Ed. Infantil
LUNS 8 DE XUÑO
Bos días, hoxe temos unha proposta moi divertida, facer un circuíto de coches. E tamén temos unha sorpresa, que ten que ver coa proposta do venres. Contádenos que vos pareceu a sorpresa, a nós encantounos.
E nos vos esquezades que hoxe empeza a semana da música, xa está colgada na páxina principal e na sección de música a xornada de hoxe. Moitísimas gracias pola vosa participación.
SORPRESA
VENRES DE 5 DE XUÑO
Bos días, xa estamos a venres, unha semana máis que acaba. E nós hoxe ímola rematar cunha investigación, si, si... Algo está a pasar no patio de infantil e temos que descubrir que é. Quen se anima a facer de detective? Pois a coller lapis e caderno de notas, e a ver que descubrimos...
A INVESTIGAR | ![]() |
XOVES 4 DE XUÑO!
Bos días, como estades, xa cansos ou aínda tedes algo de enerxía? Para a proposta de hoxe só necesitamos moita imaxinación e diversión. Vai de disfrazarse, mirade, mirade...
MÉRCORES 3 DE XUÑO
Bos días, xa estamos list@s para empezar. Hoxe temos unha proposta de atención e concentración, a ver que tal vos vaia, que sabemos que tedes moi boa memoria visual.
MARTES 2 DE XUÑO
Bos días, como nos erguimos hoxe, con forzas e enerxía? Pois a empezar o día, e nós propómosvos unha actividade de moita concentración e creatividade, que nos vai vir moi ben para a psicomotricidade fina. Adiante...
A TECER | ![]() |
1 DE XUÑO
Bos días! Empezamos un novo mes, xuño, e en nada xa está aquí o verán. E imos a utilizar o sol, aínda que hoxe, non sabemos se sairá a saudarnos un pouquiño, para realizar a nosa proposta. Así que a prepararse para comezar.
VENRES 29 DE MAIO
Bos días! Como esta semana fixo moita calor, traémosvos unha proposta para refrescarvos. A ver que tal, xa nos contaredes.
TESOUROS DE XEO | ![]() |
Non vos esquezades de visitar á profe Emma, ao profe Toniño, á profe Mary e á profe Cris.
E animádevos a participar na "Semana da Música".
BOA FIN DE SEMANA!
XOVES 28 DE MAIO
Bos díasss! Que tal durmistes, deixouvos a calor? Pois agora a almorzar e a empezar o día. Unha pregunta; vós sabedes coser? Porque a proposta de hoxe vai de coser, seguro que mamá e papá saben, preguntádelle. Empezamos...
A COSER | ![]() |
MÉRCORES 27 DE MAIO
Bos días! Xa estamos preparad@s para comezar un novo día?, a ver que sorpresas nos depara. Para a proposta de hoxe necesitades pinzas da roupa, así que correndo, correndo a por elas...que comezamos.
MARTES 26 DE MAIO
Bos días! Pero que bo tempo vai, hai que aproveitalo para pasear, xogar fóra, ir de camiñata... e se vos sobra un pouquiño, aquí vos deixamos as nosas propostas para hoxe. Tedes que facer unhas manualidades serpentís moi interesantes. Adiante...
Non vos esquezades de visitar; á profe Emma, ao profe Toniño, á profe Mary e á profe Cris.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »
