Skip to Content

Xogade + Campo a través + Balonmán + Fútbol sala + Xogando ao atletismo + Bádminton + Actividade lúdica

Deporte na escola. Irixo

... convivencia co Irixo, que diver!!!

 O 10 de febreiro de 2009 os alumnos e alumnas de 2º e 3º ciclo do CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo viñeron de visita ao noso centro para participar nunha nova xornada deportiva, dentro do programa de actividade polideportiva-cultural.

Foi unha xornada festiva de convivencia , na que aproveitamos para coñecer un pouco máis e mellor aos nosos veciños do Irixo.

Pola mañá, disputamos varios encontros das seguintes  modalidades deportivas: balonmán, volei, fútbol sala e baloncesto.

Depois de xantar todos xuntos realizamos a proba cultural tendo de siareiros a todo o alumnado do colexio.

Grazas a estas probas, os alumnos e alumnas de 6º curso, van coñecendo aos compañeiros do próximo curso no IES Chamoso Lamas.

  Para ver máis imaxes da competición preme en Ir a galería de imaxes

Carreira Popular de Boborás

... que ben sentan as maniotas!!!

 O 18 de xaneiro de 2009 varios alumnos e alumnas do CEIP Nosa Señora de Xuvencos participamos representando ao centro na carreira pedestre popular que organizou o Concello de Boborás.

A proba foi moi divertida, pero resultou un pouco dura, debido ás costas que había no percorrido, pero que a nosa boísima preparación atlética permitiunos finalizar a todos sen ningún problema, Eso si, ao día seguinte algúns dos participantes tiñan unhas boas maniotas. Ao finalizar a proba a organización agasallounos  cunhas boas viandas servidas no pavillón do Concello.

  Para ver máis imaxes da competición preme en Ir a galería de imaxes

Deporte na escola en Amoeiro

... como nos divertimos!!!

 O 16 de xaneiro de 2009 participamos todos os alumnos e alumnas de 2º e 3º Ciclo de  E.P. na proba de Deporte na escola, actividade polideportivo-cultural contra o CEIP de Amoeiro.

Xogamos ao balonmán, volei, baloncesto e fútbol sala.  Os resultados foron favorables aos de Amoeiro (menos en volei e fútbol benxamín), pero o principal foi a xornada de convivencia da que gozamos en Amoeiro.

Ao rematar realizouse a proba cultural e  a vitoria foi para o noso equipo, despois dunha disputadísima tanda de 20 preguntas.

  Para ver máis imaxes da competición preme en Ir a galería de imaxes

Campo a través no Parque de Carballiño

... canto nos cansamos, pero que ben o pasamos!!!

O 20 de novembro de 2008 participamos todos os alumnos e alumnas de 2º e 3º Ciclo de  E.P. na proba de Campo a través que se celebrou no Parque de Carballiño.

Tivemos unha xornada ideal para correr, o que se reflectiu nos bos resultados acadados polos nosos corredores, nas diferentes probas en que participamos. O mellor resultado do noso centro foi logrado por Melani Dobbs que realizou unha gran carreira e chegou á meta  no segundo lugar da categoría de Benxamíns feminino.

 Na seguinte ligazón podedes descargar as clasificacións.  
  Para ver máis imaxes da competición preme en Ir a galería de imaxes

Que é o Deporte na Escola?

  Entre as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia no Deporte, atopámonos coa responsabilidade da formulación dos criterios que con carácter xeral determinarán a actuación deportiva no eido do deporte escolar. A actuación da administración no ámbito do deporte escolar debe entenderse como unha das manifestacións máis importantes do deporte, tendo en si mesma unha función transcendental na educación integral das nenas e nenos. Ao fío desa demanda, xorde a segunda edición deste programa de Deporte na Escola.

   CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

Distribuir contido


by Dr. Radut