Skip to Content

                              

Curso 2013/14

Celebración do Samaín 2013

O 29 de outubro celebramos a festa do Samaín no colexio con dous de adianto. Este ano fixémolo coincidir coa celebración do Día da Biblioteca, xa que foi o 24 de outubro (día da Folga):
  • Imaxes da celebración da festa do Samaín:

 

  • Concurso de mazorcas.

  • Concurso de cabazas.

  • Premiados no concurso de cabazas e mazorcas

  • Decoración das entradas das aulas.

 

  • Máscaras do Samaín.

  • Representación de guiñol: "A Cachiporra máxica".
  • Interpretación coreográfica das seguintes cancións.
    • O baile do esqueleto.
    • O reloxo canta as horas.
  • Diversos xogos terroríficos:
    • Vestir a momia.
    • En busca da cabaza perdida.

 


Formulario para votar polos mellores traballos presentados a concurso:

 

Modelo de plantilla para a votación.

Ver Resultados das votacións: Cabazas e Mazorcas. Preme para ver os resultados das votacións.

 


Conto realizado polo alumando de 3º Ciclo:

O CLARO DO BOSQUE


 

Excursión a Marcelle

O 8 de outubro realizamos a primeira saída educativo/cultural deste curso. Esta vez, por fin, fomos ao parque zoolóxico de Marcelle, situado no concello de Outeiro de Rei na provincia de Lugo.

Coñecemos e aprendemos moitas cousas sobre animais que nunca víramos e que tan ben coidados están no parque.

Durante todo o percorrido ao parque estivemos acompañados por tres fabulosos monitores que nos axudaron a pasar unha xornada inesquecible.

Pasámolo XENIAL!!


Contratos programa 2013/2014

Este curso vovemos solicitar a participación no programa PROA de reforzo e orientación académica ao alumnado do 2º e 3º ciclo foi aprobado pola Consellería de Educación cun orzamento que ronda os 15.000 euros, feito que ten que concienciar a toda a comunidade educativa da súa importancia e motivarnos a para sacarlle o máximo rendemento posible.

As clases de reforzo educativo desenvolveranse, posiblemente, a partir do mes de xaneiro e serán impartidas por dous mestres do colexio aos dous grupos que solicitamos: un para 2º ciclo e outro de 3º ciclo.

O horario previsto será o seguinte: martes e xoves de 16 horas a 18 horas.

Actividades do curso 2013/2014

Nesta sección iremos reflictindo todas as actividades complementarias e extraescolares que realicemos ao longo do curso escolar 2013/2014.

Distribuir contido


by Dr. Radut