Articles

O ENTROIDO NO COLEXIO

Durante a semana do 8 ao 12 de febreiro celebramos o Entroido no colexio. Do luns ao xoves seguíronse as ordes do Meco. O xoves fixemos a xa clásica no colexio degustación de sobremesas típicas destas datas e o venres participamos no desfile con outros colexios de Ponteareas.

 


II CARREIRA PEDESTRE DO MAGOSTO

Logo de ter que aprazar esta carreira varias veces por mor do mal tempo, por fin este martes 15 de decembro puidemos celebrar a II Carreira Pedestre do Magosto, na que participou todo o alumnado do colexio. Fixéronse carreiras por cada nivel e ao final entregáronse medallas aos tres primeiros alumnos e ás tres primeiras alumnas de cada nivel.

Foi moi divertido para todos/as.

DESFILE DE ENTROIDO

 

DESFILE DE ENTROIDO POR PONTEAREAS

 Hoxe, 20 de febreiro, dende primeira hora da mañá comezou a festa. Primeiro comprobamos que estaba todo en orden, logo comezar a transformarnos nos diferentes personaxes dos contos que representaban cada ciclo; máis tarde saímos ao patio para colocarnos en fila para o Desfile e a correspondente foto.

E comezou o percorrido polas rúas da vila ata a Praza, onde nos agardaban compañeiros doutros coles que xa foran chegando, colocámonos no lugar reservado, coma sempre o público non nos deixa pasar e hai que ir reclamando o noso lugar, pero todo se vai arranxando con boa vontade. E dá comezo o acto, saúdo do concelleiro de Cultura e paso as coplas e posterior queima do Meco, que se retrasou un chisco por mor do directo para a televisión de Galicia, porque , sabedes saímos en directo na tele, agardamos poder ver a repetición.

Logo houbo que facer o recorrido para o cole, que xa tiñamos ganas, máis polas ganas de repor enerxía que por outra cousa.

Repuxemos forzas, descansamos e rematamos.

E para que teñades unha mostra do guapos e guapas que íamos mirade a seguinte galería de fotos.

Moitas grazas a todos e todas polo traballo e colaboración entre toda a comunidade educativa.

 

13ª EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN DE SOBREMESAS DE ENTROIDO

SOBREMESAS DE ENTROIDO

O mércores 18 de febreiro, coma todos os anos , celebrouse no colexio unha xornada de portas abertas para toda a comunidade educativa, levándose a cabo unha exposición e degustación de sobremesas de Entroido.

Dende 1ª hora da mañá os mestres e mestras que non tiñan que impartir as súas materias, coa axuda do conserxe e persoal da cociña, encargáronse de colocar murais,as mesas e baixar os doces feitos polas familias, para a exposición e posterios degustación.

Xa na terceira hora abríronse as portas e pais, nais e alumnos e alumnas acompañados dos seus mestres e mestras pasaron a ver e degustar tan exquisito banquete.

Na cuarta hora tocou como non recoller e voltar cada un ao seu traballo.

MOITAS FELICITACIÓNS!! a todos e todas polo traballo levado a cabo e a colaboración, algo imprescindible para que esta comunidade funcione axeitadamente.

A continuación poden ver unha mostra do acontecido.

DECORACIÓN DE NADAL

DECORACIÓN DE NADAL NO COLE

Durante o mes de decembro cada aula elaborou figuras en plastilina para a elaboración do Belén. Tamén se decoraron os distintos corchos de cada pasillo con motivos alusivos.

A continuación poden ver unha galeria de imaxes dos traballos realizados.

le="width:426px;text-align:left;">

OS REIS NO COLE

OS REIS MAGOS COS SEUS PAXES

O día 19 de decembro do 2008 ao longo da mañá os nenos e nenas do colexio  "Nosa Señora dos Remedios" recibiron a visita das  súas maxestades os Reis Magos, acompañados dos seus respectivos paxes. Este ano coa colaboración da Anpa.

Cada aula acompañados polo mestre ou mestra correspondente acompañaron aos seus alumnos/ alumnas á Biblioteca para levar as cartas aos Reis, alí as súas maaxestades tiñan un agasallo para a aula en Primaria e un para cada neno/nena en Infantil.

Ademais as súas maxestades tamén entregaron un libro-agasallo para os gañadores/as do concurso de postais.

A continuación poden ver unha galeria de fotos de cada aula.

le="width:426px;text-align:left;">

MAGOSTO 2008

Este lunes 10 de novembro fixemos o Magosto no colexio. Foi unha mañá con moitas actividades. Houbo carreiras por niveis e xogos, ademais de asar as castañas.


SAMAIN, HALLOWEEN E OUTONO

Estas son algunhas das imaxes de traballos feitos para estas datas de Outono.

le="width:426px;text-align:left;">

O ENTROIDO NO COLEXIO

Durante esta semana do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2008 celebramos o Entroido no noso Colexio. Todos os días o Meco vai dando unhas ordes para que cumpran alumnos/as e mestres/as. No mércores 30 de Xaneiro faise un ano máis a Degustación de sobremesas de Entroido, xa tradicional no noso Colexio. Estas sobremesas son elaboradas polo alumnado e familias nas casas. No caso do alumnado pertencente a familias inmigrantes, as sobremesas son propias dos seus países de orixe. Con todas as sobremesas faise unha exposición para que sexan vistas por todos/as e logo procédese a súa degustación. O venres 1 de febreiro faremos o Desfile de Entroido, logo do enorme traballo feito polo profesorado e alumnado. Este desfile comezará ás 10.45 aproximadamente e será dende o Colexio ata a Praza Maior de Ponteareas, pasando por varias rúas do casco urbano. Neste desfile tamén participan outros colexios do Concello. Por outra banda, neste ano por vez primeira en moitos anos, un grupo de nais e pais e alumnos/as forman unha Comparsa que vai levar o nome do Colexio e que participará no Concurso de Comparsas do Concello de Ponteareas, desfilando o domingo 3 de febreiro e o martes. 

Esperamos pasalo moi ben.