Skip to main content

LIBROS HUMANOS

BIBLIOTECA HUMANA - XORNADA 9 XUÑO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O pasado 9 de xuño celebramos a terceira xornada da Biblioteca Humana.

Tres títulos relacionados co mar, atracaron nas nosas bibliotecas

da man dos seus autores e das súa autora.

Historias que perdurarán en audio, no noso catálogo Meiga,

para escoitar sempre que se desexe.

A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que

ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo

o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes.

Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor

moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.

 

 

Agradecer a Andy García, Candela Martínez Pernas e

Raúl Nebril todas e cada unha desas verbas.

 

LER PERSOAS! - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O pasado 8 de xuño celebramos a segunda xornada da Biblioteca Humana.

Tivemos o pracer de escoitar tres títulos fermosos da voz das súas autoras.

Historias que perdurarán en audio, no noso catálogo Meiga,

para escoitar sempre que se desexe.

A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que

ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo

o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes.

Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor

moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.

 

 

Agradecer a Rebeca León Graña, Ánxela Lema París

e Ermitas García Rios todas e cada unha desas verbas.

 

 

 

 

 

"VENTO A FAVOR, PALADAS DE VIDA" DE CANDELA MARTÍNEZ PERNAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

"Vento a favor, paladas de vida" de Candela Martínez Pernas.
 
Remarlle á vida, tirar para adiante. Como o deporte che pode ensinar doutro modo.
 
As metas son infindas e buscar outras novas é o que che fai seguir máis alá.
 
O día 9 de xuño as 11h na Biblio do IES.
 

Apúntate! Aberto a tódolos públicos.

Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625,

pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.

 

 

 

 

 

 
 
 

 

QUE CARALLO FAGO EU AQUÍ? DE ANDY BRAÑAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Que carallo fago eu aquí? de Andy Brañas.

 

Ser sempre o que quixen.

 

Ás veces non estás onde debes pero o camiño faise andando

 

e se persegues os teus soños sempre están agardando aí por ti.

 

E conséguense. Abofé que si.

 

O día 9 de xuño ás 10h na Biblio do IES.

 

Apúntate! Aberto a tódolos públicos.

Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625,

pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.

 

 

 

 

 

 

 

 

BIBLIOTECA HUMANA - XOVES 9 DE XUÑO - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano,

posteriormente terás 5 minutos para preguntar.

Ler persoas en vez de libros.

Apúntate! Aberto a tódolos públicos.

Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625,

pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.

 

 

9 XUÑO - 3º XORNADA BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Coa voz da rapazada do Ies presentamos a terceira xornada da Biblioteca Humana.

Libros contados dende a cercanía e a intimidade.

Esta vez vémonos na Biblioteca Escolar Punta Candieira o mércores 9 de xuño.

 

 

BIBLIOTECA HUMANA- MÉRCORES 8 DE XUÑO-PROGRAMA"LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano,

posteriormente terás 5 minutos para preguntar.

Ler persoas en vez de libros!

 

 

 

 

8 XUÑO - 2º XORNADA BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Coa voz da rapazada do Ies presentamos a segunda xornada da Biblioteca Humana.

Libros contados dende a cercanía e a intimidade.

Esta vez vémonos na Biblioteca Escolar Punta Candieira o mércores 8 de xuño.

 

 

 

"LER PERSOAS, EN VEZ DE LIBROS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O pasado 23 de maio celebramos a primeira xornada da Biblioteca Humana.

Tivemos o pracer de escoitar catro títulos marabillosos da voz dos seus autores e autoras.

Historias que perdurarán en audio, no noso catálogo, para cando quen queira

decida collelas e escoitalas. A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que

ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo

o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes.

Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor

moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.

 

 

 

 

Agradecer a Carlos Labraña, Fabiana Feijóo, Bibiana Córdoba

e Jose de Vigo todas e cada unha desas verbas.

 

 

 

 

BIBLIOTECA HUMANA - 23 MAIO - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano,

posteriormente terás 5 minutos para preguntar.

Ler persoas en vez de libros!

 

 

 

Distribuir contido