Ed. Infantil
MÉRCORES 25 UN POUQUIÑO MÁIS
Que mellor maneira de comezar o día con alegría, que con música, e xa que tamén é necesario entrenar a capacidade escoitar, mellor se son cousas bonitas e agradables. De paso, serve esta canción como agradecemento a todas esas persoas que estes días, dende as súas casas, nos agasallan cos seus talentos.
E como proposta manipulativa aquí vos deixamos este experimento
Xa sabedes aquí seguimos agardando as vosas cousiñas.
MARTES 24 CREAR UN MONSTRO
Bos días pequerrech@s e familia,
Como ben di o título da proposta de hoxe, imos crear un monstro.A ver que monstros tan orixinais nos saen.Logo xa sabedes que nos podedes mandar todas as vosas creacións,estámolas agardando.
E un pouco de Ioga,para relaxarnos.
PROPOSTA PARA ESTE LUNS 23
Ola familias,aquí vos deixamos esta proposta,para que investiguedes na casa.
Xa sabedes que nos podedes mandar fotos (ou en calquera outro formato) do que fagades ao correo que vos indicamos na entrada anterior.
Por certo,non sei se vistes que o profe Toniño vos deixou unha actividade moi divertida na sección de música.
Proposta familias
Ola familias,
As mestras de infantil creamos unha conta de correo para estes días, e así non saturamos o correo de cole.
Mandádenos todo o que consideredes ou consultas ao seguinte correo:
infantilmestresgoldar@gmail.com
Pode no asunto o nome da mestra a que vos dirixides.
Moitas gracias.
Xuntos podemos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
