try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Novas

MAGOSTO _ SAMAÍN

O 05 de novembro celebramos o Samaín e o Magosto no centro. Do Samaín, comentamos a súa orixe, fixemos bailes e cantamos. Para o Magosto, os nenos e nenas do 3º ciclo de Primaria foron os encargados de asar as castañas. Mentras, o resto dos nenos e nenas fixeron xogos, onde a castaña foi a protagonista, no pavillón. Hai moitas fotos que podes ver pinchando aquí

CAMIÑO DE SANTIAGO _ Outubro 2010

O xoves, 21 de outubro de 2010, tódolos nenos e nenas do CEIP Monseivane percorreron parte do Camiño de Santiago, comezando en Martiñán. Esta actividade axudaranos a hora de facer o estudo da flora e fauna do Camiño de Santiago pola Terra Cha. Tamén aproveitamos esta saída para facer enquisas aos peregrinos/as que atopamos no camiño.

LETRAS GALEGAS _ MAIOS 2010

O 14 de Maio de 2010 celebramos os Maios e o Días das Letras Galegas (este ano adicado a Uxío Novoneyra). Fixemos bailes, xogos, a ofrenda ao Rei e a Raiña dos Maios,... Tamén coñecemos a vida e obra do escritor homenaxeado. Podes ver varias fotos na seguinte presentación:

 

le="width:426px;text-align:left;">

ENTROIDO 2010

O 12 de febreiro de 2010 celebramos o Entroido no colexio. Tendo en conta a nosa participación no proxecto de Agrupacións Escolares, o tema elexido foi: "Traxes tradicionais" das comunidades autónomas participantes no proxecto. Os nenos/as de educación infantil desfilaron co traxe típico catalán, os do 1º e 2º ciclo de primaria co traxe galego e o 3º ciclo co traxe típico ibicenco. Podes ver máis fotos pulsando aquí


PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE A GRIPE A

Nos seguintes enlaces podes ver toda a información sobre o protocolo de actuación no CEIP Monseivane ante a GRIPE A. Así mesmo, hai información para as familias, para o persoal de limpeza e para o transporte escolar:

- Protocolo de actuación no CEIP Monseivane

- Protocolo de actuación para as familias

- Protocolo de actuación para o persoal de limpeza

- Protocolo de actuación para o transporte escolar

Distribuir contido