Ed. Infantil
LUNS 25 DE MAIO
Bos días pequech@s e familias! Empezamos a última semana do mes, xa non queda nada, pero imos seguir con enerxía e moito ánimo. Hoxe tócanos crear e pintar con figuras xeométricas. Estades preparad@s, pois comezamos...
VENRES 22 DE MAIO
Bos díasss! Xa estamos a venres, como estades, un pouco cansos, xa vai pesando todo un pouquiño máis, pero xa podemos saír e gozar fóra da casa.
Hoxe toca crear o voso proxector de sombras e logo montar as vosas historias, a ver que vos parece.
PASADE UNHA BOA FIN DE SEMANA!
XOVES 21 DE MAIO
Bos días, xa estamos chegando ao final da semana, pero aínda temos forza e enerxía, verdade? Hoxe toca experimentar e xogar coas cores. Estades preparad@s pois alá imos!
E aquí vos deixamos o resultado do noso experimento.Mandádenos os vosos.
Non deixedes de visitar á profe Emma, ao profe Toniño, á Mary e á profe Cris.
MÉRCORES 20 DE MAIO
Bos días, hoxe temos un amiguiño connosco, que seguro algún ou algunha de vós coñece. Gústanlle moito os dentes, queredes saber que proposta nos trae, pois adiante.
E agora escoitade o conto...
MARTES 19 DE MAIO
Bos días pequechos e pequechas, como estamos familias? Con este tempo e podendo saír todo parece que vai mellor. Hoxe toca volver a coller a lupa e descubrir formas ao noso redor.
LUNS 18 DE MAIO
Bos díass! Empezamos unha nova semana, logo da fin de semana, colleríamos enerxías e forza para a proposta de hoxe.Tócanos investigar, así que lupa en man que alá imos...
Nos vos esquezades de visitar á profe Emma, a Toniño, a Mary e á profe Cris.
VENRES 15 DE MAIO
Bos días, hoxe, para rematar a semana toca xogar coa sombra, estades preparad@s? Pois, alá imos!!
XOVES 14 DE MAIO
Bos días, hoxe temos dúas propostas, toca experimentar e pintar.Así que empezamos, mans á obra.
MÉRCORES 13 DE MAIO
Bos días, entrépid@s aventureir@s, xa estamos preparad@s para comezar a aventura de hoxe? Hoxe toca buscar na despensa...a ver que atopamos.
Nos vos esquezades de visitar á profe Emma, a Toniño, a Mary e a profe Cris.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »
