Curso 2019-2020

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/20

 Clica sobre o enlace para ver o tríptico de presentación do centro1.     Folla2 

 

RESUME DA INFORMACIÓN: Momento actual do proceso

 Do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive) presentación de solicitudes para a admisión de alumnado para o curso 2019/2020. UNHA ÚNICA SOLICITUDE POR ALUMNO/A NO CENTRO ELEXIDO EN PRIMEIRO LUGAR. 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B).  Facilitado na Secretaria do centro ou na aplicación admisión de alumnado http://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado.  Asinado por ámbolos dous proxenitores. 

Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a:   Fotocopia de todas as páxinas escritas do libro de familia e orixinal para cotexo.

Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de darse o caso.

 

 

CENTROS ADSCRITOS / DE ADSCRICIÓN

 

 Centro de adscrición: IES RÍO CABE

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO ESCOLAR 2019/2020

 

1ª FASE: SOLICITUDE DE RESERVA

(exclusivo para o alumnado procedente dos centros adscritos)

1.      

Solicitude de reserva de praza no centro de adscrición mediante a presentación do Anexo I (modelo ED550A) no centro de orixe: 1-15 de febreiro, ambos os dous incluídos.

2.      

Data do sorteo público de letra de prioridade dos apelidos a efectos de desempate:  As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "E" e "C"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "U" e "P"

3.      

Publicación de postos escolares vacantes: última semana de febreiro.

2ª FASE: SOLICITUDE DE ADMISIÓN

(para alumnado procedente doutros centros distintos dos adscritos) (tamén para alumnado procedente dos centros adscritos que non solicitaran a reserva do 1 ao 15 de febreiro)

4.      

Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia: 1-20 de marzo.

5.      

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas): 25 de marzo ao 5 de abril, ambos os dous incluídos.

6.      

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

7.      

Reclamacións ás listaxes provisionais: nos 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

8.      

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

9.      

Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, tendo en conta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).

3ª FASE: MATRÍCULA

10.  

Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: 20 de xuño - 1 de xullo (por ser o 30 de xuño día inhábil).

11.  

Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

12.  

Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelato: 1-10 de setembro.

1ª FASE: SOLICITUDES DE RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN (1-15 de febreiro)

·        

Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar a reserva de posto escolar no seu centro de adscrición, deberán presentar solicitude de reserva de posto escolar utilizando o Anexo I (modelo ED550A).

·        

Poderán presentar a antedita solicitude dun dos seguintes xeitos:

a)     

Entregándoa no centro de orixe do alumno (centro no que está actualmente escolarizado).

b)     

Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

·        

A reserva adquirirá carácter vinculante polo que, se o/a alumno/a resultase admitido/a, deberá formalizar a matrícula en tempo e forma no centro de adscrición.

·        

A presentación desta solicitude de reserva será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro (salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do 1 de marzo).

·        

A presentación de solicitude de admisión noutro centro estando vinculado por reserva terá os efectos de perda da prioridade.

2ª FASE: SOLICITUDES DE ADMISIÓN EN CENTROS NON ADSCRITOS (1-20 de marzo)

1.      

Os pais, nais e/ou titores legais que desexen solicitar praza nun centro distinto ao de adscrición, deberán presentar solicitude de admisión utilizando o Anexo II (modelo ED550B).

2.      

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude de admisión. Na solicitude poderá indicar ata seis centros na orde de prioridade que desexe. Deberá presentala no centro no que solicite praza en primeiro lugar de preferencia. A infracción desta norma (é dicir, a presentación de solicitudes en máis dun centro, ou a presentación de solicitude de admisión tendo presentada solicitude de reserva para o centro de adscrición) determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

3.      

Alumnado que ten garantía de permanencia neste centro educativo, porque xa está cursando estudos nel durante o presente ano:

No caso de presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, neste centro.

4.      

Alumnado dos centros adscritos que ten reservada a súa praza neste centro educativo, por teren presentado o Anexo I en febreiro e terse aceptado a súa solicitude:

No caso de que desexe presentar solicitude de admisión (Anexo II) noutro centro distinto, deberá comunicar previamente e por escrito a este centro educativo a renuncia á súa reserva, antes do 1 de marzo.

5.      

As solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante un formulario normalizado. Este formulario estará dispoñible para as familias nos seguintes lugares:

a)     

Entregando no centro solicitado en primeiro lugar o Anexo II (modelo ED550B), que pode recoller gratuitamente no centro ou descargar dende a páxina web da Consellería.

b)     

Entregándoa a través da sede electrónica da Xunta de Galicia a través da aplicación web “admisionalumnado”: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

 

 

NORMATIVA REGULADORA

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 26 de decembro de 2012)

Ligazón (galego):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_gl.pdf

Enlace (castellano):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20121226/AnuncioG0164-171212-0001_es.pdf

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15 de marzo de 2013)

Ligazón (galego):

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orde_do_12_de_marzo_de_2013_de_desenvolvemento_admision.pdf

Enlace (castellano):

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/01/29/orden_de_12_de_marzo_de_2013_castelan.pdf

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.(DOG 1 de febreiro de 2017)

Ligazón (galego):

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf

Enlace (castellano):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170201/AnuncioG0164-260117-0001_es.pdf

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO E ÁREAS LIMÍTROFES

(PÓDENSE CONSULTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)

 

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS OFERTADOS POLO CENTRO

Comedor e Transporte Escolar

TRANSPORTE ESCOLAR

Regulado na seguinte normativa:

-      

Decreto 160/1988, do 9 de xuño, polo que se regula a prestación dos servicios de transporte escolar e de obreiros de competencia exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 27 de xuño de 1988)

-      

Orde do 15 de decembro de 1989 reguladora do transporte de escolares e obreiros de competencia. exclusiva da Xunta de Galicia. (DOG 9 de xaneiro de 1990). Corrección de erros (DOG 1 de marzo de 1990)

-      

Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar.

COMEDOR ESCOLAR

Regulado na seguinte normativa:

-      

Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación. (DOG 13 de agosto de 2013)

-      

Orde do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. (DOG 5 de marzo de 2007)

-      

Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar.

-      

Instrución anual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar.

 

 

 

RECURSOS ESPECÍFICOS OU ESPECIAIS

 

Departamento de Orientación, profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe;   Auxiliar de conversa.

Aulas específicas de : Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe, Música, Relixión, Informática,  Laboratorio de Idiomas

 

 

OFERTA DE PRAZAS

CURSO 2019 - 2020

CURSO

 Data nacemento

Reservas/Perman

VACANTES

 

 NEAE

4º DE INFANTIL

2016

0

22

3

5º DE INFANTIL

2015

17

8

 

6º DE INFANTIL

2014

25

0

 

1º DE PRIMARIA

2013

20

25

5

2º DE PRIMARIA

2012

38

12

 

3º DE PRIMARIA

2011

26

24

 

4º DE PRIMARIA

2010

33

17 

 

5º DE PRIMARIA

2009

34

16( 1 vacante menos, debido  á escolarización extraordinaria dunha alumna en 4º de E. Primaria)

 

6º DE PRIMARIA

2008

34

16

 

RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS :

RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS:

RELACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN, FORA DE PRAZO, QUE ESTÁN PENDENTES DA APROBACIÓN DE INSPECCIÓN

 

AdxuntoTamaño
4º infantil.pdf110.73 KB
6º infantil.pdf108.94 KB
1º.pdf108.93 KB
2º.pdf108.94 KB
3º.pdf109.06 KB
4º.pdf109.07 KB
5.pdf109.19 KB
6º.pdf108.93 KB
Listaxe definitiva de alumnado admitido.pdf320.75 KB
LISTAXE DE ALUMNADO.pdf170.12 KB