Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Oferta educativa, Novas do Colexio

RADIO FALADORA 21

Xa podes escoitar o programa número 21 de Radio faladora, a nosa Radio escolar, se pinchas no seguinte enlace:

http://www.box.net/shared/u3x4t2s70d

SESIÓN DE CONTACONTOS NO COLEXIO

ACTIVIDADES PARA FESTEXAR OS CORENTA ANOS DO C.E.I.P. NOSA SRA. DOS REMEDIOS.Venres 3 de abril de 2009. CONTACONTOS PARA E. INFANTIL E 1º CICLO DE E. PRIMARIA.   

O venres día 3 de abril Servando Barreiro xunto ao seu inseparable acordeón e a súa interminable imaxinación ofrecéronnos un inolvidable peche do segundo trimestre para todos os alumnos/as de E. Infantil e 1º ciclo.

Esta actividade está enmarcada dentro das que se organizarán para festexar o 40ª aniversario da nosa escola.

RADIO FALADORA 20

Pinchando no seguinte enlace poderás escoitar o 20º programa de Radio Faladora, a nosa radio escolar:

http://www.box.net/shared/nkdr3grjk9

Lembra que para escoitar todos os programas podes ir ao apartado de Radio Faladora desta web.

INTERCAMBIO CO COLEXIO ST. CHARLES DE LONDRES

De seguido podedes ver unha composición con imaxes do libriño sobre o noso centro que se mando ao Colexio St. Charles de Londres

RADIO FALADORA 19

Pinchando no seguinte enlace podes escoitar o 19º programa de Radio faladora, a nosa Radio Escolar:

http://www.box.net/shared/gejqaz65yh

O COLEXIO EN VIGOMETROPOLITANO.COM

Se entrades na web de Vigometropolitano.com ou pinchando no enlace http://www.vigometropolitano.com/news/168/ARTICLE/14963/2009-03-19.html encontraredes unha nova sobre o noso colexio.

SUSANA LAMELA E O COLEXIO NA TELEVISIÓN DE PONTEAREAS

Neste mércores 18 de marzo Susana Lamela, mestra do noso colexio, presentou o seu libro Soños de andel no Canal Tea Televisión. Estivo acompañada polo Director do colexio. Este falou tamén do concurso de graffiti que se organiza por mor dos 40 anos do C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios e dalgunhas das actividades previstas para celebrar estes corenta anos.

CONCURSO DE GRAFFITI "40 ANOS DO C.E.I.P. NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS"

Nos ficheiros adxuntos están as bases, a ficha de inscrición e a autorización dos pais/nais para os menores de idade para participar neste concurso.

O prazo para inscribirse vai dende o 16 de marzo ata o 24 de abril de 2009, ámbolos dous incluídos.

RADIO FALADORA 18

Pinchando no seguinte enlace podes escoitar o 18º programa de Radio Faladora, a nosa Radio Escolar. Lembra que todos os programas os podes escoitar no apartado de alumnado-Radio Faladora.

 

http://www.box.net/shared/j3yvz46q4e

SUSANA LAMELA, A NOSA PROFE ESCRITORA

Nestes días vén de producirse unha nova que nos enche de ledicia e agarimo a toda a Comunidade Educativa do C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios: A nosa profe Susana Lamela acaba de ver cumprido un soño: ver publicado un libro seu.

Dende esta web queremos felicitar a esta mestra, pois ademais dunha magnífica profesional é unha fantástica escritora. É unha honra para todos/as contar con ela como compoñente da nosa Comunidade Educativa.

Esperamos que próximamente haxa un acto de sinatura do libro no noso cole por parte da autora Susana Lamela.

FELICITACIÓNS!!!!!!

Distribuir contido