Vai ser mooooooooi divertido!

CONCURSO DESEÑA O TEU PATIO

CONCURSO : DESEÑA O TEU PATIO
Xa temos gañador@s! 
*Ed. Infantil: Antonio de 3 anos B
*1º, 2º e 3º: Noa de 1ºA
*4º, 5º e 6º: Xián de 4ºB
 Noraboa! 
Queremos dar as grazas a tod@s @s que participastes!
As vosas ideas están todas anotadas e teremos conta delas!

DÍA DO ACOLLEMENTO FAMILIAR

 
O pasado 31 de maio celebrouse o Día Mundial do Acollemento Familiar.
Unímonos á iniciativa #worldfosterday co obxectivo de crear conciencia sobre os máis de 23.000 nenos, nenas e adolescentes que medran en centros residenciais e promover o acollemento familiar.

MAGO EN INFANTIL

Onte os nenos e nenas de Ed. Infantil gozaron da actuación dun  MAGO  !
Alucinaron cos seus trucos e pasaron unha xornada fenomenal!
o mago deimi

LETRAS GALEGAS 2021

Este curso para celebrar as Letras Galegas 2021 dedicadas a Xela Arias fixémolo hoxe cun concerto de rock da man de Pakolas 
Tocou todos os seus grandes éxitos: O rock da roda rotaManolo Cavernario, Betume e vendas, Ri, salta, ri, corre...
Foi moi divertido e bailamos e cantamos sen parar!
Preme aquí:
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Dinamización da Lingua Galega.

ANIMACIÓN Á LECTURA

Estes días estase levando a cabo no cole unha actividade de animación á lectura que está a ser un éxito.

Aos nenos e nenas lles gusta moito ler polo micro para os seus compañeiros.

Bravo! Sodes uns grandes lectores!

A PITA FALADORA 2020/21 - Nº42

Aproveitamos que hoxe é o Día das Letras Galegas, para publicar a nosa revista. Como xa saberedes, este ano está adicado a Xela Arias.

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 42 (fai clic), e este ano repite o formato integramente dixital que iniciou o curso pasado. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

      

DÍA DO NENO E DA NENA

Fai un ano, os nenos e nenas ensináronnos os seus poderes extraodinarios, sendo exemplo a seguir pola súa actitude frente a pandemia.
Preguntámoslles que querían atopar detrás das súas portas aquel primeiro día que por fin puideron saír da casa... e este foi o resultado!
Ademais, os nenos e nenas de 2º fixeron uns murais moi chulos lembrando aqueles días de primavera que puideron volver a saír da casa aos parques e rúas a xogar.
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

SEMANA DO LIBRO 2021

Durante a semana pasada celebramos a semana do libro dun xeito moi especial, creando unha FEIRA DO LIBRO, actividade organizada polo equipo de Biblioteca.

Os nenos e nenas de todo o cole foron acudindo á Feira para trocar os seus cupóns por libros. A feira estivo amenizada cada día por mestras/es do centro cos seus instrumentos.

O fin de festa, foi o venres 23 de abril, o propio Día do libro, coa actuación de todos os músicos/as do cole en directo para todos os nenos/as do centro.

Foi unha semana moi divertida!!

Distribuir contido