Skip to Content

Actividades para traballar na casa

Ola familias!!

Tal e como vos comentaba o venres por Abalar, déixovos unhas cantas actividades para que poidades realizar estes días na casa, dentro das posibilidades que teñades cada familia.

O ideal sería que cada día fixeran unha actividade de : mate-cálculo mental, lectura-comprensión lectora, visualizar algunha serie-debuxos en galego, pintar-crear en plástica, algo de grafomotricidade e escritura ... e/ou calquera outra actividade que consideredes (por exemplo, que vos axuden a cociñar un postre (escollendo ingredientes, pesando cantidades, controlando tempos no reloxo,...) xogar ao parchís-oca ou calquera outro xogo de mesa, construir avións de papel, xogar ao voleibol cun globo, etc.)

Ademais se fose necesario que vos conectárades á Aula Virtual, un profe se encargará de darvos toda a información necesaria para iso.

A maioría das actividades intentei escollelas dun pequeno ábaco de páxinas web para que vos fora máis sinxelo.

Estas serían (a maioría son para traballar on-line) :

Cálculo mental-matemáticas

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=bombillas&l=es

Xogo de conteo matemático (mellor empezar no nivel 2)

 

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=suma10&l=es

Xogo para sumar 10. Con tempo limitado

 

https://www.vedoque.com/juegos/granja-matematicas.html

Xogo de sumas e restas con tempo ilimitado. Podedes utilizar calquer tipo de material para axudarvos a sumar.

 

https://vedoque.com/html5/matematicas/domino/

Xogo de dominó, xa practicado na clase.

 

https://vedoque.com/html5/matematicas/sumamonedas/

Xogo con moedas de euros para contar e sumar.

 

https://vedoque.com/juegos/matematicas/dados/

Xogo de cálculo mental con dados e tempo limitado.

Atención

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=iguales&l=es

Traballo de atención, que necesita rapidez. Xa traballado na aula, pero necesitarán da vosa axuda para marcalos.

 

Lectura

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=Otono&l=es

https://vedoque.com/html5/lectura/lectura2/

https://www.vedoque.com/html5/lectura/lectura3/

https://www.vedoque.com/html5/lectura/lectura4/

https://www.vedoque.com/html5/lectura/lectura5/

 

Comprensión lectora

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/la-pirata-lorena

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/la-primera-pizza

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/bicicleta

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/que-es-una-cremallera

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/sol

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/pilarin-munecas

https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/la-leyenda-del-queso

Nestas lecturas sería interesante que as familias lle lerades o pequeno texto, para que el@s contestasen as preguntas de comprensión que hai a continuación. (pode ser necesario que lle leamos o texto 2,3 ou máis veces, para unha mellor comprensión do mesmo) (hai bastante publicidade nestas páxinas)

Lingua Galega :

http://www.crtvg.es/infantil/programasNesta páxina atoparedes bastante variedade de programas, series e debuxos en galego.

Eu destacaría, por exemplo :

http://www.crtvg.es/infantil/programas/os-contos-do-camino

http://www.crtvg.es/infantil/programas/as-aventuras-de-minchi

 

Plástica

https://www.recreoviral.com/creatividad/representaciones-objetos-cotidianos/

Aínda que esta actividade a íamos  traballar estes días na aula, vouvos propoñer que lle botedes un vistazo a esta páxina do artista brasileiro Victor Nunes  e intentedes pensar en crear algo parecido nas vosas casas... Seguro que coa vosa imaxinación e creatividade faredes cousas superchulas!!

 

Para imprimir : (Importante : Durante estes días, nun principio,se vos facilitará algún material impreso para que traballen tamén a escritura).

Se necesitades a maiores imprimir algunha destas actividades poñedevos en contacto con Bego a profe de 1ºB( bfontenla@edu.xunta.es) ou co cole directamente para que vos faciliten a impresión)

Para traballar a grafomotricidade :

https://drive.google.com/file/d/0B4W3NTspSaf_bHN6NDNpSnM1VEE/view

https://www.mundoprimaria.com/dibujos-para-colorear  

Multitude de debuxos para imprimir e colorear.

 

Lecturas en familia :

https://cuentosparadormir.com/cuentos-ilustrados

Interesantes páxina web con moitos contos nos que se traballan diferentes e importantes valores. Lidos algúns na clase.

 

Curtametraxes  para ver en familia:

https://www.youtube.com/watch?v=NSwXJby5bdIhttps://www.youtube.com/watch?v=zmXnl8ICK9A

https://www.youtube.com/watch?v=4INwx_tmTKw

https://vimeo.com/194276412

https://www.youtube.com/watch?v=TvLV5Iy6YDk  (en catalán con subtítulos en castellano)

 

Lembrade adaptar todo este material e actividades ás vosas necesidades e posibilidades horarias.

 

Espero que en poucos días poidamos volver a vernos coma sempre e que todo volva á normalidade.

Eu estou perfectamente e desexo de corazón que tod@s esteades tamén moi ben, dentro das incomodidades desta singular situación.

Moitas gracias pola vosa lectura, esforzo e comprensión!!

Seguimos en contacto!

Moitísimas apertas virtuais de ánimo para tod@s!!!

 

Juan

 

 



blog | by Dr. Radut