try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Blogues

LUÍS TOSAR _ VISITA

Vídeo 4. O xuiz chea ao que vai ser o seu lugar de traballo e coñece a súa secretaria, Pitusa

sentímolo, flash non está dispoñible.

LUÍS TOSAR _ VISITA

Vídeo 3. Currás chega ao bar contando que lle mataron as galiñas.

sentímolo, flash non está dispoñible.

LUÍS TOSAR _ VISITA

Vídeo 2. O xuiz visita o bar de Petróleo

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

LUÍS TOSAR _ VISITA

Vídeo 1. O xuiz chega a Portozás

sentímolo, flash non está dispoñible.

LUÍS TOSAR _ SEMANA DO CINE EN GALEGO

O actor galego Luís Tosar visitou o noso centro o martes 19 de maio. As actividades que desenvolvemos, coincidindo con esta vista, foron: representación de varias esceas dun capítulo de "Mareas vivas", unha enquisa, entrega dun libro feito polos nenos/as de 6º de primaria coa súa vida e finalmente discubriu unha placa co seu nome que indentifica a aula de audiovisuais. Esta actividade estaba programada para Normalización Lingüísitica: "A semana do cine galego". Podes ver todas as fotos pulsando aquí. 

MAIOS 2009

O venres 15 de maio, tamén celebramos a festa dos Maios. Fixemos un maio coa forma do queixo de San Simón (na foto), bailes, desfile, eleximos ao rei e a raiña dos Maios antes os cales todos os nenos e nenas do colexio rendiron reverencia. Podes ver todas as fotos pulsando aquí

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres 15 de maio de 2009 celebramos a día das Letras Galegas, este ano adicadas ao escritor Ramón Piñeiro. Podes ver todas as fotos pulsando aquí

AGRUPACIÓNS

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O HALLOWEEN _ SAMAÍN 

 O 30 de outubro celebramos o Halloween _ Samaín pola mañá e o Magosto pola tarde. Pasámolo moi ben e fixemos moitas fotos. Podes ver as fotos nos seguintes enlaces:

Magosto

Halloween _ Samaín

 VISITA AO CEIP CAN CANTÓ DE IBIZA

Do 24 ao 27 de setembro mestres/as do noso colexio e de Lleida (CEIP Sant Joan) visitamos o centro de Ibiza, CEIP Can Cantó. Os tres centros estamos traballando nunha agrupación escolar que ten por título: "As tradicións populares a través das TIC". Podes ver as fotos da visita a Ibiza pulsando aquí.  En maio de 2009 visitamos o centro de Lleida; podes ver as fotos pulsando aquí

T.I.C. _ RECURSOS

Engadimos un novo apartado dentro do menú O centro. Chámase T.I.C. _ recursos. Aquí aloxaremos titoriais sobre aspectos básicos en informática. O noso primeiro titorial é: "Como crear unha conta de correo en gmail". Se querese saber como, que necesito, onde atopar,... contacta con nós

Visita a Gales

Do 29 de abril  ao 02 de maio de 2009, mestres/as de Alemaña e do noso colexio visitamos o centro de Gales. Tivemos bailes típicos de Galicia e de Alemaña,  visitamos Cardiff e coñecemos un pouquiño máis da súa gastronomía. Tratáronnos moi ben e temos moitas fotos desta visita que podes ver pulsando aquí

Distribuir contido