Secretaría

REUNIÓN FAMILIAS 6º DE PRIMARIA

 

O vindeiro 6 de febreiro ás 16:30 na aula de sexto do noso colexio, haberá unha reunión informativa para os pais e nais, por parte do Equipo Directivo do IES de Valadares, cara ao curso 2018-19.

REUNIÓN FAMILIAS 6º DE PRIMARIA

 

O vindeiro 30 de xaneiro ás 16:30 na aula de sexto do noso colexio, haberá unha reunión informativa para os pais e nais, por parte do Equipo Directivo do IES de Beade, cara ao curso 2018-19.

FESTIVAL XOVES 21

 

Estimadas familias:     

                                                 

     Como vén sendo habitual no noso Colexio por estas datas, imos celebrar un FESTIVAL.

   Realizarémolo o xoves 21, e levará por título “MALASOMBRA”.

     Comprácenos invitalos a que participen nesta festa con nós, polo  que ás 12:00 podedes entrar no centro.   

 

                                 Un saúdo                                Feliz Aninovo

DIAS NON LECTIVOS

Lembramos que o 13 de outubro e o 18 de maio son non lectivos para o noso centro despois de ser aprobados polo Consello Escolar e posteriormente pola Xefatura Territorial. Tampouco haberá clase o 7 de decembro por ser declarado Día do Ensino pola Consellería de Educación.

REUNIÓN COAS FAMILIAS

Convocamos ás familias do alumnado a unha reunión, o vindeiro martes 3 de outubro, para falar de diversos aspectos organizativos, didácticos, educativos...

O horario será será o seguinte:               Educación Infantil: 16:00

                                                             Educación Primaria: 17:15

Ao inicio de cada unha das sesións, haberá unha breve xuntanza xeral, tanto para Infantil como Primaria, no salón de actos do noso centro. Despois as familias irán xa ás diferentes titorías acompañadas do profesorado correspondente.

                                                 

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Hoxe publicamos as listaxes definitivas de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso.

Ditos libros, para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria que lle corresponda, serán entregados en setembro nos primeiros días de clase, nas respectivas titorías.

 

Consultade os arquivos adxuntos para saber que libros corresponden a cada alumno ou alumna.

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE 1º E 2º

Xa está dispoñible, para quen lle corresponda, o vale para material escolar de 1º a 6º e o vale para os libros de 1º e 2º de Ed. Primaria.

Data de entrega: 5, 6, 7 e 10 de xullo de 9:30 a 14:00.

De non recollelo nestas datas pódese recoller en setembro.

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO DE ED. INFANTIL DE 3 ANOS PARA O CURSO 2017-18

O vindeiro mércores 28 de xuño ás 11.00 horas terá lugar na biblioteca do noso centro unha reunión informativa co alumnado de nova incorpación (4º de Educación Infantil) para o curso 2017-18.

 A matrícula poderá realizarse ese mesmo día.

Documentación necesaria:

- Cubrir un impreso de formalización de matrícula (anexo III-1) que se proporciona no centro.

- 4 fotografías co nome e apelidos escritos por detrás.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno ou nena.

- Fotocopia do boletín de vacinas.

- Fotocopia do libro de familia.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

         Saíu publicado no DOG do 22 de maio (Orde do 16 de maio) onde podedes atopar toda a información,  o fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/2018.

Documentos: SOLICITUDE. ANEXO I

                        NORMATIVA

         . A participación no fondo solidario de libros de texto é para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Para ser beneficiario hai a obriga de conservar e devolver os libros recibidos do fondo solidario ou das axudas para adquirir libros de texto do curso 16/17. A falta de devolución é motivo de exclusión.A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten.En todo caso recibirán: - 6 libros, renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €. - 4 libros, renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €.

        . A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto é para o alumnado de 1º e 2º. Para o alumnado con  renda per cápita igual ou inferior a 5400 euros corresponden 170 euros e con renda familiar superior a 5400 euros e igual ou inferior a 9000 corresponden 90 euros. Só pode ser utilizado para libros de texto que indique o centro.

        . A convocatoria de axudas para adquirir material escolar é para o alumnado dos diferentes cursos de primaria. Para solicitala, a renda per cápita debe ser igual ou inferior a 5400 euros. A axuda sería de 50 euros. Só pode ser utilizado para material escolar que se necesite.

        A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2015 entre o número de membros computables, tendo en conta que computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou a equivalente de clases pasivas.  A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Cando presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2015, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 380) e a base impoñible do aforro (recadro 395); cando non a presentase teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

        O prazo de solicitudes (anexo I) vai do 23 de maio ao 23 de xuño. Dita solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2017/18, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. A situación persoal, familiar e económica é a reflectida a 31 de decembro de 2015.

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE TERCEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

         Informamos que as probas para o alumnado de terceiro curso de Educación Primaria terán lugar os días 30 e 31 de maio.

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso  2016/17.

       Esta avaliación individualizada terá carácter censual e aplicarase a todo o alumnado que no curso 2016/17 estea realizando terceiro curso de educación primaria en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

      A avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria ten como finalidade comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

      Esta avaliación ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa.

 

Distribuir contido