NOVA IMPORTANTE TRANSPORTE ESCOLAR

NOVAS  IMPORTANTES NO TRANSPORTE ESCOLAR DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN: PARADAS A MENOS DE 2 Km. do centro

 

Estimadas familias:

O vindeiro curso escolar haberá cambios no servizo de transporte escolar da Consellería  para as rutas dos servizos integrados (no noso caso, todos),polo que o alumnado, con catro anos cumpridos,  cuia parada estea a menos de dous km. do centro  deberá  solicitar en ABANCA, sucursal sita na rúa Cardenal, a tarxeta “Xente Nova”.

 

Alumnado afectado sube nas  paradas de:

Ruta de Bascós: Entrevías

Ruta de Santa Mariña: Calvo Sotelo, Benito Vicetto, Casas Baratas

Ruta de Reigada: MorínI (xunto á rúa Vilanova), Morín II (xunto á rúa Juan Montes)

Nestas paradas só se permitirá a subida do alumnado se leva a tarxeta ou paga o servizo.

TARXETA XENTE NOVA:   

https://www.bus.gal/es/xente-nova

O servizo seguirá a ser gratuíto. O alumnado de 3 anos non a necesita ata o momento no que cumpra os 4, sendo necesario xuntar a fotocopia da páxina do libro de familia á solicitude de uso da parada .

O transporte Municipal, xestionado polo Concello, segue a funcionar coma sempre.