Skip to Content

                              

RRR

VIDEO RESUMO - RECÍCLATE CON SOGAMA

Aquí vos queda un video - resumo de todas as actividades que fixemos no proxecto RECÍCLATE CON SOGAMA do Plan PROXECTA deste curso.

NOVOS ESPAZOS NO COLEXIO

Agora estamos intentando rehabilitar outra zona do patio, onde imos plantar flores en xardineiras feitas con caixas de froitas do comedor e con botellas de leite (aínda estamos na primeira fase).

MATERIAIS DE RECICLAXE

Durante todo o curso se crearon materiais con refugallo (caixas,  restos de cartón, botellas de auga, cinta illante, vasos de plástico, botellas de plástico, tapas de plástico,...), material manipulativo para o alumnado TEA, varios photocall para o día do Autismo e a Convivencia intercentros, xogos tradicionais, agasallos con materiais de refugallo para o amigo invisible, mobles para a curtametraxe con caixas de medicamentos, clasificación de tapas  por cores e tamaños, xarróns con flores,...

ELABORACIÓN DE XABÓN

O alumnado de 3º de educación primaria elaborou xabón co aceite usado do comedor do colexio, o cal levarán como agasallo o día da familia, 15 de maio.

CONVIVENCIA INTERCENTROS

O 25 de abril celebramos unha convivencia con outros centros da comarca (San Amaro, Beariz e Irixo) e organizamos tres talleres de reciclaxe con materiais de refugallo: un ecoplaneta, un instrumento musical e un taller de percusión.

CONVIVENCIA INTERCENTROS

O 25 de abril retomouse a Xornada de Convivencia Intercentros que xa levaba dende o ano 2019 sen realizarse por mor da Covid 19. Os centros convidados (San Amaro, Irixo e Beariz) chegaron ás 10:00 horas e participaron das actividades que estaban organizadas: entrega de chapas personalizadas para todos/as os/as asistentes, realización de xogos e talleres (creación de instrumento con material reciclado, batucada, actividades deportivas, actividades de percusión con Boomwhackers, realización dun mural con tapóns, xogos co paracaídas, xogos con globos...). Asistimos á actuación de Magín Blanco no comedor. Fixemos a canción e a coreografía do “Recicla, recicla” no patio dianteiro do centro. A comida fíxose entre o patio cuberto novo e o patio de infantil e para rematar, fixemos fotos de todos os asistentes no photo call que se elaborou para tal evento. Entre as 15:00 e as 15:30 os colexios convidados marcharon para os seus destinos.

ENTROIDO