Skip to Content

Pedagoxía Terapéutica

DINÁMICAS DE COHESIÓN DE GRUPO

DINÁMICAS DE COHESIÓN DE GRUPO CO ALUMNADO DE 5º DA EP.

Preme no seguinte enlace para ver o vídeo:

blob:https://compress-video-online.com/baf8fdf6-b9a4-451b-9e7e-3fabf0dc9623

 

 

Mércores, 17 de xuño de 2020

 

Estimadas familias e alumnos, 

 

Estes tres meses foron complicados. Todos aprendemos algo que cada un levará dentro e que nos axudará a ver a vida un pouquiño diferente. Eu quería agradecervos moitas das cousas que aprendín, pois se ben xa sabía que o traballo en equipo é o mellor para acadar as metas, a experiencia compartida con vós foi única. Gracias a todos e a todas as que estivéstedes aí apoiando o traballo das mestras, sen vós non o poderiamos facer. Gracias por todas as achegas de traballos e de agradecemntos recibidos ao longo deste tempo. Xuntos intentamos coidar do que máis nos importa, o noso obxectivo común: o benestar dos nenos e das nenas.

 

Vos desexo un verán cheo de saúde e de moitísimos momentos felices xunto aos vosos familiares.

 

 

Vivide, gozade, sorride

e que nada vos deteña para atopar aquilo que vos faga felices!!!

 

 

Con moito cariño vos fago chegar unha aperta,

Bárbara

 

 

 

 

 

 

 

 

Venres, 12 de xuño de 2020

 

 A ver quen se lembra do que fixemos no cole o último día que estivemos… 

A memoria é moi importante para aprender cousas, pero tamén para gozar da vida lembrando os momentos bonitos que vivimos xunto aos nosos seres queridos. 

 

A actividade que vos propoño hoxe podedes facela en compañía e á vez que traballades a memoria, creades un bonito recordo xuntos.

Escollede o que máis vos guste e que comece o reto!!!!

 

Quen é capaz de rematar antes o xogo??

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vos desexo unha fin de semana cheíña de bonitas lembranzas!

Profe Bárbara 

 

 

 

CONTACTO: p.t.nantes@gmail.com

                        @p.t.nantes

 

 

Martes, 9 de xuño de 2020

 

PARA LAMBER O BICO!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Desexo que gocedes moito dos sabores!Guiño

Profe Bárbara

 

Venres, 5 de maio de 2020

 

Como pasa o tempo!!!!

E tal como o tempo pasa, aquí vos deixo uns pasatempos!!

 

 

 

 

 BUSCA AS 7 DIFERENZAS:

 

BUSCA AS 7 DIFERENZAS:

 

Vos desexo unha estupenda fin de semana!

Ata o luns Sorriso

Profe Bárbara 

 

Xoves, 4 de xuño de 2020

 

"A creativiade é inventar, experimentar, crecer, arriscarse, romper as regras, cometer erros e divertirse". Mary Lou Cook

 

Xa que se achega pasesiño a fin de semana, para hoxe a proposta é realizar algún pasatempo, elaboración de xoguetes e un pouquiño de arte con material de refugallo combinado con cousas naturais. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTACTO: p.t.nantes@gmail.com

                     @p.t.nantes

 

 

Mércores, 3 de xuño de 2020

 

"A mellor maneira de predecir o futuro e creándoo". Con estas verbas de Abraham Lincoln vos animo a seguir creando cousiñas para que o futuro poida ser aquilo que queredes ser, ter e ver na vosa vida.

 

Hoxe a proposta xira arredor das letras, pero tal e como diciamos, que sexa ese o centro de interese non supón que sexa o único que traballamos. Continuamos realizando actividades nas que é preciso concentrarse, traballar en equipo e tomar xuntos decisións, empregar a grafomotricidade, planificación, a coordinación óculo-manual, discriminación visual, lateralidade, motricidade fina.................e un grande etcétera!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTACTO: p.t.nantes@gmail.com

                     @p.t.nantes

 

 

Martes, 2 de xuño de 2020

 

"FEITO NA CASA"

 

 

Imos xogar hoxe a facer cousas nós mesmos, a facer algúns materiais coas nosas mans... mentres repasamos a numeración e a asociación número-cantidade!!!

 

O feito de que os peques fagan os seus propios materiais é moi motivador para eles, pois ben sabemos que lle damos un valor adiccional ao que é noso. Por outra banda, o mesmo feito de facelas xa supón uno traballo estupendo, por exemplo:

 

- de coordinación óculo-manual ao recortar,

- valoración do material de refugallo,

- a toma de decisións no momento de seleccionar e decidir como o imos   facer e que imos empregar,

- o traballo cooperativo,

- o contido propio de numeración mentres estamos facendo o material pero que pasa totalmente desapercibido porque o foco o mantemos no obxectivo da manualidade mesma... 

 

 

Velaquí algunhas propostas!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CONTACTO: p.t.nantes@gmail.com

                     p.t.nantes

 

Luns, 1 de xuño de 2020

 SEMANA DIY

 

Imos inaugurar xuño realizando divertidas actividades DIY ( polas súas siglas en inglés Do It Yoursel), no que na nosa lingua viría sendo “Feito na casa”. Para facelas só precisamos das caixas baleiras dos envases que temos por casa, pinturas, tesoiras e para unha das actividades as pinzas de cores coas que tendemos a roupa.

 

Con estas actividades vaise traballar a lateralidades (moi imortante á hora da escritura por exemplo cando escribimos a letra "d" e a letr "b"), a contentración, a atención, a prensión manual (temos que ter forza nos dedos para agarrar ben o lapis!), conceptos básicos, agudeza visual e orientación espacial entre outras cousas, e sempre dende unha perspectiva lúdica. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estas son as miñas propostas, se vos gustan e o pasades ben quedarei moi contenta. Se as mellorades e facedes cousas bonitas a partir destas ideas compartídeas comigo e outras familias, xuntos crecemos e o faremos mellor!!

 

 

 

Feliz luns e con forza a pola semana!!

Profe Bárbara

Venres, 29 de maio de 2020

 

 

Imos ver que tal estades de vista!Sorriso

 

É súper importante concentrarse e prestar atención cando facemos os nosos traballos e sobre todo, saber ver o que é preciso cambiar para mellorar, pois como sempre vos digo as cousas non nos saen ben á primeira e polo tanto é preciso aprender a buscar os nosos propios erros para poder correxilos e aprender!

 

Collede a vosa lupa de detectives e a polas letras escondidas!

 

 

Saberías dicirme que letra se esconde en cada un dos recadros??

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E agora... saberías dicirme cal é a figura que non está repetida?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Seguro que esta fin de semana acabades sendo dos mellores detectives.

 

Apertas xigantes!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut