slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Letras Galegas 2019: Antón Fraguas

 Para festexar o día das nosas letras, este ano fixemos uns debuxos das flores silvestres do Calendario Estiño. Á volta da fin de semana realizaremos unha votación para escoller a palabra máis fermosa.

 

Saída a Ribadeo.

O mércores 15 de maio, desprazámonos ata a vila de Ribadeo e desfrutar das súas paisaxes e xentes.

Ao chegar, paseamos pola praia das Catedrais (tivemos sorte que a marea estaba subindo).

Continuamos o noso percorrido cun emocionante paseo en barco pola ría do Eo e pola ponte de todos os Santos. Visitamos os pobos de Castropol, Figueras e Ribadeo. Ata o patrón deixounos coller o timón!

Xogos tradicionais: os birlos

Continuando coa práctica de xogos tradicionais, agora tocoulle a quenda dos birlos. O areeiro do colexio serviunos de espazo de xogo e alí amosaron as súas habilidades e destrezas neste deporte tradicional galego.

Práctica de xogos tradicionais.

Chegando ao final do curso e aproveitando a boa climatoloxía, realizamos no areeiro diferentes xogos tradicionais, como o caliche.

Pero tamén fixemos outro tipo de xogos tradicionais galegos: o tirafungueiro e o varapau.

Correlingua 2019: O galego é a fórmula.

O mércores 8 de maio tivo lugar o correlingua 2019. O lugar escollido foi na praza de Santa María e a muralla romana de Lugo.

Nos días previos, traballamos moito para facer a nosa pancarta...

Saída ao Gadis do Polígono do Ceao (Lugo)

O martes 7 de maio, ás once da mañá, achegmonos ao Gadis do Polígono do Ceao en Lugo. Alí, durante unha hora aproximadamente, déronnos moitas e valiosas informacións: diferenzas entre a carne vermella e a carne branca, diferenzas entre o arroz integral e o "normal", explicación básica da pirámide dos alimentos...

Aprendemos moito e ben. E por riba, tamén nos deron un agasallo cunha pequena merenda.

Moitas grazas!

Xogos tradicionais: a petanca

O alumnado de 1º, 2º e 3º participou nunha sesión de xogo tradicional no areeiro. Alí demostraron as súas habilidades no xogo da petanca. Non só xogaron, senón tamén anotaron os resultados para coñecer a parella gañadora.

Inicíamonos na robótica...

Continuando este curso có proxecto empezado o ano pasado "Iniciación á robótica en Primaria"...

Educación sexual

Durante dúas horas, Estefanía foi a encargada de realizar unha charla sobre educación sexual aos nenos e nenas de 4°, 5° e 6°.

Nestas charlas falaron sobre o corpo do home e da muller, os seus cambios, as súas dúbidas...

Aprendemos moito!

PrensaEscuela 2019

O mércores 3 de abril, unha pregunta proposta por Lucía Freijo García (4º de Primaria) a un periodista da Voz de Galicia foi escollida na sección dixital adicada ás escolas "Prensaescuela".

Aquí tedes a imaxe.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer