Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Maio 06, 2020
Start: 06/05/2020 11:27

Tras a resolución do 5 de maio de 2020 da Secretaría Xeral Técnica, REANÚDASE O PROCESO DE ADMISIÓN, do 11 ao 18 de maio. Por favor, revisade o novo calendario de admisión no documento adxunto.

Nese documento tamén se indican as tres vías para solicitar a admisión así como a documentación necesaria.

O prazo de admisión para o curso escolar 2020/21 estará aberto novamente dende o día 11 ata o día 18 de maio. Toda a información sobre o proceso, prazos, zona de influencia... pode ser consultada nos seguintes arquivos adxuntos.

Tamén tedes outra entrada do 26 de febreiro cos enlaces ao proceso e descarga de formularios.

A secretaría do centro estará aberta de 9:25 a 14:25, ÚNICAMENTE PARA TRÁMITES ADMINISTRATIVOS.

Domingo Maio 17, 2020
Start: 17/05/2020 00:00

Como ben sabedes, hoxe é o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero.

Como non o puidemos celebrar no cole, quixemos darvos unha sorpresa e publicar a nosa Revista anual o 17 de maio de 2020

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 41 (fai clic), e este ano é o primeiro número integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

Portada Pita Faladora nº41   Bandeira Galicia   Contraportada Pita Faladora nº41

Mércores Maio 20, 2020
Start: 20/05/2020 00:52

Orde de 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B) 

Explicámosvos todo o proceso nos dous ficheiros adxuntos: a propia Orde, e un resumo que vos fixemos para unha interpretación máis doada da mesma. Adxúntase o ANEXO I e II para imprimir e traer cuberto.

Poderanse presentar as solicitudes na secretaría do centro ou telemáticamente dende o mércores 20 de maio ao venres 19 de xuño. A devolución dos libros que tendes deste curso levarase a cabo os días 18 e 19 de xuño.

Dada a situación, rógase acudir coas solicitudes impresas da casa e totalmente cubertas; así como con fotocopias de toda a documentación a presentar, CUMPRINDO COAS MEDIDAS DE SEGURIDADE PRESENTES.

 

Podedes aclarar dúbidas en horario de 9:25 a 14:25h no teléfono 886110532 e no mail ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal

 

PRAZO LÍMITE DE SOLICITUDES: VENRES 19 DE XUÑO DE 2020

 

Luns Maio 25, 2020
Start: 25/05/2020 09:53

Hoxe publícase a LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS para o curso escolar 2020/21. Como marca a convocatoria, as listaxes poderanse consultar PRESENCIALMENTE no taboleiro de anuncios do centro; ou ben TELEMÁTICAMENTE a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre (en caso de non ter certificado dixital, pódese igualmente acceder ao estado da súa solicitude).

Prazo de reclamacións: 3 días hábiles (26 a 28 de maio)

Mércores Xuño 03, 2020
Start: 03/06/2020 10:00

Publicación dos LISTADOS PROVISIONAIS DE ALUMNADO ANOTADO aos servizos de comedor e transporte escolar para o próximo curso 2020/21 (ver arquivos adxuntos). SOAMENTE É UNHA RESERVA, xa que aínda non sabemos como funcionarán estes servizos nin o número de prazas que poderemos ofertar de cara a setembro.

A primeiros de setembro, como habitualmente, esperamos ter publicadas as listas de alumnado ADMITIDO.

O NOVO ALUMNADO, solicitará estes servizos no prazo de matrícula, xunto cos impresos do centro (1 ao 10 de xullo).

Os formularios de reserva xa están pechados, se alguén quedou sen solicitar praza dentro do prazo, deberá facelo por teléfono na secretaría do centro (886110532).

Distribuir contido