Skip to Content

Programación do curso 2017-2018

Considéranse actividades extraescolares e complementarias as encamiñadas a potenciar a apertura do Centro ao seu entorno e a procura dunha formación integral do alumnado. Coma obxectivos  teremos:

 

-         

Complementar o currículo das diferentes áreas.

-         

Incidir nos temas transversais, que xeralmente son menos tratados nos programas académicos.

-         

Fomentar actitudes culturais no alumnado e axudar ao seu desenvolvemento mediante actividades lúdicas e de ocio.

-         

Ensinar ao alumnado habilidades sociais que lle permitan actuar dentro e fóra da aula de forma axeitada.

-         

Facilitar a comunicación e entre todos os compoñentes da comunidade educativa  desenvolver actividades en común.

-         

Crear hábitos de participación.

 

As funcións deste equipo céntranse  na organización dalgunhas das celebracións do colexio (magosto, nadal, entroido, festival das letras, II xornada dobre rodas, III día da familia, fin de curso).           

 

Actividades:

 

1º Trimestre:

·     

MAGOSTO  ( 27 de outubro )

·     

FESTA DE NADAL (21 de decembro): Cada ciclo poderá organizar actividades propias para esas datas.  

                          

2º Trimestre:

·          

ENTROIDO (9  de febreiro)

 

3º Trimestre:

·          

Festival das Letras (18 de maio)

·          

II Xornada sobre rodas (19 de xuño)

·          

III Día da Familia (21 de xuño)

·          

Fin de curso

 

Ademais das saídas e as actividades das celebracións que se levan a cabo no Centro que tentan fomentar os valores da cultura tradicional e do mundo das Letras e a Literatura, e que están organizadas polos Equipos de Biblioteca, Normalización, Convivencia, Actividades Extraescolares (Magosto, Nadal, Entroido e Letras galegas), incluímos este ano as seguintes, organizadas pola Dirección do Centro, a ANPA,  o Concello e outros estamentos que serán coordinadas pola CCP.

 

Outras actividades:

- Teatro

- Saídas propias de cada curso

- Itinerarios polo Concello

- Carteiro Real

- Xornada de Convivencia

- Concertos didácticos



page | by Dr. Radut