Skip to Content

Educación Física

Cuestionario sobre os Xogos Olímpicos Antigos

Ola novamente,

Como xa sabedes, este ano estabamos a tratar os Xogos Olímpicos, así que imos aprender un pouco sobre as antigas olimpiadas que se celebraban en Grecia.

Ver este vídeo, e estade atentos, porque vaise parar e vos fará unha pregunta. Escollede soamente unha resposta. Ánimo campionas e campións!

Coordinación a través da percusión corporal para Ed Primaria

Ola de novo

Esta semana tentaremos facer un pouco coordinación a través de percusión corporal.

Segue o consellos que dábamos para facer Yoga.

Deixovos dous videos para acompañedes as cancións co ritmo de mans e pernas

Ánimo!!

Agora imos complicalo un pouco mais.

Este é o nivel avanzado, para os que lles pareceu doado o anterior.

Ainda que os videos están en inglés son faciles de seguir, tedes que repetir o que fai o profe, como se forades un dos alumnos.

Estaría moi ben, que vos inventáredes un ritmo con percusión corporal propio. Se o facedes gravadeo e compartíde!

Ánimo.

 

Coordinación a través da percusión corporal para ED. Infantil.

Ola de novo

Esta semana tentaremos facer un pouco de percusión corporal e un baile.

Segue o consellos que dábamos para facer Yoga.

Deixovos dous videos para acompañedes as cancións co ritmo de mans e pernas

Ánimo!!

 

 

PARA REPASAR ALGÚNS CONTIDOS

 REPASA TEMAS DE EDUCACIÓN FÍSICA

                (PREME NA IMAXE)

        

PARA FACER EXERCICIO

      DIVÍRTETE FACENDO EXERCICIO NA CASA

 

PARA BAILAR

     

MOVE O CORPO CON RITMO

  (FAI CLIC NA IMAXE-ENLACE)

   

 

PARA RELAXARSE

Ola, aquí vos deixamos un video con exercicios moi básicos de Yoga para Nenos, que podes facer na casa.

Recorda as seguintes recomendacións e precaucións para non mancarte:

- Busca un espazo grande onde poidas facer os exercicios sen tropezar con nada, o primeiro e a seguiridade. Agora non temos un ximnasio onde poder espallarnos.

- Se o teu ordenador está lonxe de onde vas facer os exercicios, míra primeiro o video e fai unha "chuleta" debuxando as posicións nun papel.

- Se non tes esterilla para o chan, podes utilizar unha toalla ou unha alfombra. 

- Fai sempre os exercicios en compañia. Pode ser unha boa actividade familiar. Recorda que os primeiros mestres son os pais.

- Non forces nin repitas moitas veces a mesma postura. Moi importante non lesionarse.

- Tenta facer os exercicios sempre á mesma hora, ten que ser unha rutina.  Podes facelos todos os días.

- Antes de comezar fai algo de movilidade articular.  Move as articulacións: Colo (círculos, a un lado e outro....) ombros (arriba e abaixo, adiante e atrás....) cóbados, pulso, dedos, costas, cadeira, xeonllos e nocellos.

Anímo,  a moverse un pouco!!!!

SODES UNS CAMPIÓNS E ESTADES A FACELO MOI BEN!!

 

Distribuir contido



by Dr. Radut