Skip to Content

PDI 2015/2016: "O zoo da biblioteca de Nantes"

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS SOBRE OS ANIMAIS

Abril-Maio de 2016

Ao longo do curso, en cada unha das clases realizamos investigacións sobre diferentes animais para elaborar varios traballos con toda a información encontrada. Fixemos murais, trípticos, presentacións, libros... que recollen datos como:

CLASE DE ANIMAL           HÁBITAT           ALIMENTACIÓN         

REPRODUCIÓN        CURIOSIDADES        PERIGOS...

Nos meses de abril e maio cada grupo fixo unha exposición oral do seu traballo aos compañeiros/as dos outros niveis.

A continuación podedes ver unha mostra dos fantásticos traballos realizados por cada curso.      

6.º de Primaria: OSO PANDA

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

5.º de Primaria: LEOPARDO

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

4.º de Primaria: CROCODILO

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

3.º de Primaria: XIRAFA

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

2.º de Primaria: TIGRE

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

1.º de Primaria: PINGÜÍN

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

6.º de Infantil: LEÓN

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

4.º e 5.º de Infantil: LEÓN

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

PARABÉNS POLAS EXPOSICIÓNS REALIZADAS!!

 

MURAL MASCOTAS

Decembro 2015

Ao longo do curso imos realizar varios proxectos relacionados cos animais.

Nesta ocasión, propoñémosvos participar no mural das mascotas. Só tedes que traer unha foto coa vosa mascota ou enviala por correo electrónico á seguinte dirección:

ceipnantes.tic@gmail.com

A medida que vaiamos recibíndoas, colocarémolas no mural para que todos poidamos desfrutar delas.

Animádevos a compartir as vosas fotografías!!!

 

PENGUIN PROJECT (1.º PRIMARIA)

Venres 20 de novembro de 2015

Xa temos preparada a primeira actividade relacionada cos pingüíns.

Trátase dun libro bilingüe, en galego e inglés, que visitará quincenalmente a casa dun alumno/a de 1.º curso.

A mestra encargarase de preparar as páxinas co texto e cada neno/a completará os datos que faltan coa axuda da súa familia. Para elo, poden usarse as técnicas que se queiran: fotografías, debuxos, collages, letras recortadas... Todo o que a imaxinación permita!!!

Cando un neno/a remate a súa páxina explicará aos demais compañeiros/as a información atopada.

En canto se vaian completando os traballos, iremos publicando as fotos aquí mesmo, para que todos desfrutedes dos resultados.

 

COMEZA A VIAXE!!!

 

Esta é a portada e a páxina de inicio coa explicación do proxecto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xoves 3 de decembro de 2015

Comezamos a expoñer os traballos realizados. Sara foi e a encargada de investigar que clase de animais son os pingüíns. Grazas a ela sabemos que son aves mariñas que non poden voar

Mirade que ben fixo a súa páxina!!!

 Xoves 17 de decembro de 2015

A investigación sobre os pingüíns continúa. Nesta ocasión, Carla R. averiguou como é o corpo destes simpáticos animais. Con ela aprendemos que teñen o corpo cuberto de plumaxe. Ademais, dispoñen dunha grosa capa de graxa e un sistema de vasos sanguíneos que lles axudan a manter o calor.

Magnífico traballo!!!

  Xoves 17 de decembro de 2015

Canto estamos a aprender! Héctor achéganos as partes do corpo dos pingüíns. A través dos carteis é moi doado localizalas: peteiro, ás, patas...

Xenial!!!

 Xoves 11 de xaneiro de 2016

Seguimos o noso camiño. E... falando de camiño, como se desprazan os pingüíns? David encargouse de informarnos de que poden nadar, camiñar ou deslizarse sobre o seu ventre.

Moi ben!!!

  Mércores 24 de febreiro de 2016

Xa sabemos moitas cousas dos pingüíns. Nesta ocasión, Carla M. buscou información sobre a reproducción. Descubriu que nacen de ovos, polo que son animais ovíparos.

Mirade cantos datos!!!

 

 Martes 2 de marzo de 2016

Onde habitan os pingüíns? Se queredes sabelo nos deixedes de ver a páxina realizada por Pablo, pois averiguou que só viven no hemisferio sur, en climas moi fríos.

A explicación e a decoración son fantásticas!!!

  Mércores 9 de marzo de 2016

Sabedes de que se alimentan os pingüíns?  Fabián foi o encargado de investigar esta cuestión: comen peixes, calamares e uns pequenos crustáceos chamados krill.

Este é o seu traballo!!!

 Mércores 16 de marzo de 2016

A nosa viaxe polo mundo dos pingüíns está a piques de ramatar. Pero antes Carlos averiguou que hai  18 especies diferentes, como o Pequeno Pingüín Azul ou o Pingüín de Snares.

Botádelle unha ollada á súa información!!!

  Venres 8 de abril de 2016

Que ben o pasamos investigando a vida dos pingüíns. Hoxe poñemos fin aos traballos de investigación con...

CURIOSIDADES

PERIGOS

PINGÜÍNS FAMOSOS

Aquí remata a nosa viaxe!!!

Os autores/as deste fantástico libro foron...

Nuns días faremos a exposión oral dos nosos traballos.

 

Grazas a todas as familias pola súa

colaboración!!!

 

INVESTIGAMOS: OS PINGÜÍNS

Xoves 19 de novembro de 2015

Este ano, na clase de 1.º, imos investigar sobre os pingüíns. Realizaremos moitos traballos, entre eles:

  • Un libro viaxeiro en galego/inglés en colaboración coas familias.
  • Un mural.
  • Un proxecto.
  • Manualidades.
  • ...

Antes de comezar a nosa investigación, pensamos que cousas nos gustaría saber sobre estes simpáticos animais.

Mirade cantas preguntas xurdiron!!!

  1. Canto tempo viven?
  2. Como se deslizan?
  3. Por que non poden voar?
  4. Que clase de animais son?
  5. Como é o seu corpo?
  6. Como fan pis?
  7. Quen coida dos bebés?
  8. Quen mata aos pingüíns?
  9. Como nacen?
  10. Afogan?
  11. Como andan?
  12. Como dormen?
  13. Teñen boca?
  14. Como crecen?
  15. Onde viven?
  16. Que comen?
  17. Como morren?
  18. En que casas viven?
  19. Como cazan?
  20. Como fan caca?
  21. Como se tapan do frío?
  22. Onde xogan?
  23. Teñen orellas?
  24. Roncan?
  25. Cantos pingüíns diferentes hai?
  26. Como nadan?
  27. Como falan?
  28. Teñen dentes?
  29. Teñen nariz?

 

 IMOS APRENDER UN MONTÓN!!!

COMEZAMOS...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut