try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Blogues

O NADAL

E chegou o Nadal, esa época do ano tan máxica para nenos e maiores. Pois para celebralo non podían faltar as tradicionais panxoliñas, este ano cantamos A árbore de Nadal (E. Infantil), Turrón y Mazapán (alumnado de 1º e 2º nivel de E. Primaria) e ata un Rap de Nadal (alumnado de 5º e 6º nivel de E. Primaria). Pero... a celebración non rematou aquí, o profesor de 3º e 4º nivel  contounos unhas historias sobre o Nadal...preciosas!!! E os alumnos de 5º e 6º nivel deleitaron ao público con un conto leído.

E temos que admitir que fomos uns privilexiados xa que contamos coa visita do rei Melchor e puidemos entregarlle en man as nosas cartas!!!!

VISITA A VILALBA

No comezo do curso, deixamos un día a escola para aprender doutro xeito e marchamos en autobús rumbo a Vilaba.

Primeiro, visitamos o centro da terceira idade. Comenzaron explicándonos como funcionaba este centro e despois coñecemos as súas instalacións. Ao final desenvolveuse unha xornada interxeracional, donde o alumnado interaccionou cos maiores.

Máis tarde, dirixímonos ao centro ocupacional de Vilalba. Alí coñecemos as súas dependencias e as distintas actividades que alí se levan a cabo: obras de teatro, taller de serigrafía...E tamén nos levaron a ver o seu invernadoiro no que cultivan diversas plantas que tamén venden. Os alumnos deste centro agasalláronnos cunha planta que eles mesmos fixeron.

Deseguido volvemos para a escola.

 

MAGOSTO E SAMAÍN 2014

Todo o colexio participou na elaboración de un gran mural. Tamén houbo contos terroríficos, conxuros, danzas e recibimos unha visita moi especial... uns esqueletos moi marchosos!!

Pola tarde, mentres os maiores asaban as castañas, que... por certo, estaban ben boas!! os pequenos divertímonos no pavillón participando en xogos que tiñan como material as castañas.

MASTER CHEF CHEGA AO MONSEIVANE

Na semana do Samaín,despois de poñer os nosos traxes de cociñeiros e cociñeiras, elaboramos... sabrosos e terroríficos!!... pratos: cabazas, tumbas,monstruos...

A pinta é moi boa!! pois ...non vexades o bos que estaban. As bandexas quedaron baleiras.

 

s. 

CASTELOS E CABALEIROS

CASTELOS E CABALEIROS

Este ano regresamos á época medieval (época dos cabaleiros, das princesas, dos dragóns, dos torneos, dos xograres...). O noso colexio converteuse nun enorme castelo medieval e todas as actividades educativas que estamos levando a cabo xiran en torno a este tema.

Este proxecto ten as súas orixes na biblioteca pero pouco a pouco foise extendendo a todos os recunchos do noso centro.

 

Deseguido ímosvos contar como a nosa escola se foi transformando neste gran castelo.

Nun primeiro momento, as nosas paredes transformáronse en fortes muros de pedra. 

Despois,cada unha das nosas pequenas damas e dos nosos pequenos cabaleiros deseñou un escudo. Non pensedes que foi unha tarefa sinxela, pois estes non son uns escudos calquera. Cada un dos escudos agocha a historia do nome das súas casas. Unha historia sobre a que os nosos alumnos/as tiveron que investigar para poder plasmala despois nos seus escudos. Unha vez feito este traballo  colgamos estes escudos nos fortes muros do noso castelo.

                                                                   

Pero...o noso castelo non ía ser un edificio baleiro, decidimos que as portas das nosas aulas cobraran vida medieval así atoparedes en cada unha delas un personaxe típico dos castelos. Quen non leu historias de castelos e...bruxas...? dragóns? cabaleiros? e bufóns?

                                                 

Sabedes que naquela época se construían vidrieiras para que a luz entrase nos castelos?  Pois no noso castelo temos tamén unhas vidrieiras ben bonitas...

                                      

  

Tamén investigamos sobre as distintas costumes da época: vestiario,  formas de divertirse, mobiliario...

 

  

Por fin chegou o Nadal!!! Por suposto ambientamos o noso Belén na época medieval. Tivemos que seguir pescudando nesta época da historia para conseguir transportarnos no tempo e... parécenos que o logramos!! Ollade as casas, quedaron ben, verdade? E que opinades das damas e cabaleiros?

Despois chegou o entroido!!! E para celebralo convidamos ao noso castelo a personaxes medievais: príncipes e princesas (alumnado de Infantil), bufóns (alumnado de 1º e 2º nivel de E. Primaria), magos (alumnado de 3º e 4º nivel de E. primaria) damas e cabaleiros (alumnado de 5º e 6º nivel de E. Primaria) e algúns personaxes da zona que nos acompañaron nesta celebración.

 

E falando de personaxes medievais non podemos esquecer os trobadores que se encargaban de alegrar a vida nos castelos e nas prazas medievais. Pois ben, investigamos que o autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas, Xosé F. Filgueira Valverde, foi un estudoso da poesía medieval aquela que os trobadores compartían co seu público.  A raíz deste estudo deseñamos o noso mural das Letras Galegas. Que vos parece?

 

 E para rematar vámosvos presentar ós donos deste castelo. O rei do castelo de Monseivaine e a súa belísima dona, a raíña de Monseivane.

 

XOGOS POPULARES

O pasado 26 de maio visituounos o CEIP Terra Cha de Román para participar nunha xornada de convivencia cos nosos alumnos. Aproveitamos para celebrar unha xornada de xogos tradicionais. Foi un pracer poder contar coa súa presencia e esperamos devolver a visita no curso 2011/2012. Podedes ver máis fotos pinchando neste enlace

CLAUSTRO DE MESTRES/AS

O próximo Claustro de mestres/as terá lugar o xoves 02 de setembro de 2010, ás 11:00 horas.

EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA

Canto cambiaron as cousas! Queriamos que os nosos alumnos/as  poideran comprobar e vivir como foi evolucionando todo. Recordamos aos nosos avos e avoas, os seus oficios, as ferramentas e aparellos que usaban, os seus días na escola... Destacar a extraordinaria colaboración dos pais/ nais para poder levar a cabo esta actividade. Se queredes,  podedes vir visitar esta pequena exposición (manterémola ata o 18 de xuño de 2010. Podes, tamén, ver as fotos en cor pulsando aquí 


CLAUSTRO

O primeiro CLAUSTRO do curso 2009/2010 celebraremolo o día 02 de setembro ás 11:30

Distribuir contido