PROXECTO DE FENDA DIXITAL ENDESA
Hoxe visitamos a Central Hidroeléctrica do Eume , convidados polo director territorial de ENDESA , onde nos fixeron entrega de dous ordenadores portátiles e dous módems USB con conectividade a internet . Esta doazón de equipamentos informáticos forma parte do proxecto de loita contra a Fenda Dixital que esta empresa puxo en marcha dentro do seu Plan de Responsabilidade Pública contra a COVID-19 . O seu obxectivo é axudar ás familias que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade fronte ás dificultades que lles pode ocasionar o ensino non presencial .
Dende o CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro queremos agradecer a ENDESA esta valiosa aportación para a nosa comunidade educativa .
Adxunto | Tamaño |
---|---|
endesa.jpg | 1.28 MB |