Skip to Content

Blog 4º19-20

Seguimos con forza!

Benquerido alumnado e familias:

Gustaríanos propoñervos unha serie de actividades para estes próximos días, que coma xa sabedes son voluntarias e orientativas, e que podedes organizar segundo mellor vos conveña.

É interesante lembrar a importancia de levar un horario diario máis ou menos estable, co tempo que vós estipuledes, e no que combinedes tarefas de distinta índole (lectura, manualidades, fichas, actividades de movemento, investigacións, música, xogos, etc.), sempre atendendo ao que consideredes máis oportuno e adecuado para cada momento.

Calquera situación cotiá  é unha plataforma perfecta de aprendizaxe, polo que non desaproveitemos situacións familiares diarias para aprender, por exemplo, unha nova receita de cociña ou unha nova tarefa doméstica…

Repasade durante estes días as actividades, traballos e proxectos que vos fomos propoñendo, profundizando naqueles que máis vos gustaron ou atrevéndevos con aqueles cos que aínda non o intentáchedes ( proxectos de investigación, caligrafía, experimentos, curtametraxes animadas, maxia, matemáticas, …)

As nosas  5 propostas  para que podades engadir ás vosas rutinas estes días, veñen referidos  no blogue de 4º do luns 16 de marzo (“70 ideas fáciles para jugar con niños en casa”): (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnazaret/system/files/70%20ideas%20alumnado%20casa_1.pdf)

Número 1 – (ver nº1) Facer un biscoito ou calquera outra receita, na que escribades/gravedes un escrito/video, onde aparezan os ingredientes e o proceso para realizalo paso por paso.

Número 2 – (ver nº4) Xogar ao voleibol cun globo.

Número 3 – (ver nº13) Debuxar retratos.

Número 4(ver nº 17) Inventarse unha canción.

Número 5 - (ver nº 33) Plantar unha semente (lentella, garavanzo, faba,…) e investigar o seu proceso de crecemento :

https://www.youtube.com/watch?v=EV6oQCPfnhw

https://www.youtube.com/watch?v=nS1QBVF39-Q

https://www.youtube.com/watch?v=eBs7lcgmo0E

Estaría xenial que fixerades algún documento (gráfico, audio, video,…) de cada actividade.

 

Ademais, se queredes practicar un pouco de galego en : http://www.crtvg.es/infantil/programas

podedes ver distintas series de debuxos en galego : “Erase unha vez o home” ou “Os contos do camiño” poden ser algunhas das nosas propostas …Cal é a vosa preferida?

 

Intentade disfrutar ao máximo con todo o que fagades!

Moito ánimo e paciencia, estamos en contacto!

 Para calquera aclaración ou dúbida  : juanmpineiro@edu.xunta.es

Decenas e centenas de saúdos, apertas e bicos!!

 

REPASANDO

Estimadas familias!

Tedes un archivo de repaso de contidos dados ata o 13 Marzo para que vaian facendo @s rapaces e rapazas.

O que non saiban facer , de momento, que non o fagan.

Moitos bicos e apertas !

Grazas pola vosa colaboración e esforzo!

Transmitide unha vez mais o meu cariño aos nanos!

Ana

Un pouco de maxia!

 Ola nenas, nenos e familias!!

Que tal van esas actividades que vos propuxemos estes días? (Proxectos de investigación, experimentos, curtametraxes, fichas, manualidades, etc.)

Lembrade que é importante que en cada casa organicedes da mellor maneira que consideredes o voso horario de traballo e as actividades que vos apetezan facer.

 

Para estes días propoñémosvos  tamén un pouquiño de maxia para disfrutar, practicar e aprender en familia.

Por un lado, investigaredes sobre a vida de René Lavand, buscando en internet cando naceu, de donde era, que características tiña que o facía diferente ao resto de ilusionistas, algún dato curioso, etc. (Non olvidedes poñer a bibliografía  ou webgrafía de onde buscades a información). Podedes escribir a información que elaboredes nun folio, libreta, lapbook, ...

Deixámosvos nestes links algunhas das súas actuacións para que coñezades as súas historias:

https://www.youtube.com/watch?v=c2uIg-Xjc64   ("Victorio de Pardú")

https://www.youtube.com/watch?v=qKssbvggDAQ    ("La belleza de lo simple")

https://www.youtube.com/watch?v=YLBx8ARXMAM       ("No se puede hacer más lento")

https://www.youtube.com/watch?v=728q0SZ_aaQ         ("No se puede hacer más lento" II)

                                    

Ademais propoñémosvos que visualicedes e practiquedes vós unha serie de xogos máxicos que seguro que cun pouco de práctica, conseguiredes asombrar aos vosos amigos e amigas dentro duns días de práctica. Escollede os que queirades!!

https://www.youtube.com/watch?v=a2uDdt7UR_E

https://www.youtube.com/watch?v=iSGDvVkoDcg

https://www.youtube.com/watch?v=b04tD3NKlu4

 

https://m.facebook.com/piedrahitaluis/videos/216712619410127/?refsrc=https%3A%2F%2Fm.facebook.com%2F354449604688234%2Fposts%2F2147590975374079%2F&_rdr

(Luis Piedrahita no facebook tamén nos axuda a aprender maxia)

 

https://www.youtube.com/watch?v=L3IfZHpxqb8        (El é un dos meus profes de maxia ;)

https://www.youtube.com/watch?v=jV5_jfpX5F8         

      

Xa veredes como, practicando todos os días un pouquiño, conseguiredes asombrarvos ata a vós mesm@s!

 

Coma sempre, esperamos que  esteades levando esta situación o mellor posible, non é facil para ninguén, pero seguro que co esforzo de tod@s e un pouquiño de maxia, conseguirémolo máis axiña e mellor :)    ...... Ánimooo e a  ilusionarnos coa maxia!!

Somos creativ@s!

Bos días a tod@s!!

Antes de nada quixésemos darvos un gran aplauso e apertas virtuais pola vosa paciencia nestas case dúas semanas que levamos nas casas...

Sodes @s auténtic@s superheroes e superheroínas de todo isto!!

Moitos ánimos e forzas para continuar!!

 

Para esta fin de semana quixésemosvos propoñer unha actividade creativa para que traballedes esa imaxinación e creatividade que vos desborda.

Para isto sería interesante que visitarades e coñecerades a Victor Nunes e a súa arte, que combina obxectos cotidianos con simples ilustracións, creando imáxenes superchulas e sorprendentes.

Visitade algunhas das súas obras e atrevédevos a crear vós tamén!

 

O enlace para que disfrutedes coas súas imaxes e vos sirvan de inspiración, é : https://www.recreoviral.com/creatividad/representaciones-objetos-cotidianos/

Para todas as marabillosas creacións que fagades, estaría xenial que lle fixerades fotos para despois compartilas.

 

Quixeramos tamén recordarvos que todas as proposicións e actividades que vos facemos chegar son totalmente voluntarias e calquera outras opcións que propoñades ás vosas fillas e fillos serán benvidas tamén.

 

Recordade que, ao mellor nestes momentos, o máis importante non é saturarse a facer fichas e fichas, senón que vaiamos deixando fluir o día a día e vaiamos vendo os mellores momentos para cada cousa que queiramos facer, sen engadir máis preocupacións  ou tensións aos atípicos días que estamos vivindo...

Seguimos en contacto familias!!

Centos de apertas e bicos para tod@s!!

 

 

 

Experimentos para nenos de primaria ...Bótalle un ollo!

Ola familias, rapazas e rapaces, nesta ocasión ,vos imos propoñer que fagades algún dos

experimentos que aparecen na seguinte ligazón:

que pasará?

Unha vez feito, podedes escribir nunha libreta ou nun folio

que precisachedes utilizar?

como comenzou?

como rematou?

e demais cousas que se vos ocurra ...

Sobre todo ¿que vos pareceu?

Moito ánimo e unha aperta moi forte!!!

 

"Curtametraxeamos"

Boas tardes familias!

Propoñémosvos para estes días un enlace para visualizar en familia e no momento que vos consideredes, distintas curtametraxes nas que se expoñen e traballan temas tan importantes coma a amizade, o respecto, o traballo en equipo, a solidariedade, o amor, etc.

É por isto que consideramos moi interesante que poidades estar reunidas para poder visualizar estas curtametraxes (ou outras que coñezades) e posteriormente comentar en grupo as vosas opinións, se vos gustou ou non e porqué, quen era a personaxe ou personaxes principais, que lle sucedía, ... facendo un pequeno debate no que cada unha expoña o que cre que esa curtametraxe quería transmitirnos.

O enlace é:

https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/familias-2/cortometrajes-educar-en-valores/

 

Son máis de 80 curtametraxes, das que recomendariamos por exemplo para comezar:

"Alike" - https://vimeo.com/194276412

"Cuerdas" - http://www.cuerdasshort.com/

"Idiots" - https://vimeo.com/79695097

"El puercoespín" - https://www.youtube.com/watch?v=zmXnl8ICK9A

"Piensa diferente" - https://www.youtube.com/watch?v=NSwXJby5bdI

 

Esperamos que disfrutedes e comentedes en familia as vosas sensacións e experiencias persoais.

Se vos apetece podedes facer por escrito un ranking coas curtametraxes mellor valoradas nas vosas familias.

Ánimo con todo e a intentar aprender algo máis cada día!!

Besotes Enormes Familias!!

 

 

 

 

EDUCACÍON FÍSICA

SE QUEREDES FACER ALGO DE EXERCICIO...

IDE BOTANDO UN VISTAZO AO APARTADO DE EDUCACIÓN FÍSICA

QUE TEDES NA PORTADA DA PÁXINA WEB DO COLE

 

PODEDES TAMÉN ENTRAR PREMENDO NESTA IMAXE

        

Cousas e reflexión

Boas tardes a tod@s!!

Quixeramos seguir propoñéndovos máis cousiñas para estes días :

https://www.rtve.es/infantil/      Unha iniciativa do Ministerio de Educación xunto con RTVE no que se traballan diariamente diferentes materias e asignaturas. O horario para o alumnado de 6 a 12 anos é dende as 9 h ata as 12 h da mañá.

 

https://es.santillanago.com/es/archivos/archivos/ESBP000000088/archivos/20120702111824445.pdf

 Material para traballar a Lingua Castelá. Sería interesante traballar 1 ou 2 fichas diariamente (xunto coas de mate e Lingua Galega que xa vos propuximos estes días pasados)

Xa por último, gustaríame compartir este enlace (sobretodo coas nais e pais) :

 http://xtobal-educacioninfantil.blogspot.com/    

pois paréceme moi interesante a reflexión que o autor fai da actual situación no mundo da Educación.

 

Recordade que calquera suxerencia ou ideas que teñades podedes compartila por aquí ou enviala a : juanmpineiro@edu.xunta.es

Coma sempre, moito ánimo con todo e moitas apertas virtuais!!

MÚSICA

Ola!

Aquí tedes o enlace onde atoparedes as propostas de traballo para casa. Tamén podedes atopar o enlace na páxna web do centro.

Botádelle un ollo de cando en vez.

Un saúdo

http://anarodal.wixsite.com/portico/cuarto

Boas noites e fin de semana

Boas noites familias!!

Para esta fin de semana propoñémosvos algunhas opcións de traballo :

 

https://es.santillanago.com/es/archivos/archivos/ESBP000000109/archivos/20120725125816443.pdf

* Poemas en Lingua Galega. Escolle o que máis che guste, cópiao, fai un debuxo e explica porqué é o poema que máis che gusta.

 

https://es.santillanago.com/es/archivos/archivos/ESBP000000109/archivos/20120725130138403.pdf      

*  Material para traballar a gramática en Lingua Galega. Interesante facer 1 ou 2 páxinas a diario (xunto coas de mate :)

 

* Escollede dúas destas 3 tarefas :

1- Debuxar retratos - (ver número 13*),

2- Gravar un programa de radio - (ver número 14*)  e/ou

3- Dobrar unha peli -(ver número 15 *)  

das  * "70 ideas fáciles para jugar dentro de casa" que  vos propuxemos  na entrada do blogue do luns 16.

Facede algún debuxo, audio, video e/ou fotografía de cada unha das actividades que fagas.

 

Coma sempre, moito ánimo e apertas dixitais para tod@s!!

Distribuir contido


by Dr. Radut