Skip to Content

Curso 2016-2017

ACTO DE RECOÑECEMENTO AO ALUMNADO TITOR E COLABORADOR NO PROGRAMA TEI

Xoves 8 de xuño de 2017

ACTO DE RECOÑECEMENTO AO ALUMNADO TITOR E COLABORADOR

                      NO PROGRAMA TEI DURANTE O CURSO 2016-17                                            

A piques de rematar o curso 2016-17 o alumnado de 5.º de Primaria, que exerceu de Titor ou Colaborador do alumnado de 3.º de Primaria no programa de Titoría entre Iguais (TEI), recibiu o recoñecemento á labor realizada durante este curso nun acto celebrado no noso colexio o día 8 de xuño de 2017 diante de todo o alumnado e profesorado.

 

Os seus propios titorizados/as foron os encargados de facerlles entrega do Diploma de Recoñecemento de Titor/a ou Colaboradora.

Noraboa a todas e todos eles! Grazas polo traballo realizado! Non esquezades esta experiencia e seguide traballando na procura da resolución de conflitos mediante o diálogo.

Na seguinte foto podedes ver xuntos a todos os orgullosos Titores, Colaboradora e titorizados.

(Premede nas fotografías para acceder á galería)

 

PRESENTACIÓN DAS PARELLAS DE TITORES E TITORIZADOS PARA O CURSO 2016-2017

Venres, 21 de outubro de 2016

PRESENTACIÓN DAS PARELLAS DE TITORES E TITORIZADOS QUE TRABALLARÁN NO PROGRAMA DE "TITORÍA ENTRE IGUAIS" DURANTE O CURSO 2016-2017.

 

           Tanto os alumnos e alumnas de 5.º de primaria que exercerán a función de "titores e titoras" durante este curso escolar...

           

            como o alumnado de 3.º de primaria que será titorizado...

          

agardaban con moita impaciencia e expectación que chegase o día de coñecer a súa parella de "titor/a" ou "titorizado/a" respectivamente.

         O día elexido para a presentación das parellas de titores/as- titorizados/as foi o 21 de outubro. O alumnado e profesorado-titor de 5.º e de 3.º de primaria xuntouse coa coordinadora do programa TEI e, unha a unha, todas as parellas foron sendo presentadas. A continuación, cada membro da parella tivo ocasión de coñecer máis ao seu compañeiro/a  a través das entrevistas que se realizaron mutuamente.

         

         Finalmente, xuntámonos varias parellas de titores/as-titorizados/as para tratar de realizar en pequeno equipo algunhas actividades cooperativas que supuxeron un reto para nós e coas que o pasamos moi ben. Como non nos deu tempo a rematalas, o mércores seguinte xuntarémonos outra vez para continuar con elas. 

          

    Esta ocasión tamén foi aproveitada para facernos as fotos das parellas de titores-titorizados e da parella de titor-titorizado que contará coa axuda dunha compañeira "colaboradora".    

           As parellas de titor/a- titorizado/a son as seguintes:

            SARA-DIEGO

            ALEX-ANDRÉ

            BRAIS-YOEL

            HÉCTOR-ARÓN

            DANI-TOMÁS

            ALEXANDRA-LEO

            DAVID-XOÁN

            PAULO-NOA

            DANIEL-DANIELA

            SAMUEL-CÉSAR

             HUGO (titor), NATASHA (colaboradora)-SEBASTIÁN (titorizado)

 

ACTO DE NOMEAMENTO DO ALUMNADO TITOR E COLABORADOR DURANTE O CURSO 2016-2017

Mércores, 19 de outubro de 2016

NOMEAMENTO DO ALUMNADO TITOR E COLABORADOR NO PROGRAMA TEI DURANTE O CURSO 2016-2017

         Foron intensas as semanas de traballo que o grupo-clase de 5.º de primaria realizara en relación á súa iniciación no programa de Titoría entre iguais (TEI): traballo de cohesión de grupo, sensibilización e información sobre a participación activa do alumnado para dinamizar a convivencia no centro educativo a través do diálogo e para previr a violencia e o acoso escolar, e, finalmente varias sesións de formación inicial sobre o que é "o bullying", as súas consecuencias, as cualidades que debe ter un bo titor no TEI, como funciona  o procedemento de titorización que empregaremos no programa de Titoría entre iguais, o proceso de traballo e de formación permanente que realizarán ao longo de todo este ano académico no marco deste programa no que o alumnado de 5.º de primaria titorizará ao alumnado de 3.º durante este curso, etc, etc. 

        O programa TEI foi tan ben acollido polo alumnado de 5.º de primaria que ao remate da formación inicial todos e cada un dos alumnos e alumnas desta clase fixeran a súa solicitude para ser titor ou titora. 

         E... por fin chegou o día que con tanta ilusión e impaciencia agardaban: o día no que serían nomeados oficialmente "titores e titoras"! Risa

        Para tan importante ocasión todo o alumnado e profesorado do colexio foi convocado ao "Acto de nomeamento" que celebramos o pasado mércores 19 de outubro ás 14 horas.

        

        O Acto de nomeamento do alumnado titor e colaborador no programa TEI foi presentado e presidido pola directora do noso colexio, Elena.

         

         

        Durante o evento todos os alumnos e alumnas de 5.º de primaria recibiron os seus diplomas de nomeamento e os seus carnés de titor/a ou colaborador/a de mans do profesor Eliseo, titor de 5.º, e da profesora  Rosana, coordinadora do programa TEI no centro no momento actual.

           Recibiron diploma de nomeamento e carné de titor ou titora:

DANIEL, SAMUEL, DANI, PAULO, HÉCTOR, BRAIS, ALEXANDRA, SARA, HUGO,  DAVID e ÁLEX.

         En 5.º de primaria este curso escolar hai 12 alumnos/as mentres que en 3.º de primaria só hai 11 alumnos/as, que serán os alumnos/as titorizados/as polo alumnado de 5.º. Esa circunstancia fai necesario que un  alumno ou alumna de 5.º traballe e desempeñe o importante cargo de "colaborador/a". Por iso...

Recibiu diploma de nomeamento e carné de colaboradora:

                             NATASHA                                

          Ao final do acto todos os alumnos e alumnas titores/as e colaboradores/as posaron en grupo amosando a súa gran satisfacción polas funcións e responsabilidades que asumen ao recibir o nomeamento.

         

  Alumnado titor e colaborador no programa TEI durante o curso 2016-17

 

       Ese mesmo día todo o alumnado, profesorado e familias recibiron un tríptico informativo sobre o funcionamento do programa TEI no noso colexio este curso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut