Blog 6º B

Carta a Natalia

Carta a Natalia, profesora de Educación Física, que finou recentemente.

De cruceiro

Fun de cruceiro e xustifiquei a falta dicindo que estaba enferma, da alegría!!

Un día de pesca

Que bo recordo daquel día de pesca con meu pai, meu irmán e carpi; e para rematar que boíiisimas as xardas de cea.

Vídeo 6º B

COMUNICACIÓN NA SITUACIÓN DE ALERTA SANITARIA E INFORME DE ACTIVIDADES NAS DISTINTAS ÁREAS

 

COMUNICACIÓN NA SITUACIÓN DE ALERTA SANITARIA E INFORME DE ACTIVIDADES NAS DISTINTAS ÁREAS

 

 

 

Estimadas familias:

 

 

 

Debido a situación de alarma na que nos atopamos, a atención do alumnado de 6º e a comunicación cas familias será a seguinte:

 

A comunicación fárase a través da plataforma EDIXGAL de forma xeneralizada para todas as materias:

 

 

 

matemáticas, lingua galega, lingua castelá, ciencias sociais, ciencias naturais, inglés, francés, relixión/valores: centrarémonos en repasar os conceptos aprendidos neste curso, mediante tarefas; desta maneira non perderan hábitos.

 

 

 

Música:

 

Na  disciplina de música, neste curso, a carga curricular céntrase máis na interpretación musical (frauta doce e percusión-orff) de xeito presencial e en grupo, aproveitaremos a plataforma EVA-EDIXGAL para propor actividades musicais adaptadas ao seu nivel que sirvan de repaso ao que facemos na aula. Non se esquecera o aspecto lúdico en toda actividade ou tarefa que se cargue dentro da plataforma.

 

 

 

Educación física:

 

A comunicación realizarase a través dos blogs: blogs de centro(https://ceipdemonforte.blogspot.com/) no que se están a colgar vídeos de coreografías sinxelas, retos realizados polo alumnado e do blog de educación física(https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/taxonomy/term/138) no que atoparan recomendacións xerais. Tamén utilizarán  a plataforma edixgal para algunha tarefa.

 

 

 

Plástica:

 

centrarémonos en actividades lúdicas e entretidas, con materiais que se atopen na casa de forma habitual.

 

 

 

Ademais de edixgal en 6º tamén nos comunicamos por abalar mobil, e por mail, en caso de necesidade.

 

 

 

A realización das tarefas non será avaliable no 2º trimestre, recomendo realizalas, xa que supón non perder hábitos, entreterse, e esforzarse.

 

 

 

O alumnado que queira correxir as tarefas pode facelo por edixgal, ou por mail.

 

 

 

Un saúdo

 

Aurelia e Bea

 

Distribuir contido