O noso colexio, C.E.I.P. Monseivane, está participando desde o curso 2002/2003 en Proxectos Europeos Comenius, Acción I. Trátase dun programa subvencionado pola Unión Europea que pretende mellorar a calidade, reforzar a dimensión europea, fomentar a aprendizaxe de idiomas e o coñecemento intercultural no mundo da educación.
O nome de Comenius débese ao teólogo, filósofo e pedagogo amos Comenius (1592-1670) que estaba firmemente convencido de que a educación era o único medio de desenvolver plenamente o potencial humano para levar unha vida armoniosa.
En todo proxecto Comenius deben intervir centros escolares de, polo menos, tres países participantes. De todos os centros participantes, un asumirá o papel de "coordinador do proxecto" e o ressto serán "centros asociados".
No proxecto Comenius que comezamos neste curso 2007/2008 e que remataremos no curso 2008/2009, nós somos o centro coordinador e temos centros asociados en Alemaña e en País de Gales.
O tema a traballar, no curso 2007-08, é a nosa identidade persoal e rexional e para o curso 2008-09, traballaremos sobre a nosa gastronomía.