Skip to main content

APERTURA DA BIBLIOTECA!!!

Ola chic@s!

Por fin,abrimos as portas! Os meus amigos: o polbo Ataulfo, a gaivota Casilda, o Peixe e o cangrexo Patexo tiñamos un lío tremendo! Estivemos todo o verán surcando as ondas do mar, surfeando, buceando... e claro, os libros fóronse acumulando...

Así que esta apertura non foi nada fácil. Temos que dar as grazas, o alumnado de 5º e 6º que se trasladou ata a Biblioteca Municipal López Cortón para ampliar a súa formación e aos voluntarios que tiveron que pasar un Casting a semana pasada, grazas a súa axuda agora podemos andar por este mar de libros, pero xa organizados.

Dentro das súas labores estarán: axudarvos nos recreos cando desexedes buscar información, atopar un conto..., procurar que o nivel de ruídos non traspase o umbral permitido, recordarvos as normas, fichas os libros que levedes e devolvades, ser amables e crear un ambiente agradable que convide a disfrutar,... Pero queridos amiguiños e amiguiñas da costa Cedeiresa, recordade que isto é un traballo de todos!

Polo tanto esperamos vervos nos recreos e nalgunha sesión cos mestres. Escribídeme faime moita ilusión, quero coñecer os vosos gustos, suxestións, opinións...