Skip to Content

Xogade + Campo a través + Balonmán + Fútbol sala + Xogando ao atletismo + Bádminton + Actividade lúdica

Deporte en Idade Escolar

Este ano, volveremos repetir a experiencia destes últimos anos nos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar.

As modalidades nas que tentaremos participar serán: cross; fútbol sala; balonmán; xogando ao atletismo.

Participarán destes deportes todos os alumnos do 2º e 3º ciclo.

 Se premedes na imaxe obteredes máis información sobre a campaña 2012/2013.

Xogando ao atletismo

VII torneo de balonmán

O mércores, 22 de abril, paricipamos no VII torneo de balonmán que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro no pavillón Paco Chao do Carballiño.

No torneo participamos os equipos dos seguintes colexios na categoría de alevíns mixtos: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP Virxe da Pena da Sela; CEIP de Beariz e CPR Vila do Arenteiro.

A xornada foi unha gran festa deportiva, onde demostramos que se pode desfrutar do deporte máis alá do fútbol.

Desde aquí queremos felicitar a todos os xogadores e mestres polo esquisito comportamento amosado ao longo do campionato, e agradecer aos responsables do pavillón a dispoñibilidade prestada.

O calendario de partidos e resultados pódese descargar aquí

Preme na imaxe para ver a reportaxe fotográfica

 

 

Final comarcal de Campo a Través

Saída de alevínfemininoO día 2 de febreiro participamos na final comarcal de Campo a través na magnifica paraxe do Puzo do Lago de Maside.

Nunha mañá soleada, aínda que fría, 270 corredores  pertencentes aos colexios: CEIP de Bearíz; CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás; CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo; CEIP Eulogio Gómez Franquira de San Amaro; IES nº 1 do Carballiño; CPR Sagrado Corazón do Carballiño e CPR Vila do Arenteiro do Carballiño participaron nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete.

Este ano, as inscricións sufriron unha merma considerable debido á protesta que moitos centros públicos están a facer contra as directrices e normativas que está a ditar a Xunta de Galiza e que redundan negativamente na calidade do ensino.

Felicitamos a todas e todos os participantes e en especial aos que acadaron subir ao podio do noso colexio: Amancio Sanjurjo en categoría infantil masculino e Sara Ramírez en categoría infantil feminino.

As clasificacións completas podédelas descargar aquí:

  • Cadro de honra
  • Clasificación individual por categorías
  • Clasificación por equipos

Na seguinte ligazón podedes acceder á reportaxe fotográfica da carreira

 

Video das carreiras:

Campo a través no Puzo do Lago

O xoves, 24 de novembro, celebrouse a primeira proba de campo a través do curso 2011/2012 no Puzo do Lago de Maside, organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro.

Participamos un total de 8 centros educativos da comarca do Carballiño con 251 atletas inscritos.

A xornada deportiva estivo acompañada dun soleado día, o que axudou a que fose unha gran festa do deporte escolar da comarca.

Hai que felicitar a todos os participantes polo bo comportamento no desenvolvemento das diferentes probas e en especial aos corredores que conseguiron subir ao podio.

Clasificacións:

Imaxes da competición 

 

Máis información no Blog da Agrupación Deporiva Arenteiro.

Xogade

Este ano, volveremos repetir a experiencia destes últimos anos nos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar.

As modalidades nas que tentaremos participar serán: cross; fútbol sala; balonmán; xogando ao atletismo.

 Participarán destes deportes todos os alumnos do 2º e 3º ciclo.

 Se premedes na imaxe obteredes máis información sobre a campaña 2011/2012.

Xogando ao atletismo

O día 4 de maio participamos na actividade de Xogando ao atletismo que organizou a Agrupación Deportiva Arenteiro no pavillón do Paco Chao de Carballiño.

Os equipos participantes foron os mesmos que os do ano pasado. A moitos dos deportistas xa os coñecíamos doutros deportes, polo que resultou ser unha xornada de reencontro e convivencia con antigos amigos.

Acadamos un terceiro posto en alevíns e un carto posto en benxamíns.

As clasificacións don as seguintes;

  • Categoría benxamín.
  • Categoría alevíns.

 Imaxes das actividades de Xogando ao atletismo

Convivencia intercentros

O día 24 de marzo celebramos no noso centro unha nova edición da Convivencia Intercentros que vimos realizando os colexios de Beariz, O Irixo e Boborás.

Este ano a participación superou o centear de persoas. Realizáronse actividades diferentes, atendendo a idade do alumnado:

Os mais cativos:

  • Unha sesión de contacontos, a cargo de Esperanza e Mar, mestras do CEIP Virxe Pena da Sela, que resultou ser espectacular.
  • Estacións de Xogos colaborativos nas instalacións exteriores do centro.
  • Actividades predeportivas nos que se mesturaron os compoñentes dos equipos dos tres coles.

Os máis grandes:

  • Torneo triangular de fútbol sala nas seguintes categorías:
    • Benxamín masculino: Gañador o equipo de Boborás.
    • Alevín masculino: Gañadores os equipos de Beariz e o Irixo.
    • Feminino. Gañador o Equipo do Irixo.
    • Prebenxamín. Gañador o equipo de Boborás.

Unha vez finalizada a actividade deportiva gozamos dunha xornada gastronómica, na que, ademais das viandas, compartimos impresións cos nosos veciños e futuros compañeiros no IES Chamoso Lamas.

Xa estamos desexando que teña lugar outra edición desta Xuntanza!!

 

 Imaxes das actividades da Convivencia

VI Torneo de Balonmán 2011

O mércores 30 de marzo participamos na VI edición do torneo de balonmán que se celebrou no pavillón deportivo do Paco Chao de Carballiño.

A xornada estivo marcada polo bo ambiente e concordia entre todos os equipos participantes.

O nivel de xogo foi espectacular, dándose resultados moi axustados xa que o nivel dos equipos era moi parello. Ao final a experiencia do combinado de Beariz fixo que a balanza se inclinara para eles, acadando o noso equipo un meritorio segundo posto.

Ver resultados en pdf.

 Imaxes das actividades do torneo

.

Final comarcal campo a través

O 3 de febreiro celebramos a final comarcal da proba de campo a través no Puzo do Lago de Maside.

Participaron cerca de 500 nenos de 12 centros educativos da Agrupación Deportiva Arenteiro.

Os resultados individuais e a clasificación por equipos está colgada no blog da agrupación.

 

 

Os alumnos do noso centro obtiveron uns resultados impresionantes:

  • 2º posto en benxamín masculino.
  • 2º posto en infantil feminino.
  • 2º posto por equipos en benxamíns masculino.
  • 3º posto en infantiles masculino por equipo

Ver reportaxe fotográfica. Imaxes da actividade

Distribuir contido


by Dr. Radut