Skip to Content

                              

Día do Libro

Día internacional do libro 2014

O 23 de abril celebramos no centro o Día Internacional do Libro. Este ano non deu tempo a preparar moitas actividades xa que estamos recén chegados das vacacións de Semana Santa.

A principal actividade foi o obradoiro de banda deseñada que realizamos en todos os cursos e niveis do colexio, tendo como obxectivo final a participación no concurso de banda deseñada que se convocou desde a biblioteca escolar.

Asemade, durante a entrega de premios aos gañadores do concurso, fixemos entrega a todos os participantes dos marcapáxinas que elaborou a Asesoría de bibliotecas para conmemorar esta data tan importante na promoción da lectura e compra de libro.

Nas seguintes imaxes podedes ver aos gañadores da VI edición do concurso de Banda Deseñada.

 

Día do libro 2013

Ao longo do mes de abril realizamos diversas actividades para conmemorar o Día do Libro e dos dereitos de autor, entre as que destacamos as seguintes:

  • Obradoiro de banda deseñada, no que participou todo o alumnado do colexio. Con todos os traballos elaboramos un libro que pasa a formar parte dos fondos da biblioteca.
  • Obradorio de escritura para o alumnado de Ed. Primaria, no que crearon historias sobre a mascota da biblioteca: "Xuve". Realizaremos un libro xigante con todas as historias.
  • Representación dunha obra de kamishibai a cargo do alumnado de terceiro ciclo.

 

  • Realización dunha sesión de contacontos con Olaia e ilustrador Mark Taeger, que nos contaron moitas historias de ratos e animais fantásticos...

 

  • Entrega dos agasallos aos mellores traballos dos obradoiros.
Gañadores de banda deseñada Gañadores do obradoiro de escritura
  • Entrega de agasallos aos mellores lectores do trimestre.

  • Realización dun mural de contos..
  • Galería de imaxes das entregas de premios.

23 de abril, Día do Libro 2012

Desde o regreso de Semana Santa estamos a realizar actividades en relación a celebración do Día do Libro.

As máis destacadas son:

  • Obradoiro de banda deseñada que estamos a realizar en todos os ciclos e niveis e que ten como actividade final a realización dun cómic para presentar ao concurso que se convocou desde o Equipo de biblioteca en colaboración co EDL do centro.
  • Elaboración dun libro de banda deseñada con todos os traballos presentados que pasará a engrosar os fondos da biblioteca.
  • Representación no salón de actos do cole da obra de teatro"O mundo sabe a mar", en colaboración coa Consellería de Pesca.
  • Un contacontos realizados polo alumnado de segundo ciclo para os alumnos máis cativos do cole: "Os trotamúsico".
  • Entrega dos premios aos mellores lectores deste cuatrimestre.
  • Elaboración dun gran cartaz na entrada do centro sobre o Día do Libro no que representaremos a imaxe desta nova que elaboraron o equipo de biblioteca, Equipo TIC e EDL, en coordinación.
  • Visionado no salón de actos dos seguintes vídeos en galego, inglés e español para reflexionar sobre a importancia que lle damos aos libros e lectura:

"Como se fai un libro"

 

"The Fantastic Flying Books of Mr. Morris"

"Palabras"

Día Mundial do Libro 2011

O xoves 14 de abril celebramos o Día Mundial do Libro. Adiantamos a data por coincidir este ano nas vacacións de Semana Santa.

Este ano volvemos a convocar unha nova edición do concurso de banda deseñada para toda a comunidade educativa. Previamente fixeramos obradoiros nos diferentes ciclos para iniciar e perfeccionar esta técnica de expresión ( segundo Kiko da Silva, arte) que tanto gusta aos cativos e non tan cativos.

O xurado tivo problemas para elixir os mellores traballos, xa que a calidade dos mesmos foi moi boa. Para poder gozar coa lectura de todos eles, elaboramos un libro que pasará a engordar os fondos da biblioteca.

Tamén fixemos entrega dos premios aos mellores lectores do trimestre: como o nivel acadado en lectura por todo o alumnado foi excelente, decidimos regalar un libro, a todos os alumnos e alumnas lectores, de Pepe Carreiro, titulado "O segredo do Carballiño" da colección  "Os Bolechas van de viaxe".

Para finalizar o acto, agasallamos a toda a comunidade educativa cos marcapáxinas que nos regalou a Asesoría de Bibliotecas titulado "O lugar de lectura" e que leva impreso un poema de Carlos Negro.

Na semana previa á celebración elaboramos un mural de lectura onde cada neno dibuxou a portada dun libro favorito.

 
   
Premiados no concurso de banda deseñada   

 

 Imaxes das actividades do Día Mundial do Libro

23 de abril Día Mundial do Libro. Ano 2010

Día do libroDurante a semana do 23 de abril celebramos no noso colexio o Día Mundial do Libro. As actividades que realizamos foron coordinadas polo equipo de biblioteca e nelas participou toda a comunidade educativa.

As máis destacadas e que tiveron unha gran participación, foron as seguintes:

  • E ti..., Para que les?. Actividade elaborada desde os centros do Plambe, na cal participamos a nivel individual, realizando un mural con todos os cartaces dos alumnos. Unha vez desmontada a exposición elaboraremos un libro cos cartaces que pasará a formar parte da biblioteca.
  • Concurso de comics onde o protagonista tiña que ser a mascota da nosa biblioteca. "Xuve".
  • Concurso de contos sobre a historia de "Xuve".
  • Concurso de debuxo sobre "Xuve", para os alumnos de Educación Infantil.
  • Elaboración de tres murais sobre esta data, un deles en inglés.
  • Creación de marcapáxinas.
  • Memorizar e recitar varios poemas sobre o libro. Cada ciclo recitou un poema na biblioteca, tendo de espectadores aos demais alumnos.
  • Lectura dos contos gañadores polos seus autores.
  • Entrega de carnet da biblioteca, para poder xeestionar os préstamos por medio do Meiga.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Distribuir contido


by Dr. Radut