Skip to Content

familias

CONTACONTOS PARA ED. INFANTIL E PRIMEIRO

Este venres foi Sandra quen nos contou un conto moi especial... "Por cuatro esquinitas de nada"  .

 

Pero non so contou o conto dun xeito espectacular que algúns nin "pestanexaron", senon que ademais fixo unha versión do mesmo a tamaño grande con diversos materiais para que o conto fose moito máis visual, acompañado da súa sensibilidade e emoción á hora de contalo.

Ó rematar, e despois de darlle unha aperta ó "seu cadradiño" particular díxonos que nos agasallaba a súa versión do conto. 

Moitísimas grazas a Sandra por vir, compartir con nós as súas dotes para a interpretación e ademais deixarnos un agasallo tan fermoso.

 

 

 

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Dende o equipo de biblioteca queremos agradecervos a participación no Concurso de Postais de Nadal por parte do alumnado e das súas familias.

As postais foron enviadas a diversas entidades pertencentes ao Concello de Boborás: concello, centro de saúde, centro de maiores, a centros escolares cos que temos relación, ...

Ademais o xurado seleccionou catro postais gañadoras (unha por cada categoría), foi unha deliberación moi difícil, xa que a calidade das postais era moi boa.

Coas postais gañadoras confeccionamos unha única postal para compartir na páxina web do colexio e enviar por correo electrónico, que deixamos aquí tamén.

MATÍAS (EDUCACIÓN INFANTIL)

IRIA (1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

VALENTINA (4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

EMMA (6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

 

 

 

INAUGURAMOS OS CONTACONTOS DAS FAMILIAS!!!!

Este venres inauguramos a "tempada" de "Contacontos" por parte das familias e membros da comunidade educativa.

 A encargada de contar o primeiro conto deste curso foi Carmen, a mellor cociñeira do mundo, a nosa cociñeira!!!!

 O conto que elexiu para compartir con nós foi "Moncho e a mancha" de Kiko Dasilva, editado por Kalandraka.

 Moitísimas grazas a Carmen por compartir con nós o seu tempo e contarnos este conto, que lles gustou moitísimo.

 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos do momento!!!

 

 

MOCHILAS VIAXEIRAS-3ª QUENDA

O luns 18 de novembro saíu a terceira quenda das mochilas viaxeiras.

CONTACONTOS POR PARTE DAS FAMILIAS

Debido á participación e implicación por parte das familias do alumnado, rematamos onte cos contacontos por parte das familias para o curso 2018/19.

Extendéndonos máis aló dos venres ou da semana "Do día do libro"

Queremos dar as grazas a todas as persoas que se achegaron á biblioteca escolar para compartir o seu tempo con nós .

Para o próximo curso máis !!!    

CONMEMORANDO O DÍA DO LIBRO: CONTACONTOS DAS FAMILIAS

Para conmmemorar o Día do libro,  convidamos ás familias que quixesen a vir contarnos un conto,  para o  alumnado de ED. Infantil durante a propia semana e tamén  na posterior. Queremos das ás grazas ás persoas que se achegaron ó cole a compartir o seu tempo con nós.

 

E aquí tedes unha pequena escolma fotográfica de todos os contacontos

GRAZAS E BOA LECTURA!!!

LENDO EN FAMILIA

Con motivo do día do libro no cole propuxéronse unha serie de actividades  relacionadas co mesmo.

Así tivemos o "troco de libros" e a semana pasada e esta contamos coas familias do noso alumnado que se están achegando ó centro para contarlle un conto ó alumnado de ED. Infantil.

Outra das actividades propostas e de carácter voluntario foi a de que nos enviásedes unha fotografía "lendo en familia" , xa que a familia é un dos núcleos de aprendizaxe dos nenos/as e moitas veces unha fonte de conductas a imitar.

A participación foi menor do que nos gustaría, pero para ser a primeira vez que se fai, temos que agradecer a todas as familias que participaron nesta proposta.

 

BOA LECTURA!!

Distribuir contido


by Dr. Radut