Skip to Content

Recomendámosche

Recomendacións Verán

Ola familias!!

Xa non queda nada para que remate o curso, polo que, dende o equipo de biblioteca, queremos recomendar algúns libros para o verán!!

Feliz Lectura!!

 

Novidades abril 2021

Ola familias!

Unha vez máis, traémosvos as últimas novidades. No mes de marzo e abril estivemos reestructurando os libros de materias así como mercando e catalogando libros novos. Aínda nos quedan moitos máis!! 

Recomendación Lectora

Temos unha nova recomendación lectora da man da profe Sule. A autora do conto é moi coñecida polo noso alumnado por libros como O Monstro De Cores ou Topito Terremoto. 

 

https://youtu.be/HpsUIhw2kJc

 

 

Boletín mes de febreiro

Febreiro pasou moi rápido entre libro e libro! Deixamos as novidades do mes de febreiro. Na sección de materias podedes ver todos os libros novos sobre o corpo humano!!

 

Boletín mes de Xaneiro

Ola familias!O equipo da biblioteca levan un mes de xaneiro MOI ocupado coa compra de moitas libros novos. Deixámosvos o boletín deste mes de Xaneiro con algunhas das novidades!!Feliz lectura!

Recomendación De Lectura Da Profe Tania

Ola familias!

Voltamos cunha nova recomendación, esta vez da profe Tania que nos fala dun conto que é unha novidade da nosa biblioteca!

 

 Premade https://youtu.be/q1Ghsycnskw

 

Recomendacións Nadal

Bos dias familias,

 

Hoxe rematamos o primeiro trimestre dun curso diferente. Para celebrar manánosvos as nosas recomendacións de libros para o nadal para darlle algunhas ideas aos reis magos. 

Tedes toda a información por etapas no PDF adxunto.

Bo Nadal!!

Recomendación De Lectura Da Profe Lara

A recomendación de libro desta semana faino a profe Lara. Escolleu un conto moi coñecido.

Mirade o vídeo tan chulo que fixo!

Grazas, Lara!

https://www.youtube.com/watch?v=lcxtU8xMZOU&feature=youtu.be

 

Recomendación Lectora

Ola familias!

Esta semana, a recomendación lectora ven da man da profe Patri que nos fala do seu libro preferido, un conto cheo de maxia de Roald Dahl. Deixámosvos o ligazón!

 

 

https://youtu.be/zYo5zRICnew

 

 

 

Boletin mes de novembro

Ola familias!!

Deixámosvos o boletín deste mes de novembro coas novidades de libros da nosa biblioteca. O obxectivo deste documento é de informar a toda a comunidade educativa das novas neste curso tan atípico nel que o alumnado non acode á biblioteca coa mesma frecuencia. 

Tedes o documento PDF adxunto.

Boa fin de semana!!

RECOMENDACIÓNS CONTOS NO CAMIÑO

Bos días, familias!

Hoxe comezamos unha nova actividade dende a biblioteca baixo o noso lema "Contos no Camiño". Cada venres faremos unha recomendación dun libro. A nosa primeira entrega á da profe María recomendando a libro "Charlie e a fábrica de chocolate" de Roald Dahl. Cada semana haberá unha recomendación diferente.... estade atent@s!

Premade na imaxe para ver o vídeo!

 

 

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O VERÁN

Ola familias!

Dende a biblioteca, recomendámosvos algunhas lecturas, música e xogos para o verán.

 

DIA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe é o Día Internacional do Medio Ambiente. No noso centro, como sabedes, estamos concienciados e procuramos facer todo o posible para que toda a nosa comunidade educatvia axude a protexer a nosa terra. 

Dende a biblioteca recomendámosvos algunhas lecturas.

BO DÍA!!

QUEDAR NA CASA....É COUSA DE CONTOS

Boas tardes, familias

Dende a biblioteca, queremos axudarvos á hora da lectura cos nenos e nenas. No documento PDF adxunto, premando a imaxe, veredes varias webs e contas de redes sociais con diferentes contos e recursos. 

 Un saúdo

RECOMENDACIÓN DE ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA

Nestes días a nosa mascota Nicoleto e toda a súa familia está facendo a labor de coidar a nosa biblioteca. Convidámosvos a facer unha manualidade en homenaxe a familia dos polbos. Cando volvemos á escola, faremos unha exposición de todas as vosas creacións. Mentres tanto, se queredes mandarnos algunha foto da vosa manualidade, podédesnolo facer chegar vía email a bibliotecamosteiron@gmail.com. Lembrade que na conta de Instragram da biblioteca (bibliotecaceipmosteiron) iremos colgando máis ideas e recomendacións.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE NADAL

Dende a biblioteca do centro, mandámosvos as nosas recomendacións de lectura para este nadal. 

Pódesde descargar en PDF 

Felices festas!

Comeza o Nadal na biblioteca

Xa está todo listo na biblioteca para a chegada do Nadal.

 

Temos contos novos relacionados co tema, ademais dalgúns clásicos. Animámosvos a subir a ler un conto do Nadal no tempo de lecer á calor da cheminea.

Temos moitas sorpresas organizadas para a semana que vén.....que andará organizando Nikoletto con este carro?

 

DÍA DA DIVERSIDADE NA BIBLIOTECA MOSTEIRÓN

Co obxectivo de concienciar ao noso alumnado sobre a diversidade, poñemos a disposición unha variedade de libros relacionados con este tema. Ao longo da semana pasada, o alumnado que visitaba a biblioteca durante o tempo de lecer, tivo a oportunidade de engadir palabras positivas para poñer debaixo do noso paraugas.

25N na biblioteca

Para o día 25N, a biblioteca propuxo unha actividade chamada coas miñas mans podo na que cada alumno e alumna, dentro dunha man decorada, tiña que escribir un verbo, indicando algo positivo que podemos facer coas nosas mans. Na biblioteca expuxemos unteha variedade de libros sobre o tema da violencia e xogamos a un crucigrama xigante.


O DÍA DA MÚSICA NA BIBLIOTECA

Hoxe celebrouse o día da música na nosa biblioteca co profe Héctor. Fixemos quebracabezas de diferentes compositores, participamos en xogos das emocións escoitando música, creamos notas musicais con plastilina e escoitamos libros CD.

Lembrade que temos moitos contos con música na biblioteca.

Distribuir contido


by Dr. Radut