Actividades curso 2018.19

Festa fin de curso

Remata un curso cheo de emocións e experiencias. Agora so queda repoñer forzas para un novo curso.

Grazas a tod@s @s que colaborastes con nós ao longo do curso, na festa, á ANPA pola súa implicación e ao grupo True Mountains por este super concerto.

BO VERÁN!

Coa colaboración do Concello de Sada. 

 

Brañas de Valga

Entrega de diplomas TEI

Noraboa a todas e todos as titoras e os titores e ás/ós titorizados/as.

Coa colaboración do Concello de Sada. 

 

 

Graduación

Gala Final Reserva da Biosfera

Hoxe o alumnado de 5º de Ed. Primaria asistou á Gala Final da Reserva da Biosfera onde expuxeron o seu traballo sobre o proxecto no que estiveron traballando; dito traballo versaba sobre a auga: os usos, de onde ven, a ETAP... gran traballo o exposto! Noraboa!

 

Alfombras naturais

Coa chegada do bo tempo e o cambio que se produce no entorno aproveitamos a semana das letras galegas para fomentar unha tradición: A creación de alfombras naturais e impulsar o noso PDI de arte.

Grazas ás familias polas aportacións realizadas.

Coa colaboración do Concello de Sada. 

 

 

Charla sobre deporte adaptado

A Fundación Abrente veunos dar unha charla sobre o deporte adaptado e sobre a importancia de adoptar sempre as medidas de seguridade indo en vehículos.

Día Mundial do Autismo

Coa colaboración do Concello de Sada. 

 

Restauración de bancos

O Concello de Sada restaurou os bancos do patio andaluz.

Novas aulas no colexio

A Consellería de Educación, Universidade e FP a través da Xefatura Territorial construíu no noso centro dúas aulas novas, que xa comezaron a ser empregadas polo alumnado de 1º de Educación Primaria. Deste xeito, conseguimos ter un espazo para impartir as clases de Ed. Musical, habilitando unha das antigas aulas de primaria para dito fin. 

O persoal do Concello trasladou todos os mobles e colocou as pizarras.

Entroido artístico

Aquí vai a reportaxe da festa de entroido deste ano. 

Moitas grazas ás familias pola colaboración.

Cliqueade enriba do título do video e poderedes velo máis grande.

 

Coa colaboración do Concello de Sada. 

 

Mandadiños do Meco

Cliqueade na imaxe e veredes todos os mandadiños do meco deste ano! Feliz Entroido!

San Silvestre 2018

Visita dos Reis Magos

La puerta violeta, Rozalén. Canción con Pictogramas.

Conmemoración do 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O martes día 20, conmemoramos o Día Internacional Da Infancia. Para iso fixemos unha gran roda arredor do colexio xuntando as nosas mans para abrazalo, tendo en conta a importancia de que o abrazo era moi igual e moi diferente, porque cada un de nós é diferente. Aproveitamos para que, este abrazo, fose tamén sinal de vida saudable; Este curso todo o centro está inscrito dentro do Plan Proxecta Proxecto Deportivo de Centro: Unha milla diaria, a través do cal pretendemos fomentar unha vida sa baseada na actividade física e na alimentación saudable, por iso, este día a nosa actividade física percorría o centro.

 

 

MAGOSTO

O EDLG do cole organizou o  magosto que tivo lugar o día 13. Non faltou nin a música, nin as castañas nin os xogos cos carozos.

Moitas grazas ás familias  polas castañas e ás familias que colaboraron para asalas.

 

Coa colaboración do Concello de Sada.

Halloween Games

O mércores o equipo de plurilingüismo organizou uns xogos, nos que se ensalzaba a tradición do halloween. Co cal os distintos cursos na súa hora de ou ben lingua inglesa ou ben materia plurilingüe baixaron ata o patio planchero para levalos a cabo.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer