Abril-maio 2017
Durante todo este curso, seguindo o proxecto da Biblioteca "Sorpresiña toca, baila e canta", en cada clase buscamos información sobre unha Comunidade Autónoma para realizar un produto final. Tamén, no Nadal cantamos panxoliñas, no Entroido disfrazámonos cos traxes típicos rexionais e fixemos as bandeiras...
Agora, coincidindo co Día do Libro, encargámonos de realizar unha exposición oral en galego, por curso, para dar a coñecer a todos os compañeiros e compañeiras os traballos realizados durante todo este tempo: libros, presentacións, vídeos, títeres, etc.
As exposicións foron as seguintes:
- Infantil: Galicia.
- 1º Primaria: Andalucía.
- 2º Primaria: País Vasco.
- 3º Primaria: Cataluña.
- 4º Primaria: Comunidade Valenciana.
- 5º Primaria: Madrid.
- 6º Primaria: Aragón.
Premendo nesta imaxe podedes acceder á galería para ver todas as exposicións.