Skip to Content

Somos creativ@s!

Bos días a tod@s!!

Antes de nada quixésemos darvos un gran aplauso e apertas virtuais pola vosa paciencia nestas case dúas semanas que levamos nas casas...

Sodes @s auténtic@s superheroes e superheroínas de todo isto!!

Moitos ánimos e forzas para continuar!!

 

Para esta fin de semana quixésemosvos propoñer unha actividade creativa para que traballedes esa imaxinación e creatividade que vos desborda.

Para isto sería interesante que visitarades e coñecerades a Victor Nunes e a súa arte, que combina obxectos cotidianos con simples ilustracións, creando imáxenes superchulas e sorprendentes.

Visitade algunhas das súas obras e atrevédevos a crear vós tamén!

 

O enlace para que disfrutedes coas súas imaxes e vos sirvan de inspiración, é : https://www.recreoviral.com/creatividad/representaciones-objetos-cotidianos/

Para todas as marabillosas creacións que fagades, estaría xenial que lle fixerades fotos para despois compartilas.

 

Quixeramos tamén recordarvos que todas as proposicións e actividades que vos facemos chegar son totalmente voluntarias e calquera outras opcións que propoñades ás vosas fillas e fillos serán benvidas tamén.

 

Recordade que, ao mellor nestes momentos, o máis importante non é saturarse a facer fichas e fichas, senón que vaiamos deixando fluir o día a día e vaiamos vendo os mellores momentos para cada cousa que queiramos facer, sen engadir máis preocupacións  ou tensións aos atípicos días que estamos vivindo...

Seguimos en contacto familias!!

Centos de apertas e bicos para tod@s!!

 

 

 



blog | by Dr. Radut