Skip to Content

Festividades/celebracións

CONCURSO ENTROIDO 2021

“UN SOMBREIRO REQUETEARTÍSTICO”

                              

Estimadas familias,

             Queremos invitarvos e animarvos a participar neste Gran Concurso,

       co que pretendemos celebrar o Entroido, dentro das múltiples restricións

       que nos impón a máis que coñecida pandemia.

             Trátase de elaborar un sombreiro requeteartístico que podedes

       facer por completo ou ben usar un feito como base, engadíndolle todo

       aquelo ca vosa imaxinación considere oportuno e que estea relacionado

       co tema que estamos a traballar este curso: A Arte. Podédevos inspirar

       polo tanto en obras de pintores, escultores, arquitectos...

             Valorarase especialmente a participación dos nenos e nenas, aínda

       que haxa colaboración de toda a familia.

 

             Haberá 4 premiosUn para E. Infantil, e tres para E. Primaria, un

       por cada ciclo (1º e 2º; 3º e 4º; 5º e 6º).

 

             O alumnado que queira participar deberá presentarse no colexio

coa súa obra o vindeiro xoves 11 de febreiro de 2021.

 

       Graciñas de antemán pola vosa participación, que agardamos con

enorme curiosidade.

 

                                GAÑADORAS COS SEUS AGASALLOS

 

 

DETALLE SOMBREIROS

    

    

Distribuir contido


by Dr. Radut