Skip to Content

                              

Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz  naceu en Vilalba (Lugo) é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, tanto en Galicia como no resto de España. A súa formación académica abrangue a diversos campos: Perito Industrial; Mestre de Ensino; Licenciado en Ciencias da Educación; Diplomado en Lingua Galega.

Traballou como mestre máis de 30 anos en diversas etapas educativas do ensino primario e secundario.

Desde ben cedo o seu traballo centrouse en temas como a promoción da lectura, a introdución dos medios de comunicación na aula, a didáctica da lingua ou a normalización da lingua galega nos ámbitos escolar e social. Parte deste traballo xira entorno á normalización lingüística do galego no ensino. Este afán normalizador é o que o move a escribir en galego as historias que crea. "Mensaxes nunha botella", como lle gusta dicir, que bota ao mar esperando que alguén as recolla

Desde mediados dos anos setenta estivo ligado aos movementos de renovación pedagóxica. Foi membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega.

Os seus libros gozan do aprecio dos lectores, e moitos deles coñecen numerosas edicións. Algúns, como Cartas de inverno, Trece anos de Branca ou As fadas verdes, superaron a fronteira dos cen mil exemplares vendidos. 

É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente diversas linguas.

Recibiu moitos recoñecementos  da súa traxectoria: Premio da Irmandade do libro (2003); Premio Xosé María Álvarez Blázquez (2008); Letra E da AELG (2009) e o premio Antón Losada Diéguez do concello de Boborás á mellor novela en galego no ano 2012.


En xaneiro de 2013 foi nomeado “Doutor Honoris Causa” pola Universidade de Vigo.



book | by Dr. Radut