Para comezar o traballo a distancia, ver que tipo de actividades realizar, que recursos empregar e como relacionarte co alumnado e as súas familias é importante considerar catro ideas clave:

  1. Ter unha finalidade clara e coherente: a práctica, expansión ou transferencia de coñecementos a outros contextos.
  2. Facer un deseño de tarefas axeitadas: instrucións claras, tarefas que teñan en conta a realidade socioeconómica das familias e con estratexias de andamiaxe (exemplos, guías, titorías telefónicas ou telemáticas) para que poidan levalas a cabo de xeito autónomo. É prioritario que os recursos e as tarefas non xeren desigualdades entre o alumnado.
  3. Facer unha revisión personalizada: "aportar feedback de calidade ao noso alumnado é quizais a labor máis importante que podemos realizar por moito tempo que consuma e complicado que pareza".
  4. Promover un perfil de esperanza e motivación cara á aprendizaxe segue sendo un reto da máxima importancia.

As circunstancias esixen trasladar ao entorno virtual o mellor do teu coñecemento e competencia como profesional. No ensino a distancia podes empregar habilidades de ensino, titorización e seguimento que xa usabas con mestría na aula de forma habitual. Tamén podes aproveitar moitos dos materiais que xa tes creados. Nalgúns casos requirirán pequenas modificacións e adaptacións e noutros quizais che cumpra buscar outro material de calidade na Rede ou elaboralo ti mesmo/a ou en colaboración con outros/as docentes.