Skip to Content

Reflexións e recomendacións

Ola a tod@s!

Para este mes de maio que iniciaremos en poucas horas, e pasadas xa case 7 semanas nas nosas casas, gustaríame comentarvos a nivel xeral, unha serie de recomendacións/reflexións persoais para estes próximos días:

 

O máis importante para min coma mestre (a parte de que esteades tod@s ben), é que teñades uns horarios e unhas rutinas establecidas nas vosas casas, para non perder os hábitos de estudo e de traballo, tendo en conta  a situación de cada fogar, pois evidentemente será distinto en cada caso.

Foi por iso que dende o principio propúxenvos (e seguirei propoñendo) actividades cun amplo abanico de posibilidades para realizalas, para que cada familia poida adaptalas ás súas circunstancias persoais. Dende fichas, traballos de investigación, xogos, experimentos, receitas de cociña, maxia, mindfulness, experimentos, música, manualidades, curtametraxes, ... etc.

 

Como xa sabedes familias, a miña forma de entender a aprendizaxe e a educación na escola, non pode estar baseado únicamente en facer e facer fichas ou actividades dun libro nunha libreta ou nun ordenador.

Os procesos de aprendizaxe reais (actualmente os estudos científicos así o avalan a través da Neurociencia, dándollle por exemplo ás emocións un papel fundamental e prioritario en todo este proceso), suceden cando todo o noso ser está involucrado e motivado en querer aprender algo novo dun xeito activo, creativo, participativo e integral.

 

Baixo esta breve premisa e tendo en conta a situación actual na que nos atopamos tod@s, e sempre segundo o meu punto de vista profesional e humano, gustaríame que seguirades priorizando  as actividades nas que se involucran globalmente máis Competencias* (* "Combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento, que se movilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. Un "saber facer". Decreto 105/2014 curriculo de ed. primaria en Galicia)

 

A nivel xeral, os Traballos de Investigación que vos propuxen (tal e como viñamos facendo de xeito cooperativo no cole), no que o alumnado expoñía a información, dun xeito o máis creativo posible respecto a un tema do seu interese, planificando, estructurando a información que quere aprender en apartados, comparando e buscando distintas informacións na web ou nos libros, seleccionando, copiando, recortando, pegando, memorizando, etc.......e expresando todas as súas conclusións por medio dun lapbook, powerpoint ou por calquera outro medio. Traballando deste xeito elementos tan importantes coma a expresión oral, corporal, escrita, ... ademais doutros contidos transversais.

A idea é que isto, o fagan da maneira o máis autónoma posible, dentro das diferentes situacións familiares nas que estades convivindo.

 

Sería moi interesante e importante que esto o poidérades gravar en vídeo ou en fotos para poder compartilo conmigo, e se vos apetece, co resto de compañeir@s no canal de You tube que temos, e que se chama :  

  " O Canal de Marcelino 4A Nazaret

(os próximos días colgarei máis videos que me estades enviando. Gracias!!)

 

Por outra banda, quixera lembrar o interese que teño tamén en que me enviedes os vosos escritos o luns e venres de todas as semanas de maio (ou se negociades, unha soa redacción á semana...)  para poder contestarvos ao que me escribades, decíndome como vos ides sentindo, que cousas facedes todos os días, que é o momento que máis vos gusta do día, etc ... e así eu tamén contarvos, se queredes, algo do que fago diariamente ou como me sinto eu tamén nalgúns momentos.

 

Respecto ás fichas que algún alumnado está facendo e que puxemos no blogue a mediados de marzo, preferiría que as seguírades gardando e soamente naquelas que teñades dúbidas, mas fagades chegar por correo electrónico.

É evidente que algunhas das cuestións e exercicios que poden aparecer nestas fichas estándar, aínda non foran tratadas na clase, polo que tedes a opción de deixalas sen facer ou investigar como poder facelas.

Se colledes a segunda opción enviádesme un correo e eu enviareivos uns enlaces para que vos axuden a facer esas actividades ou exercicios.

 

Bueno, quédanme máis temas para comentarvos no tinteiro, pero xa os iremos desgranando ao longo destas semanas.

 

Por último, quixera propoñervos como actividade para estes días un xogo no que necesitaredes un dado.

No archivo que vos adxunto aparece unha foto dun cadrado numerado do 1 ao 6, con distintas frases.

Por fóra dese  cadrado aparece escrito : "¿Qué harías si..." e dentro do cadrado aparecen unha serie de opcións en forma de frases.

Tira o dado dúas veces e escolle a túa opción no cadrado-taboleiro (case sempre haberá dúas opcións, por exemplo se sacas no dado un 3 e un 5 o resultado podería ser "Poder cambiar el pasado" ou "Ganar un premio").

 

Podedes facer esta actividade en familia oralmente ou individualmente, por escrito ou gravando un audio ou video coas vosas creativas respostas.

Tamén podedes cambiar algunha das frases e facer o voso propio taboleiro!!

A ver que se vos ocurre!!

 

 

Perdonade pola lonxitude deste artigo...seguimos en contacto, para calquera dúbida ou necesidade que teñades facédemea saber no correo electrónico: juanmpineiro@edu.xunta.es , polo Abalar móvil ou en último caso polo grupo de wassap da clase.

 

Moitas gracias pola vosa lectura e comprensión!!

 

 

Moitas apertas a tod@s!!!

 

AdxuntoTamaño
Oraciones condicionales – tablero _ Zdania warunkowe – gra – Lengua Larga – tu sitio de español.pdf254.2 KB


blog | by Dr. Radut