Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Abril 13, 2020
Start: 13/04/2020 23:55

Texto da Consellería:

Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo,  unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto. 

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.

 

- En canto recibamos información máis precisa, a partir desa reunión do mércores, vos poderemos aclarar algunhas dúbidas que nos consultades; mentres, plantexamos unha primeira semana de repaso con tarefas sinxelas.

- Nada máis poidamos saber se o terceiro trimestre se adicará a repaso, si se poderá ampliar contidos, se os contidos virán predeterminados logo dun acordo nacional, se serán avaliables, se se entregarán tarefas, como dar resposta á fenda dixital para chegar a todo o alumnado... nada máis poidamos saber todo isto volo faremos saber.

 

Paciencia e moito ánimo nesta situación tan complicada. SAÚDE!

Sábado Maio 02, 2020
Start: 02/05/2020 18:17

Que gran acollida tivo a nosa proposta! Como nos alegramos!

Tras procesar a morea de fotos e vídeos que nos enviastes, aquí tedes o ansiado resultado. Agardamos que vos guste e sentimos os recortes que tivemos que facer para que non se nos extendera demasiado a composición.

Un saúdo e o noso agradecemento pola participación!! Os profes de Educación Física e psicomotricidade: Rubén, Conrado e José Ángel.

#DEFC2020

      

Mércores Maio 06, 2020
Start: 06/05/2020 11:27

Tras a resolución do 5 de maio de 2020 da Secretaría Xeral Técnica, REANÚDASE O PROCESO DE ADMISIÓN, do 11 ao 18 de maio. Por favor, revisade o novo calendario de admisión no documento adxunto.

Nese documento tamén se indican as tres vías para solicitar a admisión así como a documentación necesaria.

O prazo de admisión para o curso escolar 2020/21 estará aberto novamente dende o día 11 ata o día 18 de maio. Toda a información sobre o proceso, prazos, zona de influencia... pode ser consultada nos seguintes arquivos adxuntos.

Tamén tedes outra entrada do 26 de febreiro cos enlaces ao proceso e descarga de formularios.

A secretaría do centro estará aberta de 9:25 a 14:25, ÚNICAMENTE PARA TRÁMITES ADMINISTRATIVOS.

Distribuir contido