Skip to Content

1º de primaria

Proposta de actividades para o fin de semana

Bos días familias!

Déixovos unha nova poroposta de actividades para que poidades facer todos e todas durante a fin de semana.

ORGANIZAR UNHAS OLIMPIADAS CASEIRAS: 

Podedes pensar diferentes probas para facer, como por exemplo:

  • Salto de lonxitude.
  • Salto de altura.
  • Lanzamento de disco (con pratos desbotables).
  • Carreira de obstáculos (utilizando diferentes obxectos da casa).
  • Levar unha bandexa seguindo unhas líneas.
  • Cargar diferentes obxectos e manter o equilibrio

Ademáis podedes crear unha táboa para ir anotando as diferentes calificacións, así como acordar unha recompensa final.

APRENDER COREOGRAFÍAS DE BAILE:

Entre todos/as podedes buscar unha canción que vos guste e facer ou buscar unha coreografía de baile, descargando toda a enerxía que levamos dentro, deixarse levar polo ritmo e sobre todo desfrutar!

DEBUXAR A CEGAS:

Este xogo consiste en colocar unha venda nos ollos a algún membro da familia e o resto debe ir ditando o que ten que debuxar.  

BÚSQUEDA DO TESOURO:

Podedes esconder diferentes obxectos pola casa e escribir diferentes pistas ou facer unha mapa do tesouro para poder atopalos.

INVENTAR E ESCRIBIR UN CONTO XUNTOS:

Deixade voar a vosa imaxinación e entre todos/as, escribide un conto. Creade novos personaxes e imaxinade unha historia. Seguro que o resultado será moi divertido!

IMOS DE ACAMPADA!:

PICNIC: Preparemos unha cesta coa merenda que máis nos guste, pero en lugar de saír, escollemos unha habitación da casa, colocamos unha manta ou un mantel no chan e a desfrutar! 

UNHA NOITE DE ACAMPADA: No voso salón o nunha das habitacións organizamos unha noite de acampada: podemos intentar montar unha tenda de campaña, apagamos as luces, podemos contar diferentes historias, xogar a algo en familia e deixar voar a vosa imaxinación.

FIN DE SEMANA DE EXPERIMENTOS:

Deíxovos diferentes enlaces con experimentos que podedes facer cos vosos fillos e fillas. Ademais podedes gravalos en vídeo para despois compartilo, amosalo e explicalo ó resto de compañeiros e compañeiras.

https://infoeducacion.es/primaria/experimentos-ninos-primaria/

https://yosoytuprofe.20minutos.es/2019/08/27/15-experimentos-cientificos...

https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/experimentos-cientificos...

SOPAS DE LETRAS INTERACTIVAS:

 Nesta ligazón poderedes atopar difentes sopas de letras clasificadas por temáticas

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/sopas-letras

https://happylearning.tv/juegos/sopas-de-letras/

LABIRINTOS ONLINE:

Nestas ligazóns poderán facer de maneira interactiva diferentes labirintos

https://www.cokitos.com/laberintos-para-ninos/play/

https://www.juegosinfantilespum.com/laberintos-online/index.php

 

Moito ánimo a todos e a todas!

Un saúdo da "ciberprofe" Raquel

 

ACTIVIDADES EF CONFINAMENTO

ACTIVIDADE SEMANAL EF

Ola a todas/os! 

Saúdos do profe Jose Manuel 

Espero que vos atopedes todos/as ben!

Curso de Yoga para niños con necesidades especiales. Cursos Delena Formación

De seguido vos mando unha proposta de traballo para facer esta semana que comenza. Trátase dun video de Yoga para nenos/as.

Tentade facer os exercicios que veñen no video polo menos dous días nesta semana. 

- Buscade un sitio amplio, onde non tropecedes con nada

- Utilizade algo acolchado para o chan, unha alfombra, toalla, esterilla (se tedes)

- Podedes poñer música tranquila para traballar,

- Os vosos pais/nais/avós tamén poden participar 

 

Ánimo!. Un abrazo moi forte!

 


 

Última modificación: Domingo, 15 de Novembro de 2020, 19:15

Novas actividades para traballar na casa

Ola familias!! 

Tal e como vos acabo de comentar polo por Abalar, déixovos unha nova escolma de actividades interactivas, sumadas as que colgou Juan o venres, para que poidades facer estes días na casa, dentro das posibilidades que teña cada familia.

A maioría son para traballar on-line:

http://www.waece.org/sabemos/principal.htm

Nesta páxina teñen 4 apartados sobre “Canto sabemos de...?” e 5 apartados para traballar e xogar diferentes temáticas: números, cores, formas, diferenzas e labirintos.

http://www.milcuentos.com/

Unha páxina con contos infantís con son e contados por nenos e nenas. Sería moi divertido que vós fixerades algo parecido cos vosos nenos/as co seu conto favorito por exemplo.

https://www.educa2.madrid.org/web/cdi/primaria-primer-ciclo1

Recursos para a Mellora das Destrezas Indispensables.

https://quickdraw.withgoogle.com/

Recurso para debuxar en menos de 20 segundos unha palabra para que unha rede neuronal poda recoñecelos.

https://www.dibujos.net/

Poderedes atopar diferentes seccións con debuxos para colorear, está divido por temáticas.

http://roble.pntic.mec.es/arum0010/enlaces_infantil.htm

Actividades de JCLIC para 1º ciclo

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-puzzles-gratis

Para facer crebacabezas con diferentes niveis de dificultade.

https://www.vedoque.com/sec.php?s=1

Xogos educativos para 1º de Primaria (dividido en diferentes seccións: matemáticas, lengua, inglés...).

 

Lembrade adaptar todo este material e actividades ás vosas necesidades e posibilidades horarias.

Seguimos en contacto!

Un saúdo da "ciberprofe"

Raquel

 

Actividades para traballar na casa

Ola familias!!

Tal e como vos comentaba o venres por Abalar, déixovos unhas cantas actividades para que poidades realizar estes días na casa, dentro das posibilidades que teñades cada familia.

O ideal sería que cada día fixeran unha actividade de : mate-cálculo mental, lectura-comprensión lectora, visualizar algunha serie-debuxos en galego, pintar-crear en plástica, algo de grafomotricidade e escritura ... e/ou calquera outra actividade que consideredes (por exemplo, que vos axuden a cociñar un postre (escollendo ingredientes, pesando cantidades, controlando tempos no reloxo,...) xogar ao parchís-oca ou calquera outro xogo de mesa, construir avións de papel, xogar ao voleibol cun globo, etc.)

Ademais se fose necesario que vos conectárades á Aula Virtual, un profe se encargará de darvos toda a información necesaria para iso.

A maioría das actividades intentei escollelas dun pequeno ábaco de páxinas web para que vos fora máis sinxelo.

Estas serían (a maioría son para traballar on-line) :

Cálculo mental-matemáticas

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=bombillas&l=es

Xogo de conteo matemático (mellor empezar no nivel 2)

 

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=suma10&l=es

Xogo para sumar 10. Con tempo limitado

 

https://www.vedoque.com/juegos/granja-matematicas.html

Xogo de sumas e restas con tempo ilimitado. Podedes utilizar calquer tipo de material para axudarvos a sumar.

 

https://vedoque.com/html5/matematicas/domino/

Xogo de dominó, xa practicado na clase.

 

https://vedoque.com/html5/matematicas/sumamonedas/

Xogo con moedas de euros para contar e sumar.

 

https://vedoque.com/juegos/matematicas/dados/

Xogo de cálculo mental con dados e tempo limitado.

Atención

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=iguales&l=es

Traballo de atención, que necesita rapidez. Xa traballado na aula, pero necesitarán da vosa axuda para marcalos.

 

Lectura

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=Otono&l=es

https://vedoque.com/html5/lectura/lectura2/

https://www.vedoque.com/html5/lectura/lectura3/

https://www.vedoque.com/html5/lectura/lectura4/

https://www.vedoque.com/html5/lectura/lectura5/

 

Comprensión lectora

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/la-pirata-lorena

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/la-primera-pizza

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/bicicleta

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/que-es-una-cremallera

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/sol

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/pilarin-munecas

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/la-leyenda-del-queso

Nestas lecturas sería interesante que as familias lle lerades o pequeno texto, para que el@s contestasen as preguntas de comprensión que hai a continuación. (pode ser necesario que lle leamos o texto 2,3 ou máis veces, para unha mellor comprensión do mesmo) (hai bastante publicidade nestas páxinas)

Lingua Galega :

http://www.crtvg.es/infantil/programasNesta páxina atoparedes bastante variedade de programas, series e debuxos en galego.

Eu destacaría, por exemplo :

http://www.crtvg.es/infantil/programas/os-contos-do-camino

http://www.crtvg.es/infantil/programas/as-aventuras-de-minchi

 

Plástica

https://www.recreoviral.com/creatividad/representaciones-objetos-cotidianos/

Aínda que esta actividade a íamos  traballar estes días na aula, vouvos propoñer que lle botedes un vistazo a esta páxina do artista brasileiro Victor Nunes  e intentedes pensar en crear algo parecido nas vosas casas... Seguro que coa vosa imaxinación e creatividade faredes cousas superchulas!!

 

Para imprimir : (Importante : Durante estes días, nun principio,se vos facilitará algún material impreso para que traballen tamén a escritura).

Se necesitades a maiores imprimir algunha destas actividades poñedevos en contacto con Bego a profe de 1ºB( bfontenla@edu.xunta.es) ou co cole directamente para que vos faciliten a impresión)

Para traballar a grafomotricidade :

https://drive.google.com/file/d/0B4W3NTspSaf_bHN6NDNpSnM1VEE/view

https://www.mundoprimaria.com/dibujos-para-colorear  

Multitude de debuxos para imprimir e colorear.

 

Lecturas en familia :

https://cuentosparadormir.com/cuentos-ilustrados

Interesantes páxina web con moitos contos nos que se traballan diferentes e importantes valores. Lidos algúns na clase.

 

Curtametraxes  para ver en familia:

https://www.youtube.com/watch?v=NSwXJby5bdIhttps://www.youtube.com/watch?v=zmXnl8ICK9A

https://www.youtube.com/watch?v=4INwx_tmTKw

https://vimeo.com/194276412

https://www.youtube.com/watch?v=TvLV5Iy6YDk  (en catalán con subtítulos en castellano)

 

Lembrade adaptar todo este material e actividades ás vosas necesidades e posibilidades horarias.

 

Espero que en poucos días poidamos volver a vernos coma sempre e que todo volva á normalidade.

Eu estou perfectamente e desexo de corazón que tod@s esteades tamén moi ben, dentro das incomodidades desta singular situación.

Moitas gracias pola vosa lectura, esforzo e comprensión!!

Seguimos en contacto!

Moitísimas apertas virtuais de ánimo para tod@s!!!

 

Juan

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut