Ed. Infantil
LUNS 11 DE MAIO
Bos días, comezamos unha semana máis, que tal a fin de semana e eses paseos? Como estamos familias, con ánimo e enerxía? Pois para empezar o día aquí vos deixamos a nosa proposta, moi divertida por certo. A ver que tal o pasades vós.
AS VOSAS COUSIÑAS
Bos días, para gozar aínda máis do domingo, aquí vos deixamos un recopilatorio das vosas cousiñas que compartides connosco.Non deixedes de seguir facéndoo.
VENRES 8 DE MAIO
Bos días pequech@s, xa chegamos ao final de semana e a páxina do cole está chea de diferentes propostas, navegade por ela e atoparedes as propostas dos Maios e as das Letras Galegas (na Biblioteca e en Normalización).
E non nos esquezamos das nosas, hoxe temos un reto moi divertido e un experimento a cores...Pois comezamos...
RETO
XOVES 7 DE MAIO
Bos díasss, xa estamos a xoves.Como vos atopades, aínda tedes forzas e enerxía, verdade?Por certo, moitísimas gracias por todas as propostas que facedes e compartides connosco, sodes incribles.
Hoxe temos retos, e van de enerxía, a ver que descubrimos...
MÉRCORES 6 DE MAIO
Bos díaaaas! Para estirar o corpo e empezar ben o día temos unha proposta de Ioga e logo a utilizar esa imaxinación, que seguro, que coma sempre, nos sorprendedes coas vosas habilidades para crear un mandala.
Non deixedes de visitar á profe Emma, ao profe Toniño, á profe Mary e á profe Cris.
MARTES 5 DE MAIO
Bos díasss! Como estamos, xa almorzamos e collimos enerxía? Pois mans á obra, hoxe as nosas propostas van de bichiños...
LUNS 4 DE MAIO
Bos díasss! Como van eses paseos e con este tempo mellor.Pois como estamos no mes das flores, xa en maio, hoxe a proposta vai diso de flores...A ver como temos esa creatividade...
Hoxe aínda estamos de ponte,pero vos deixamos a proposta, sempre é unha idea a desenvolver.
Mañá xa volvemos tod@s, coas pilas cargadas.
VENRES 1 DE MAIO
Bos días familias,xa estamos en Maio o mes das flores...e aínda que estamos de ponte e podedes saír a pasear c@s pequech@s, queríamosvos acompañar neste día coas nosas propostas, para facelo máis levadeiro.
A cociñar: Tartaleta de froitas.
Crear: Flores
MIRADE
XOVES 30
Bos díass,xa estamos a xoves,pero seguimos con moita enerxía, a que si...Hoxe temos unha proposta sobre un conto...escoitade ben a ver como pode rematar...e logo a pintaaarr e montar...
Por certo,non deixedes de visitar ao resto de profes,Toniño, sabemos que ten algo especial para as mamás...a nós gustounos moito.
BOA PONTE FAMILIAS,VOLVEMOS O 5.
MÉRCORES 29
Bos díasss! Preparados e preparadas,hoxe necesitamos da vosa axuda,como sabedes queremos modificar o noso patio,xa elexistes os elemetos que máis vos gustaban,agora toca darlle o voso toque persoal.Como fariades vós o plano do noso novo patio? A ver con que nos sorprendedes.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »
