Localización, Dependencias, Organigrama, Secretaría, Consello escolar, Profesorado, Oferta educativa, Novas do Colexio

LISTAXES PROVISIONAIS DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE PRIMARIA

DATA PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS: Hoxe, 30 de novembro de 2020, pódense consultar as listaxes provisionais por teléfono ou ben no taboleiro do centro. As familias que xa recibiron as axudas para material están todas admitidas (non teñen que chamar para consultar se están admitidas).

PRAZO RECLAMACIÓN: 2 días hábiles (1 e 2 de decembro)

DATA PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS: xoves, 3 de decembro 

ENTREGA MÁSCARAS: En canto chegue o pedido realizado, iranse entregando ao alumnado, que as levará nun sobre pechado.

REPARTO DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do día 13), regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado (link ao texto íntegro)

ALUMNADO DESTINATARIO:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE: O REPARTO FARASE DE OFICIO  unha vez que remate o prazo de presentación e chegue o material.

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. (cheques entregados ao comezo de curso)

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

As solicitudes realizaranse conforme aos modelos Anexo I e II que tedes neste enlace

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE NO CENTRO: dende o 16 ata o 27 de novembro.

PROTOCOLO RESUMIDO E OUTROS DOCUMENTOS DE INTERESE

A continuación tedes información resumida sobre o protocolo, a sintomatoloxía a ter en conta, así como cartelaría interesante para repasar na casa cos vosos fillos/as as normas nas que lles estamos incidindo estes primeiros días no centro. Incluímos tamén, que facer tras a realización dunha PCR.

Protocolo resumido     Sintomatoloxía     Cartelaría protocolo covid     Actuación ante unha sospeita    Que facer tras a PCR

Benvidos ao noso cole

Entrada principal

CEIP Nosa Señora dos Remedios

1969-2019 50 anos formando para o futuro

Rúa Azorín, s/n. 36860. PONTEAREAS

Telf.: 886 110 532

Fax: 886 110 538

Correo:  ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal

REVITALIZA - ACTIVIDADES SOBRE COMPOSTAXE

Nestas semanas estamos levando a cabo actividades de respecto pola natureza, organizadas pola Deputación de Pontevedra dende o programa REVITALIZA; e a axuda con Concello de Ponteareas.

Instalamos un composteiro, déronnos unha charla sobra a súa montaxe, charlas de microcompostaxe, xogo da miñoca... aquí unha pequena mostra dalgunhas actividades.

 https://revitaliza.depo.gal/

GAÑADORES CONCURSO SAMAÍN

Xa temos gañadores/as do concurso SAMAÍN 2020, organizado polo Equipo de Biblioteca do cole.

Noraboa e grazas a todo/as por participar!

 

O MAGOSTÍN

VELAQUÍ ESTÁ!
XA CHEGOU O SAN MAGOSTÍN!
Que non sabedes que é?!?!
Este curso no noso cole fixemos unha mestura de todas as festas de outono.
O/As neno/as fixeron uns traballos de Plástica preciosos pero no medio coáronse fotos que nada teñen que ver co noso Magostín
Seredes quen de atopar os intrusos?
Comezamos con Ed. Infantil:
 
Quenda agora de 1º e 2º:
 
Agora 3º e 4º:
 
Por último, 5º e 6º:
 

Outros impresos útiles para familias

Recollida alumnado horario lectivo

Impreso recollida alumnado durante horario lectivo  

Impresos para AUTORIZACIÓNS

Nesta entrada podedes descargar os impresos para diferentes AUTORIZACIÓNS:

Autorización recollida por outras persoas      Autorización sós para casa

Períodos durante os que se poderán presentar as novas autorizacións ou modificación das existentes:

- mes de setembro

- 15 últimos días de xaneiro

- 15 últimos días de marzo

SAIAMOS DISTO CON #SENTIDIÑO

Esta entrada enlaza con unha serie de recursos interesantes que están a elaborar as Consellerías de Sanidade e Educación.

Guía volta segura ás aulas

Enquisa autoavaliación diaria (renovada)

Principais medidas / Preguntas frecuentes (atoparedes o enlace no menú superior azul)

Distribuir contido