Skip to Content

Blog 4º19-20

PROPOSTA DE TRABALLO DO 11 AO 18 DE MAIO para Educación Física.

Ola a todas/os,

Xa está publicada a proposta para actividades de Educación Física para esta semana no blog.

Seguimos co Atletismo.

Seguide facendonos chegar as vosas fotos practicando deporte estes días, para podelas subir ao blogue.

Moito ánimo.

Propostas de repaso

Ola a tod@s!

Que tal estades?

A verdade e que apetéceme saber de tod@s  vos, por iso vos propoño que me escribades unha carta dicíndome

como  estades ,que cousas facedes , como vos sentides, anéctodas o que queirades contarme ...as vosas  

familias faranmas chegar e alegrareime un montón, non esquenzades que aínda que non vaiamos ao cole o curso

escolar aínda está por rematar.

Como moitas veces vos lembramos debedes continuar a ter cada día un pouquiño de tempo adicado a

tarefas  escolares. ben sexan as propostas que se colguen no blogue como as actividades que vos deixamos de

repaso.

Agora sodes vos  os que tedes que planificar o voso tempo, e xestionar a gañas de facer tarefas, que as veces

nos custa a tod@s, seguro que o facedes moi ben, animádevos a escribirme!

 

Déixovos dous ficheiros, un de repaso e outro de emocións...

En espera de recibir as vosas cartas mándovos unha aperta para cada unha/un e miles de bicos!

 

 

 

 

 

 

 

 

Repaso Números romanos

Bos días rapazada!

 

Que tal o ides levando cos vosos  novos proxectos de investigación e demais traballos e actividades?...

 

Espero que vaian ben, pouco a pouco, amodiño, pero con boa letra...

 

 O importante é que teñades esa rutina e hábito persoal de traballo todos os días, seguindo as normas e o que  vos propoñan dende as vosas casas (lembrade que o que digan as vosas familia, é o mesmo que  eu vos diría).

 

Para estes días e semanas gustaríame que puiderades repasar tamén os números romanos.

 

Para iso envíovos os seguintes enlaces :

http://www.elabueloeduca.com/aprender/matematicas/numeros_romanos/numeros_romanos.html

Repaso das normas dos números romanos.

 

Actividades para facer na rede :

 

http://www.dibujosparapintar.com/juegos_relacionar/juego_3  

 

https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/todo_mate/actividades5/tema1_P5/tema1_pr5_p.html

 

https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/todo_mate/actividades5/tema1_P6/tema1_pr6_p.html

 

https://www.testeando.es/Los-numeros-romanos-muvxtfnj  

Test tipo concurso.

 

- Por se quedáchedes con gañas de seguir practicando os números romanos: (ampliación)

http://repositorio.educa.jccm.es/portal/odes/matematicas/primaria_numeros_romanos/index.html?utm_source=tiching&utm_medium=referral

 

http://ares.cnice.mec.es/matematicasep/colegio/romanos.html

 

https://www.educanave.com/primaria/matematicas/numerosromanos.htm

 

 

Tamén quixera comentarvos que máña venres, a partir das 19.00h da tarde, haberá unha nova estrea de videos na nosa canle de You tube :

 

O Canal de Marcelino 4A Nazaret 

  https://www.youtube.com/channel/UCUtYvYJHGquOqrknCW8Z3ZQ

 

Non volos perdades!!!

Quedaredes coa boca aberta!!!!

 

 

Bueno, despidome de vós no blogue ata o próximo martes, espero que teñades unha boa fin de semana, que disfrutedes dos vosos paseos (eu tamén ;) e seguimos en contacto polo correo ou no grupo de wassap!!

 

Centos de apertas e bicos virtuais para tod@s!!!

 

Material matemático

Ola a tod@s!

Despois da agradable sorpresa que onte nos deu Marcelino ao aparecer nun video da nosa canle de you tube :

 O Canal de Marcelino 4A Nazaret  https://www.youtube.com/watch?v=5ZrONA20oXI 

quixera comentarvos que a Marcelino gustoulle moito saír no video e dime que espera poder saudarvos noutros videos, se vós queredes!! 

Tamén me dixo que vos animedes a enviarlle máis videos!!

Está aprendendo moito con todo o que estades facendo!!!

 

Por outra banda, quixera propoñervos algo de material matemático para estes próximos días e semanas: unha páxina web e fichas de problemas.

A páxina web xa a coñecen  "Vedoque.com", pero esta actividade non a fixeramos aínda no cole.

Trátase de completar Pentominós, por libre ou en quebracabezas, no que teremos que rotar e inserir distintas pezas para completar as casillas e niveis. Está neste enlace : https://vedoque.com/juegos/matematicas/pentomino/

(Tamén podedes repasar máis xogos que coñecedes na mesma páxina web).

 

Dos problemas matemáticos que vos propoño para estas semanas, sería interesante que poiderades incorporalas  ás vosas rutinas e hábitos de traballo, recomendando baixo o meu punto de vista, 2 ou 3  problemas ao día.

O máis importante neste caso sería coller a rutina de facelos todos os días, lendo e relendo o problema, entendendo qué nos pregunta, subraiando, facendo algún debuxo ou esquema que nos permita distinguir os datos máis importantes, que o resultado teña sentido co que nos preguntan, etc.

Das 64 follas de problemas, eu recoméndovos facer ata a páxina 12, pero se alguén quere  continuar...

 

Nesta semana poñereime en contacto coas familias que me comentáchedes que necesitábades algo de material impreso de L.G., (tamén incluín este material matemático).

Tedes todas as fichas de problemas no ficheiro que vos adxunto.

 

Lémbrade tamén repasar os blogues dos profesores especialistas (onte no blogue de Educación Física, colgouse un enlace moi recomendable para mover o noso corpo: https://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa )

 

 

Nada máis de momento, o xoves colgarei algún artigo máis no blogue e tamén outras suxerencias didácticas.

 

Espero e desexo que esteades investigando profundamente neses temas que resultan do voso interés, pois tanto Marcelino coma eu e o resto de compis, estamos desexando aprender moito dos vosos traballos e investigacións!!

 

 

Coma sempre, moito ánimos e forzas que xa queda menos!!

 

Unha chea de apertas para tod@S!!!

 

Reflexións e recomendacións

Ola a tod@s!

Para este mes de maio que iniciaremos en poucas horas, e pasadas xa case 7 semanas nas nosas casas, gustaríame comentarvos a nivel xeral, unha serie de recomendacións/reflexións persoais para estes próximos días:

 

O máis importante para min coma mestre (a parte de que esteades tod@s ben), é que teñades uns horarios e unhas rutinas establecidas nas vosas casas, para non perder os hábitos de estudo e de traballo, tendo en conta  a situación de cada fogar, pois evidentemente será distinto en cada caso.

Foi por iso que dende o principio propúxenvos (e seguirei propoñendo) actividades cun amplo abanico de posibilidades para realizalas, para que cada familia poida adaptalas ás súas circunstancias persoais. Dende fichas, traballos de investigación, xogos, experimentos, receitas de cociña, maxia, mindfulness, experimentos, música, manualidades, curtametraxes, ... etc.

 

Como xa sabedes familias, a miña forma de entender a aprendizaxe e a educación na escola, non pode estar baseado únicamente en facer e facer fichas ou actividades dun libro nunha libreta ou nun ordenador.

Os procesos de aprendizaxe reais (actualmente os estudos científicos así o avalan a través da Neurociencia, dándollle por exemplo ás emocións un papel fundamental e prioritario en todo este proceso), suceden cando todo o noso ser está involucrado e motivado en querer aprender algo novo dun xeito activo, creativo, participativo e integral.

 

Baixo esta breve premisa e tendo en conta a situación actual na que nos atopamos tod@s, e sempre segundo o meu punto de vista profesional e humano, gustaríame que seguirades priorizando  as actividades nas que se involucran globalmente máis Competencias* (* "Combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento, que se movilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Un "saber facer". Decreto 105/2014 curriculo de ed. primaria en Galicia)

 

A nivel xeral, os Traballos de Investigación que vos propuxen (tal e como viñamos facendo de xeito cooperativo no cole), no que o alumnado expoñía a información, dun xeito o máis creativo posible respecto a un tema do seu interese, planificando, estructurando a información que quere aprender en apartados, comparando e buscando distintas informacións na web ou nos libros, seleccionando, copiando, recortando, pegando, memorizando, etc.......e expresando todas as súas conclusións por medio dun lapbook, powerpoint ou por calquera outro medio. Traballando deste xeito elementos tan importantes coma a expresión oral, corporal, escrita, ... ademais doutros contidos transversais.

A idea é que isto, o fagan da maneira o máis autónoma posible, dentro das diferentes situacións familiares nas que estades convivindo.

 

Sería moi interesante e importante que esto o poidérades gravar en vídeo ou en fotos para poder compartilo conmigo, e se vos apetece, co resto de compañeir@s no canal de You tube que temos, e que se chama :  

  " O Canal de Marcelino 4A Nazaret

(os próximos días colgarei máis videos que me estades enviando. Gracias!!)

 

Por outra banda, quixera lembrar o interese que teño tamén en que me enviedes os vosos escritos o luns e venres de todas as semanas de maio (ou se negociades, unha soa redacción á semana...)  para poder contestarvos ao que me escribades, decíndome como vos ides sentindo, que cousas facedes todos os días, que é o momento que máis vos gusta do día, etc ... e así eu tamén contarvos, se queredes, algo do que fago diariamente ou como me sinto eu tamén nalgúns momentos.

 

Respecto ás fichas que algún alumnado está facendo e que puxemos no blogue a mediados de marzo, preferiría que as seguírades gardando e soamente naquelas que teñades dúbidas, mas fagades chegar por correo electrónico.

É evidente que algunhas das cuestións e exercicios que poden aparecer nestas fichas estándar, aínda non foran tratadas na clase, polo que tedes a opción de deixalas sen facer ou investigar como poder facelas.

Se colledes a segunda opción enviádesme un correo e eu enviareivos uns enlaces para que vos axuden a facer esas actividades ou exercicios.

 

Bueno, quédanme máis temas para comentarvos no tinteiro, pero xa os iremos desgranando ao longo destas semanas.

 

Por último, quixera propoñervos como actividade para estes días un xogo no que necesitaredes un dado.

No archivo que vos adxunto aparece unha foto dun cadrado numerado do 1 ao 6, con distintas frases.

Por fóra dese  cadrado aparece escrito : "¿Qué harías si..." e dentro do cadrado aparecen unha serie de opcións en forma de frases.

Tira o dado dúas veces e escolle a túa opción no cadrado-taboleiro (case sempre haberá dúas opcións, por exemplo se sacas no dado un 3 e un 5 o resultado podería ser "Poder cambiar el pasado" ou "Ganar un premio").

 

Podedes facer esta actividade en familia oralmente ou individualmente, por escrito ou gravando un audio ou video coas vosas creativas respostas.

Tamén podedes cambiar algunha das frases e facer o voso propio taboleiro!!

A ver que se vos ocurre!!

 

 

Perdonade pola lonxitude deste artigo...seguimos en contacto, para calquera dúbida ou necesidade que teñades facédemea saber no correo electrónico: juanmpineiro@edu.xunta.es , polo Abalar móvil ou en último caso polo grupo de wassap da clase.

 

Moitas gracias pola vosa lectura e comprensión!!

 

 

Moitas apertas a tod@s!!!

 

Algúnhs resultados das propostas, xenial!

Que tal? Como estades?
 
Supoño que moito mellor, os días van pasando, xa podemos facer mais cousas, sair a rúa,
 
xogar, pasear, correr...e co tempo faremos  moitas mais . 
 
Ánimo que sodes "marabillos@s"!
 
Nestes días vou ir deixando fotos dos lapbook que estades a facer así coma outras propostas
 
de mais experimentos,xa que ben sabemos que a algunhas e a algúns encántavos facelos, ésta vez 
 
levan unha  explicación do que sucede.
 
 
Podedes mandarme un escrito ou debuxo de como vos sentíchedes o Domingo 26 de Abril cando
 
saíchedes a rúa despois de  tanto tempo,si  queredes facédemo  saber, encantaríame! 
 
Moitas gañas de veros,quérovos!
 
 
Déixovosos enlaces dos experimentos:
 

  1 FRECHAS MÁXICAS

  2 SUPER PLANTAS 

  3 A CORTIZA MERGULLADORA 

  4 VASO MÁXICO

  5 CAVERNA DE CRISTAIS

  6 COLUMNA DE DENSIDADES

 

1 CANTO ESTADES A APRENDER SOBRE AS PLANTAS? PINCHA NO ENLACE E COMPROBA

     AS PLANTAS

2.TEDES TAMÉN DOUS ARCHIVOS PARA PRACTICAR A ATENCIÓN

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 
 
 
 

Científic@s loc@s??

Ola nenos e nenas e familias:

 

Catro d@s máis reputados científic@s  do mundo, móstrannos algún dos seus experimentos máis recoñecidos!!

Quedaredes coa boca aberta!!wink

 

Este son os enlaces onde os poderedes ver a partir das 21.00h desta noite :

 

 https://www.youtube.com/watch?v=P2fYzevVJLs&t=6s

https://www.youtube.com/watch?v=0IzTMs_fgI8

https://www.youtube.com/watch?v=oLC9m-7gvgM

https://www.youtube.com/watch?v=C60sM9rgsi4  

https://www.youtube.com/watch?v=rvUyKd1B4PA

 

Se coñecedes máis científic@s, enviádenos os seus videos!!

Comprensión lectora e redacións

Ola familias, nenos e nenas :

Moitas grazas por todos os escritos da vosa fin de semana que me estades enviando!!

Gústanme moito, moito, moito  e penso que  estaría xenial que o luns e o venres de cada semana fixerades unha redación na que me contedes, sobretodo, como vos sentides e que cousas facedes, que é o que máis vos gusta facer e o que menos, se estades facendo outro proxecto de investigación, se xogades moito á consola, se sentides algún tipo de medo, angustia, nerviosismo, en algúns momentos.... Todo o que queirades e vos apeteza.....Cun debuxo quen queira, para rematalo.

Nun folio, nunha libreta ou algunha vez tamén no ordenador.

Marcelino e eu estaremos encantados de ler as vosas redacións!!

Como Marcelino ten a vista un pouco delicada e no móbil non ve moi ben, estaría xenial que me enviárades os vosos escritos mellor ao meu e-mail :    juanmpineiro@edu.xunta.es

 

Déixovos tamén, tal e como me pediu algunha familia, un pouco máis de material de L.C., neste caso de Comprensión Lectora Autocorrectora, para que o propio alumnado poida xestionar os seus resultados e melloralos (Competencia Aprender a Aprender) de xeito máis autónomo.

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/Comprension_lectora/portada2.html

Eu recoméndovos facer 1 ou 2 lecturas ao día, empezando coas de 3º de primaria que están moi ben tamén.

 

Pero lembrade, que estas soamente son suxerencias miñas, cada familia debe organizarse segundo as súas circunstancias, situación e posibilidades, por iso intentamos dar o maior abanico de posibilidades. (Podedes repasar algunha das actividades propostas os primeiros días)

Aínda así, o mellor será sempre que me comuniquedes persoalmente as dúbidas que vos poidan xurdir respecto a esta forma de traballar. Intentarei, de corazón, adaptarme a cada unha das necesidades e inquedanzas que poidades ter, dentro das miñas posibilidades.

 

Unha aperta coma sempre moi grande para tod@s!!!

 

 

 

 

Pd- Esta noite haberá estreno de videos no canal de you tube ás 21.00h. Non volos perdades!!!

Investigacións

Ola familias:

Aquí déixovos 3 enlaces coas mellores informacións actuais respeto ao tema da Covid-19, da man dalgunhas das mellores investigadoras do panorama científico-sanitario actual.

O seu estreno mundial está programado para as 23.00 h da noite deste luns 27 de abril.

 

https://youtu.be/7-dmfRrUjj8

https://youtu.be/kKjYeg1Q3Rs

https://youtu.be/VadncU5RtXo

 

Desexamos sexan do voso interese!!

 

Apertas!!!

Outro día especial

Ola nenas e nenos e familias!!

Espero que onte fose un día moi especial e que o disfrutárades moito! Hoxe seguro que tamén!!

Estou desexando ler as redacións  coas vosas sensacións de cando onte vos preparávades para saír, se durmíchedes ben do sábado ao domingo, se estábades nervios@s, intranquil@s, etc..Tamén estaría xenial que fixérades debuxos deses momentos ou de días posteriores e que tamén os gardedes e lles saquedes fotos.

Quen se anime aínda máis, pode facer un audio ou un video compartindo a súa experiencia dos momentos que está na rúa, se vos atopades con alguén coñecido ou cómo vos sentides ao volver a casa... Todo o que poidades contar e expresar por calquera canle está xenial, pois axúdanos moitas veces para sentirnos un pouco mellor e incluso desafogarnos.

Queiro deixarvos tamén un pouquiño máis de material, neste caso de L.G., xa que unha familia pediume algo máis de material, déixovos 5 lecturas coas súas correspondentes actividades de comprensión lectora para que as organicedes se fosen do voso interés (son de animais con sopas de letras, buscar diferenzas, preguntas sobre o texto, etc.)

Se algunha familia ten problemas coa impresora, pode copiar as preguntas e facelo nunha libreta ou folio.

Outra opción pode ser que vos poñades en contacto conmigo e que intente, por medio do equipo directivo e dunha mensaxería, enviarvos a casa este material fotocopiado. En caso de que algunha familia necesitedes este servizo, o plazo de envío do material de fotocopias sería cada 15 días.

En breves irei colgando no blogue os vosos magníficos e xeniais traballos audiovisuais.

Desexamos coma sempre que esteades moi ben; con moitos ánimos, forza e paciencia para tod@s!!

Apertas e bicos mil!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut