Skip to Content

Xogade + Campo a través + Balonmán + Fútbol sala + Xogando ao atletismo + Bádminton + Actividade lúdica

Deporte escolar en Amoeiro

O venres 25 de febreiro disputamos a primeira xornada de fútbol sala no fabuloso pavillón de deportes da localidade de Amoeiro.

Xogamos os seguintes encontros:


Alevíns feminino:

  • Amoeiro 5 - Boborás 3

Alevíns masculino:

  • Amoeiro 3- Boborás 6

Benxamíns masculino:

  • Amoeiro 7- Boborás 7

 

 

Ver reportaxe fotográfica. Imaxes da actividade

Campo a través no Puzo do Lago

Puzo do LagoO 25 de novembro participamos na carreira de Campo a Través que se celebrou no Puzo do Lago de Maside.

A pesar de que o tempo non acompañou á inauguración da tempada deportiva da nosa agrupación, a xornada foi un éxito rotundo de participación e deportividade. Os primeiros postos estiveron bastante repartidos entre os 10 centros educativos participantes. Do noso centro hai que destacar a actuación de Alberto Carracelas (2º de Benxamín Masculino), Melani Dobbs (4º de Infantil Feminino) e Juan Fernández (4º de Infantil Masculino).

Nas seguintes ligazóns podedes desgargar as clasificacións por categorías e o cadro de honor desta proba.

  • BM, BF, AM, AF, IM, IF, CM, CF e Cadro de Honor.

Artigo no blog da Agrupación Deportiva Arenteiro.

Ver reportaxe fotográfica Imaxes da actividade

Deporte escolar

Este ano, volveremos repetir a experiencia destes últimos anos nos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar. Hai lixeiras modificacións, pero os obxectivos seguen sendo os mesmos.

As modalidades nas que tentaremos participar serán, o cross, o fútbol sala, o balonmán, xogando ao atletismo.

 Participarán destes deportes todos os alumnos do 2º e 3º ciclo.

 Este é o enlace coa páxina da Xunta, no que podedes atopar máis información

V edición torneo balonmán

O mércores 12 de maio celebramos no pavillón Paco Chao do Carballiño a V edición do torneo de balonmán que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro.

Participamos no torneo os equipos dos colexios de Beariz, Boborás, Amoeiro e O Irixo  e a competición tivo un formato de liguilla: xogamos todos os equipos contra todos. O xogo desenvolvido polos participantes foi de gran calidade, levándose o trofeo de campión os pupilos de Beariz nun partido trepidante ante o equipo de Amoeiro.

O resto de resutados e clasificación podédeslo ver na seguinte ligazón.

 Podedes ver máis imaxes na galería do centro

 

Convivencia en Beariz

O xoves 18 de marzo participamos xunto aos centros de Beariz e Virxe Peña da Sela nunha "Convivencia cultural-deportiva" no concello de Beariz.

Foi unha xornada moi especial, onde todos os nenos e nenas participaron nas diferentes actividades programadas ao longo de toda a xornada. Este ano na orqagnización das actividades tamén participaron os ENDL dos respectivos colexios favorecendo que parte das mesmas estiveran orientadas á "Defensa e fomento do uso do Galego", entre as que hai que destacar a elaboración dun gran cartaz co lema de "Sube ao tren do Galego".

As actividades que realizamos foron as seguintes:

  • Elaboración de caricaturas dos alumnos para o mural.
  • Confección do gran cartaz sobre o Galego.
  • Competición a tres bandas de fútbol sala nas seguintes categoría: prebenxamíns, benxamín e alevíns, tanto feminino como masculino.
  • Xantar campestre de convivencia.
  • Partido colectivo entre mestres e alumnos.
  • Clausura da xornada, coa exposición do cartaz.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Resultados e clasificacións dos encontros  

Xogando ao atletismo

Equipo de BoborásO mércores 21 de abril celebramos unha xornada de atletismo, dentro da modalidade "Xogando ao atletismo" no pavillón do Paco Chao de Carballiño. Participamos xunto cos colexios do Vila de Arenteiro, CEIP de Beariz, CEIP Virxe da Pena da Sela do irixo, CEIP de Amoeiro e CEIP de Carballeda de Avia.

Era a primeira vez que participábamos nunha xornada deste tipo, e a verdade é que resultou ser unha experiencia fabulosa xa que nos encontramos con compañeiros coñecidos doutros coles da comarca e coñecemos a outros novos.

Xa estamos desexando que chegue o ano que ven para volver a repetir a actividade, pero a próxima vez esperemos contar con máis tempo para desenvolver todas as probas...¡¡¡quizás unha xornada de convivencia... con xantar incluído!!!

 Clasificación por equipos da categoría de benxamíns.  Menús de marzo

Clasificación por equipos da categoría de alevíns. Menús de marzo

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

 

 

Deporte escolar

Xornada 3

O venres 5 de marzo enfrentámonos aos alumnos e alumnas de Amoeiro. En alevíns masculino e feminino os equipos de Amoeiro gañaron con moita facilidade, pero en benxamíns o partido estivo moi disputado, aínda que ao final a victoria foi para o equipo de Amoeiro.

A proba cultural estivo moi emocionante ata o final, que se decidiu pola mínima a favor de Amoeiro. A pesar dos resultados, pasámolo moi ben e estamos desexando que chegue a próxima xornada.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro


 Xornada 4

O día 11 de marzo disputamos a 4ª xornada do Deporte escolar entre o noso CEIP e o Colexio Sagrado Corazón do Carballiño. Os resultados foron os esperados, xa que a diferencia de matrícula entre os dous centros se reflectiu tamén no desenvolvemento dos encontros. Como o resultado era o de menos (non si!!??) os xogadores pasárono moi ben: uns por xogar e outros por gañar. O mellor de todo é que coñecemos a futuros compañeiros e amigos.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Campo a través

O 26 de novembro celebramos no Puzo do Lago, en Maside, a proba comarcal de campo a través. Participaron un total de nove centros da comarca do Arenteiro con 364 inscicións nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.

A xornada foi todo un éxito de participación, colaboración e comportamento. Os éxitos deportivos estiveron moi repartidos entre todos os centros.

Asemade, tamén hai que destacar a colaboración prestada polo Concello de Maside na organización da proba e na entrega de medallas, contando coa presencia do alcalde do Concello na mesma.

Os corredores do noso centro conseguiron subirse ao podio en dúas ocasións: Melani en alevín feminino e Amancio en alevín masculino. Moitos parabéns!!!

Clasificacións das diferentes categorías en .pdf

Podedes ver máis imaxes na galería do centro


FINAL COMARCAL no Parque de Carballiño 

No mes de xaneiro celebramos a final comarcal no Parque do Carballiño. A metereoloxía ese día non acompañou moito, pero a xornada resultou espectacular en canto ao deportivo.

Podedes ver máis imaxes na galería do centro

Xogos galegos deportivos en idade escolar

 Web de xogadeEste ano, volveremos repetir a experiencia do ano pasado do Deporte Escolar, hai lixeiras modificacións pero os mesmos obxectivos.

 As modalidades nas que tentaremos participar serán, o cross, o fútbol sala, e o balonmán.

 Participarán destes deportes todos os alumnos do 2º e 3º ciclo.

 Este é o enlace coa páxina da Xunta, no que podedes atopar máis información

Información

Este curso académico volveremos a participar nos programas deportivos que organice a Consellería de Educación.

Nesta Sección iremos reflictindo todas aquelas novas que teñan que ver coa nosa participación nas distintas modalidades en que nos apuntemos.

Distribuir contido


by Dr. Radut