Skip to Content

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar

Esta axuda é para compensar os días lectivos que o alumnado tiña que comer no comedor escolar e que pola situación na que nos atopamos non poden facer uso del.

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar.

 

Prazo de presentación: Do 31 de marzo ao 6 de abril (ambos inclusive)

Requisitos para solicitar a axuda:

Alumnado coa condición de usuario gratuito do servizo de comedor

Alumnado coa condición de usuario que pague 1 €/día de servizo de comedor

Forma de presentación:

Telematicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia. CÓDIGO DO PROCEDEMENTO – ED601B. Teñen que dispoñer de certificado dixital ou Chave365 .

Soamente as familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude por medio do correo electrónico ceip.nicolas.rio@edu.xunta.gal ou no teléfono do centro 881930091.

Documentación a aportar:

DNI da nai, pai ou titor legal do alumnado

Datos do alumnado

Número de conta bancaria



blog | by Dr. Radut