1º Curso de Primaria
BO MÉRCORES. AQUI SEGUIMOS
Bo día estimadas familias de 1º e sobre todo unha gran aperta a todos os meus alumnos e alumnas:
Que tal vos vai todo? agardando que ben e sobre todo para os peques.
Non vos envio máis traballo só recordarvos que podedes facer collages con xornais vellos, revistas...Na aula fixemos un traballiño de recortes de alimentos que o poden facer de repaso,mesmo algún menú ( lles serve de guía o libro ).
Non vos esquezades de facer exercicio, xogos de movemento ( estes días temos que reinventar os fogares ) e tamén podedes facer instrumentos de música con material de refugallo ( eu dispoño dalgunha páxina ).
Non vos esquezades de entrar no blogue O curruncho do primeiro ciclo e xa sabedes calqueira cousa utilizade o correo.
Saúdos e apertas, MªJosé
BOS DÍAS AQUÍ ESTAMOS 1º
Bos días estimadas familias de 1º:
Agardo que todos e todas esteades ben e organizando con tranquilidade estes días na casa. Se esto se prolonga e é necesario descargaría material complementario ao xa enviado o venres neste espacio.
Neste momento dispoñedes de moitas páxinas web gratuitas con actividades e xogos adaptados aos nen@s que seguro que estades compartindo.
Unha gran aperta para todos e todas. Xuntos na casa ( os que podedes, claro está )
Lembrade que contades co meu correo da xunta para calqueira dúbida.
Vémonos pronto, MªJosé
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
