Ed. Infantil
SORPRESA
Familias ao final da xornada poremos unha pequena "sorpresa" como fin de trimestre.
Non deixedes de vela.
VENRES 3
Bos días pequech@s e familias!! Xa que chegamos ao final da semana e hoxe empezan as "vacacións",pero nós seguiremos por aquí,para axudarvos a que estes días sexan máis levadeiros,xuntos todo se leva mellor.
Hoxe temos un conto moi especial coa súa correspondente proposta.Lede primeiro a proposta que pon Conto El árbol e logo mirade o vídeo no enlace CONTO.
A seguinte proposta non ten que ver con nada curricular,ten que ver convosco e os vosos.En realidade é unha proposta para as vosas familias,para que compartan convosco.Por iso vos animamos familias a que a compartades non só c@s pequech@s senón co resto dos que estades na casa.
E xa sabedes,encántanos recibir as vosas cousiñas.
XOVES 2 DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Hoxe conmemórase o día internacional do libro infantil e xuvenil.
Por iso vos deixamos este enlace para que escoitedes este conto,que reflexiona sobre o importante que é ser un/unha mesm@.Como son os nos@s pequerrech@s,únicos e puros.Só que ás veces hai que acompañalos neses momentos de frustración.
Gracias familias.
XOVES 2 DE ABRIL
Bos díasss,como está indo a semana?Agardamos que ben.
As propostas de hoxe son para facer en familia e ao noso parecer moi divertidas,para ver como estamos a nivel de exercicio e de creatividade.A ver que tal vos saen.
E xa sabedes tedes propostas tamén nas especialidades.Toniño hoxe creo que vos pon a tocar e cantar,Emma a ver que tal tedes a puntería e Mary a cantar en inglés.Podedes mandarlle as vosas prácticas aos especialistas tamén ao noso correo.Failles moita ilusión,algúns xa sabemos que o facedes.
Mirade os adxuntos.
Bo día para tod@s.
MÉRCORES 1 DE ABRIL A BAILAR E PINTAR!
Bos días,como estamos hoxe? Sabedes que xa rematou o mes de Marzo e hoxe comeza o mes de Abril, e como estamos en primavera onde todo renace e crece,pois imos bailar e pintar.Pasádeo moi ben! E a ver que debuxos nos mandades de primavera.
MARTES 31 CON SORPRESA
Bos días nen@s e familias.Hoxe remata o mes de Marzo e temos unha sorpresa dun ratonciño que lle gustan moito os libros...sabedes quen é.Mirade o que vos deixou...
Lede antes a carta no enlace adxunto.
E hoxe tamén toca xogar coas vogais,veña a pasalo en grande.
Tedes o reto nos adxuntos.E logo estes enlaces.
LUNS 30 HOXE TOCA CANTAR E CONSTRUÍR
Bos díaaaas, comezamos unha nova semana.E hoxe toca cantar e construír.
A ver que tal se vos dá e que imaxinación tedes.
Logo xa sabedes,podedes mandarnos fotos,vídeos...do que fixestes.
Na canción decídelle a vosa familia que vos acompañe,así máis divertido.
*Non vos esquezades de mirar nas especialidades hoxe hai novas propostas.
E no adxunto tedes a proposta de hoxe.A ver que alta chega...
AS VOSAS COUSIÑAS
Ola familias,nestes enlaces tedes a recopilación que nos mandastes das vosas cousiñas.Moitas gracias polas vosas achegas.Seguímolas agardando.
VENRES 27 TOCA COCIÑAR!!
Bos días,como estamos hoxe,preparados para armar unha boa na cociña.Pois veña,mans a obra.
Logo contádenos que tal vos sairon esas receitas.
*@s mestr@s ,queremos agradecervos,enormemente familias, todo o que vos estades involucrando c@s vos@s pequerrech@s estes días, e directamente o traballo que estades facendo por nós. Sen vós isto non podería ser posible, unha vez máis MIL GRACIAS.
XUNTOS PODEMOS!!
XOVES 26 CUN POEMA
Bos díaaasss!! Hoxe temos unha pequena sorpresa para tod@s vós.Estamos no mes da poesía e xa comezou hai uns días a primavera.
Así que vos deixamos un pequeniño poema,que unha fada vos conta...escoitade,escoitade...E logo tedes a proposta.Divertídevos moito.
XOANIÑA POEMA
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »
